Coida a túa imaxe dixital!

imagen digital.jpg

Ata fai poucos anos, a imaxe dixital (fotografía e vídeo) era un recurso moi costoso e, dende logo, non se podía difundir tan facilmente como agora. Hoxe en día, facer fotos e subilas á rede dende o móvil forma parte do día a día de moitos adolescentes e, cada vez máis, de nenos e nenas. A conectividade móvil, a redución de costes de conexión, a incorporación da webcam, entre outros, dispararon a presencia de imaxes personais na rede e nos móviles.

Seguindo o estudo de INTECO y Orange  (2010),  o 8,1% de menores españoles recibe fotos ou videos de chicos/as do seu entorno en posturas provocativas ou inapropiadas e o  4% recoñece que se fixo fotografías ou videos a eles/as mesmos/as.

Desta maneira, abrése un novo reto educativo: educar para a privacidade, para o manexo da imaxe e os datos personais, o uso cuidadoso da cámara web e sobre as consecuencias do sexting.

Así pois, queríavos ensinar e explicar o  recurso educativo online CuidaTuImagenOnLine.com, o cal pretende sensibilizar de maneira lúdica aos menores entre  11 e 15 anos sobre aspectos relacionados coa privacidade e o uso seguro de Internet. Está promovido por un conxunto de institucións e organizacións de distintos países iberoamericanos, contando co apoio da OEI (Organización de Estados Iberoamericanos) e a RIATE (Red Iberoamericana de TIC e Educación).

Para coñecer realmente este recurso participei no xogo Privial, o trivial da privacidade. O obxectivo é conseguir  diplomas contestando correctamente ás preguntas e chegar a casilla central. Anímate decíndoche que se acertas a última pregunta te convirtes nunha persoa experta solucionando as situacións de risco. Fanche preguntas sobre diferentes temáticas:  uso dos datos personais, manexo da imaxen, sexting, uso da webcam e redes sociais. Contén aproximadamente 75 preguntas con cinco divertidas animacións. Tamén, no apartado de  aventuras animadas hai multitude de videos moi interesantes que axudan a concienciarte sobre estas problemáticas.

cuidatuaimaxe.png

Invíntovos a que lle boteis un ollazo, e incluso que xogueis, para ver que hai preguntas que che fan reflexionar e non son tan fáciles como pensaba, nun primeiro momento. Paréceme moi importante coñecer este tipo de ferramentas polo que si sabeis dalgunha máis espero o voso comentario! E senon a crealas! Tamén, quero destacar, que creando esta entrada tomei contacto con dúas páxinas que non tiña coñecemenento delas: PantallasAmigas e INCIBE Instituto Nacional de Ciberseguridad. Pronto investigarei sobre elas!

Referencias bibliográficas:

INTECO y Orange. (2010). Estudio sobre seguridad y privacidad en el uso de los servicios móviles por los menores españoles. Recuperado de: http://www.pantallasamigas.net/pdf/estudio_sobre_seguridad_y_privacidad_en_el_uso_de_los_servicios_moviles_por_los_menores_espanoles.pdf

Foto extraída de: http://www.cuidatuimagenonline.com/

http://www.cuidatuimagenonline.com/redessociales/

Foto extraida de: https://www.pinterest.com/pin/99149629271986346/

http://www.pantallasamigas.net/

Comentarios

  • Kimberly Navas

    Hola Alba! Acabo de jugar al Privial y la verdad es que alguna de las preguntas si que me hicieron dudar, al igual que reflexionar.
    Este tipo de recursos me resultan de lo más interesantes y necesarios para la sociedad de hoy, en concreto para los jóvenes y niños de hoy en día. Creo que es una buena manera de que se conozcan los peligros de la red, de que nada es lo que parece.

    Además, los vídeos animados son una manera muy ilustrativa de como podemos ser engañados o manipulados.

    Un saludo!