QUEN NON INNOVA, DESAPARECE

Ola amig@s de Stellae! Hoxe traio unha publicación moi interesante e que se encontra en consonancia con diversos temas traballados e comentados na clase: un estudo sobre a evolución e a repercusión das redes sociais.

A noticia pon de manifesto como as redes sociais son as páxinas máis visitadas no mundo, o tempo que empregan no seu uso, a idade máis representativa dos usuarios así como a tendencia ao seu aumento nos últimos anos.

Tamén é interesante cando se fala das etapas do xurdimento das redes sociais. Neste faise distinción de 3 etapas esenciais e un cuarto modelo que seguramente estea por vir.

O primeiro modelo é o 1.0 rede social dirixida. Nela prodúcese unha comunicación unidireccional (Twitter, Fanpages en facebook...).

O segundo modelo 2.0, rede social non dirixida, fai referencia ás redes nas cales se produce unha comunicación bidireccional como Facebook.

No modelo 3.0, Community Management + Feedback, o manager das institucións é o encargado de manter, incrementar e defender as relacións. O usuario, neste caso, sería un “prosumidor” do modelo 2.0 existindo feedback coa organización e incluso chegando a modificar as actuacións da propia institución grazas ás aportacións do público.

O modelo 4.0, ou futuro modelo “Brainstorming ciudadano”, propón que os cidadáns deben incorporarse no propio proceso, é dicir, a función “prosumidora” do cidadán comezaría moito antes de que a organización tome algunha decisión.

En que modelo vos situades vos? Considerades que estamos máis cerca do denominado “modelo 4.0” ou que sinxelamente as diversas organizacións e páxinas van continuar estando no modelo 3.0?

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:

Riera López, M. (2013). OCEX y Redes Sociales: ¿Necesidad o reto?. Auditoría Pública 60, 97 – 103. Recuperado de http://www.auditoriapublica.com/hemeroteca/Pag%2097-103-n60.pdf

 

Comentarios

  • Ledicia Veloso

    Hola Araceli! 

    Respondiendo a tu pregunta, y apreciando la forma agigantada en que los medios tecnológicos avanzan, considero que la sociedad avanza conjuntamente. Es por ello que dudo que nos quedemos en el modelo 3.0, sino que llegaremos al modelo 4.0 y a saber que más nos espera! 

    Con el paso del tiempo, y cada vez en mayor aumento formamos parte del proceso, y dejamos de ser únicamente consumidores de información para ser productores. Como vimos en una de las clases expositivas, somos cada vez más conscientes de nuestro papel en la sociedad y de lo que podemos aportar en ella! Sin ir más lejos, un claro ejemplo de ello son nuestras aportaciones en la Galipedia!

  • ...

    Ola Ledicia, en primeiro lugar grazas pola túa aportación!

    En parte penso igual ca ti, cada vez as persoas como usuarios imos ter a oportunidade de poder participar como produtores (exemplo ben claro o aportado por ti de Galipedia). Se isto é así, é moi importante que como produtores sexamos responsables dos nosos argumentos aportados xa que moita xente vai poder acceder a eles e a realizar actuacións en base a estes últimos. Por ilo, é tamén necesario que as persoas esteamos ben formadas e saibamos claramente a que páxinas é recomendable acudir a buscar información ou axuda xa que, de non ser así, estaremos documentándonos contraproducentemente.