Productora con Galipedia

Bos días compañeiros!

En relación coa miña entrada anterior, onde aportaba información sobre as wikis, debo dicir como resumo que a Galipedia é unha enciclopedia en galego, libre e gratuíta onde todos podemos colaborar, é dicir, aportar coñecemento. Deixovos a continuación a miña pequena aportación á páxina de Galipedia, en concreto á ligazón das competencias básicas xa que, ao igual que as miñas compañeiras de traballo (Lara Rodríguez, Carlota Rodríguez e Sofía Veiga) nos foi encomendada a tarefa de mellorar esta entrada. Penso que un dos motivos polos que as responsables da materia nos programaron esta actividade é a relativa escaseza de entradas ou de información que se atopa na Galipedia con respecto ás páxinas doutros idiomas, polo que esta é unha maneira sinxela de colaborar e compartir coñecemento.

Persoalmente, esta é a miña primeira experiencia neste tipo de actividades xa que nunca antes me propuxera colaborar nunha enciclopedia ou noutra páxina de internet. Polo tanto, aínda que non fose unha tarefa complexa, para min supuxome un reto. Sen embargo, a pesar da inseguridade e os medos que tiña nun primeiro momento, pareceume moi interesante colaborar en difundir coñecemento. Tras esta expeciencia que me axudou a eliminar os meus medos, de seguro que hei de colaborar noutras ocasións, co obxectivo de mellorar a Galipedia.

O grupo de traballo acordou facer aportacións individuais, e, tras unha detida lectura da páxina de competencias básicas, decateime de que había moitas irregularidades e faltas de ortografía, así como lagoas no conxunto da información que se daba, polo que correxín pequenos erros gramaticais ao longo de todos os apartados. Ademáis, intentei mellorar con mais profundidade os apartados da introdución e da orixe das competencias básicas. Debo dicir que a maior dificultade que tiven foi a de encontrar información fiable e válida, polo que me decantei por usar vaios libros en formato electrónico encontrados en Google Académico.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Competencias_b%C3%A1sicas

Galipedia

Comentarios

  • Ángela

    Hola Raquel! Fai uns días eu tamén fixen unha entrada acerca da actividade que realizamos coa Galipedia. Síntome identificada contigo, xa que ao igual ca ti tamén é a miña primeira participación nesta iniciativa. Temos que seguir aportando coñecementos na Galipedia, xa que desta maneira estamos dando a coñecer a nosa cultura, de forma divertida e axudando a mellorar unha páxina a que seguro que recorriches en moitas ocasións.

    Un saudo.