Como a Narrativa Audiovisual Influíu na Industria Literaria

Ola a todos e a todas!

A semana pasada (12 de abril) na clase expositiva estivemos tratando a temática da narrativa audiovisual. Este tema é moi significativo xa que a tecnoloxía do audiovisual está presente en case todos os ámbitos da nosa vida cotiá onde nos bombardean con imaxes e sons a todas horas e en calquera lugar. Gustaríame profundizar neste concepto.

Entón, que é a narrativa audiovisual?

A narrativa audiovisual consiste en que as imaxes, en conxunto cos sons e ca música poidan contarnos unha historia ou transmitirnos unha mensaxe. Ambos elementos (imaxe e sonido) son cruciais en relación ao que se quere contar e de como se vai a  contar; xa que aportan significados e sensacións diferentes na narración. Una película, unha serie ou un video musical poderían ser exemplos da narrativa audiovisual.

Dous dos elementos máis importantes da narrativa audiovisual son:

  • A continuidade. A continuidade é o fío que conduce a narración dandolle a esta coherencia e secuenciación ao discurso. Pese a que se realicen cambios, a narración debe presentarse coma un todo. “Un diseño audiovisual debe ser percibido como un todo, mayor que la suma de sus componentes. Cada signo adquiere valor por su relación con los demás, o sea, en función del sistema al que pertenece.” (Ráfols, 2003.) 
  • O tempo. O tempo é un elemento esencial na estrutura audiovisual. Aínda que no ámbito cinematográfico ou televisivo existan diálogos, guións etc a narrativa debe responder a unha estrutura temporal. Se nos centramos en vídeos musicais; por exemplo, o tempo non vai marcado soamente polo que vemos en pantalla senon tamén polo ritmo, os intervalos e os tempos musicais.

A narrativa audiovisual como tal, conta cun longo desenvolvemento na historia. A semente desta remótase ao cine mudo no século XIX, xa que é aquí cando se comeza a contar historias mediante a reproducción dunha secuencia de imaxes nunha pantalla. Máis tarde o son foi engadido á imaxe; e do cine pasouse á televisión e desta aos vídeos; empregando deste xeito cada vez medios máis diversos e de mellor calidade.

Convertéronse deste modo as pantallas nun medio de consumo masivo encamiñado a satisfacer as demandas das audiencias e interesándose polos gustos e as preferencias das mesmas. Por outra banda ao contar con máis medios existen máis posibilidades e recursos para plasmar unha idea nunha pantalla.

A narrativa audiovisual serviunos tamén para poder ver en imaxes certas obras literarias. No século pasado dende unha perspectiva menos comercial, as obras adaptadas ao cine eran tratadas de forma máis minuciosa e detallada para expresar a máxima esencia da obra na gran pantalla. Unha proba disto podería ser Lo que el Viento se LLevó.

Pero nestes últimos anos non só se fan adaptacións posteriores de libros, senon que algúns son escritos con este fin. Dentro das novelas actuais categorizadas como best-sellers como xa dixen anteriormente existen narrativas escritas e concebidas para ser levadas á gran pantalla. Unha destas novelas podería ser El Código Da Vinci de Dan Brown.  Nesta obra existen máis de cen capítulos de dúas ou tres follas cada un, o cal se asemella a un guión de película dividido por escenas. A novela de Dan Brown foi levada ao cine no ano 2007 cuxo papel de protagonista desempeñou o actor Tom Hanks.

Outro exemplo deste fenómeno podería ser a escritora inglesa Joanne Rowling, famosa pola saga Harry Potter. Nesta escritora pódense percibir cambios sustancias entre as súas obras  antes de ser levadas ao cine (cun estilo literario máis traballado) e as que escribiu posteriormente (cun estilo máis visual).

Finalmente, Stephen King, o autor de El Resplandor é o escritor que máis novelas foron adaptadas a películas ou series televisivas polo que él mismo admite que o seu estilo estivo en gran parte condicionado por isto.

Aínda así non todos os escritores opinan do mesmo modo, cabe destacar que existen escritores que se opoñen fortemente a que as súas obras sexan levadas á gran pantalla. Carlos Ruiz Zafón, escritor español exito en ventas no ano 2001 pola súa obra La Sombra del Viento e no ano 2007 por El Juego del Ángel;  negouse ante a posibilidade de adaptar a súa obra á gran pantalla pese a varias tentativas de productores cinematográficos.

Finalmente outro famoso escritor ao cal non lle entusiasmaba a idea de transformar obras literarias en filmes era Gabriel García Márquez. Pese que a súa obra El Amor en los Tiempos del Cólera foi levada ao cine manifestou en numerosas  ocasións que as grandes obras deberían de ser "lidas" e non "filmadas". O tempo daríalle a razón a Márquez xa que o filme recibiu criticas moi negativas.

Pareceume moi interesante relacionar a narrativa audiovisual tratada na expositiva ca temática literaria e de como pode chegar a influir. E vós que opinades das adaptacións cinematográficas de obras literarias?

____________________________________________________________________________________________

Fuentes bibliográficas: