Educación Tecnolóxica en España

Esta semana no portal que trata sobre tecnoloxía denominado “Xataka” apareceu unha noticia que chamou a miña atención, a cal  ten que ver ca temática desta materia;  nela poñíase de manifesto que á Educación Tecnolóxica en España aínda é deficitaria, dita conclusión amparase nun estudo realizado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYYT).

Deste estudo desprendese que a Sociedade Española aínda ten un gran descoñecemento das ciencias da computación. Na mostra analizada en dito estudo, mostrase que o 82% dos pais e nais descoñecían ou trabucábanse con outros termos, anque isto tamén lles sucedía ao 76% dos alumnos entre idades comprendidas entre os 12 e 16 anos.

Unha das causas que pode ser esclarecedora deste fenómeno é que o emprego de dispositivos dixitais para programa é moi escasa, posto que tan só o 5% dos alumnos dispoñían destes en cursos de primaria, mentres que en secundaría prodúcese un ascenso dun  11% pasando a establecerse nun 16%.

Outro dos factores que ten repercusión nesta disciplina é que moitos pais non consideran esta disciplina como fundamental nin imprescindible; a concepción que teñan os pais da tecnoloxía ten un gran impacto, posto que como reflicte o estudo ó 63% dos alumnos/as de Educación Secundaria que estudan Ciencias da Computación son influenciados directamente polos seus pais.

Desta investigación tamén se desprende que existe unha clara desigualdade en canto o xénero; xa que existe unha clara diferencia entre homes e mulleres, decantándose de forma clara hacia ó lado masculino posto que mostran un maior interese; pola súa parte as nenas están máis orientadas ás linguas e matemáticas. Polo tanto, pódese ver que os estereotipos do pasado aínda seguen estando presentes, xa que os nenos hoxe en día seguen monopolizando os estudos de ciencias, tecnoloxía e matemáticas.

Isto tamén pode ser un factor cultural, posto que a influencia que teñan os pais tamén resulta determinante na diferencia entre xéneros, posto que as nenas que estudan Ciencias da Computación en maior porcentaxe cos nenos (65% e 61%) fano porque os seus proxenitores os apoian. Polo contrario, as nenas que non estudan Ciencias da Computación non o fan porque reciben menos apoio dos pais que os nenos (12,9% fronte o 23,9% para nenos). Ademais, as nenas solen percibir que os seus pais consideran que son mellores para estudar temas relacionados cas Linguas e Ciencias Sociais, representando un 37% no caso das nenas e un 15% no caso dos nenos.

A raíz desta deficitaria educación tecnolóxica en España propuxéronse algunhas medidas en base aos erros cometidos no pasado, como foron a de introducir ordenadores é esquecerse deles como se dun moble se tratase; este mesmo portal Xataka ten un vídeo no que se visualizan algunhas destas medidas, podedes acceder a el pinchando aquí, ou tamén podedes acceder abaixo deste post.

Entre as medidas que se elaboraron para tratar de mellorar esta situación da educación tecnolóxica en España  están as de realizar unha inmersión destas Ciencias da Computación nos programas educativos, para de tal xeito abrir espazos e mecanismos nos que os profesionais deste ámbito puideran formar tanto a estudantes coma aos propios docentes.

Tamén se reclama un maior apoio á administración, para reforzar e ampliar programas educativos orientados á ensinanza da informática a todo tipo de estudantes.

A modo de conclusión, pódese dicir que realmente é sorprendente os resultados que rebela este estudo, xa que mostra que gran parte da poboación descoñece este ámbito das ciencias da computación, digo que é sorprendente sobre todo porque aqueles que estamos considerados como nativos dixitais, que suele pensarse que xa posuímos coñecementos de todo o que ten que ver cas novas tecnoloxías, pero como reflexa o estudo isto non é así. Polo tanto emerxe a demanda dunha formación dedicada a esta temática, e ademáis diso debese loitar por eliminar de unha vez por todas calquera estereotipo que exista na sociedade hacia este ámbito en particular, e hacia calquera outro en xeral.

 

Pastor, J.(2016.). La educación tecnológica en España es aún precaria y este estudio de la FECYT lo demuestra. Xataka. Recuperado de: http://www.xataka.com/otros/la-educacion-tecnologica-en-espana-es-aun-precaria-y-este-estudio-de-la-fecyt-lo-demuestra

Fecha de consulta: 22/04/16

Comentarios

  • Alberto Villaverde

    Hola Rubén! Considero que este post es muy necesario. Debemos pararnos a reflexionar sobre la posición que tiene la tecnología en la sociedad y hasta qué punto conocemos y desconocemos de ella. No a todo el mundo le interesa en el mismo grado pero una formación básica para todos nosotros como constructo social es determinante en la sociedad actual. Educar en la tecnología. 

    Un saludo y nos vemos en el chiringuito!!