Editando na Galipedia

Boas noites stellaers, unha das tarefas encomendadas en interactivas pasadas foi a edición en Galipedia (a versión galega da Wikipedia) sobre un artigo, en grupos de catro persoas. A nós tocounos o tema das redes sociais. Antes de nada, gustaríame comezar explicando o que é un wiki, para continuar despois co proceso en si de edición na Galipedia.

Wiki en termos tecnolóxicos, según Falla (s.f.), “ é un software para a creación de contido de forma colaborativa”. É dicir, son páxinas web que permiten a todos os usuarios aportar e modificar información de forma rápida e sinxela, de modo que cada usuario pode aportar coñecemento facendo a páxina web máis rica e completa. Un gran exemplo de isto é a famosa Wikipedia, na cal calquer persoa pode aportar e modificar información sobre calquer tema.

A nós encomendóusenos editar un artigo da Galipedia, “As redes socias”; para o cal primeiramente se nos mandou crear unha conta de usuario (o meu nome de usuaria é Amoroda), aínda que se pode editar de todas formas sen ter unha; quedando rexistrada a túa edición das dúas formas.

Despois disto, revisamos o artigo comprobando que faltaba unha gran cantidade de información sobre o tema, concluíndo que non nos sería complicado enriquecer o artigo; aínda que antes de que puidesemos facelo outro grupo se nos adiantou, polo que nos resultou máis complexa a edición. Decidimos dividir o tema en catro subtemas encargándonos cada unha das membros de buscar información e editar un subtema. A min tocoume “ As redes sociais no ámbito educativo”.  Busquei información sobre isto e dispúxenme a facer a miña aportación na Galipedia, intentando que a información aportada fose de interese para o artigo e os posibles usuarios que o consultasen.

A modo de conclusión dicir, que o que máis me chama atención é que calquera persoa poida modificar e aportar información, o que na miña opinión é unha das cousas que fai  que este tipo de páxinas non sexan consideradas demasiado fiables. Xa que calquera pode aportar o que sexa, sen ter ningún tipo de coñecemento sobre o tema ou sen documentarse previamente sobre el.  Aínda que tamén é unha gran ferramenta para construír coñecemento, xa que a partir da pequena aportación de moitas persoas se pode chegar a conseguir un artigo verdadeiramente rico en contidos.

Ademais engadir, a modo de experiencia persoal, que a forma de citación  que hai na páxina me resultou un tanto complexa, inclusive, máis que complexa confusa; non estando segura que opción escoller, polo que coido que algunha das referencias non están correctas.

 

 

Referencias bibliográficas:

Falla, S. (s.f.). ¿Qué es un Wki? Recuperado de: http://www.sld.cu/galerias/pdf/sitios/bmn/que_es_un_wiki.pdf