Reflexionando sobre a Identidade Dixital e o Sexting

Ola Stellares! Como vai todo?

Como xa saberedes este martes 19 de abril, na clase expositiva falamos sobre a Identidade dixital.

Como poderíamos definir Identidade Dixital?

A identidade dixital según o Instituto Nacional de Tecnoloxías da educación (Inteco, 2012) "pode ser definida como o conxunto da información sobre un individuo ou unha organización exposta en internet (datos persoais, imaxes, rexistros, noticias, comentarios, etc.) que conforman unha descripción de dita persona no plano dixital".

Pero esta identidade non se limita ao entorno dixital xa que pode influir en moitos ámbitos da nosa vida "real". Un exemplo disto podería ser o mercado laboral, no cal moitas empresas antes de aceptar a un futuro empleado/a dedícanse a investigar os seus perfís en rede para formarse unha idea acerca desta persoa.

Ao existir unha identidade dixital esto inmediatamente fai que exista tamén unha "reputación online". A reputación online é aquela opinión ou consideración que se ten dos nosos actos no entorno dixital. A diferencia da reputación no "entorno real"; esta non é lineal senon acumulativa. É dicir, en internet a reputación non vai en función da historia ou do momento que esté vivindo unha persoa xa que internet non esquence, senon que acumula as pegadas de todo o que facemos en rede.  Como ben sabemos cada acción, opinión ou arquivo unha vez que circula na rede xa non é noso, e como se diría nunha escena policíaca: "todo o que digamos e fagamos pode ser empregado na nosa contra". Pero isto non é ningún misterio para os xóvenes do noso país, según datos de microsoft do 2012, o 38% dos menores comprendidos entre idades de 8 a 17 anos españoles están preocupados pola súa reputación online, o que nos pode indicar que quizais non se está a facer un consumo demasiado responsable das súas identidades dixitais.

Á hora de xestionar as nosas identidades dixitais existen numerosos riscos como poden ser o Cyberbullyng, Sexting, violación da privacidade, tecnoadición etc. Pese a isto non podemos negarnos a posuir unha identidade dixital polos riscos, senon previlos e loitar contra eles. E no caso de non querer figurar no universo dixital é moi probable que de forma involuntaria e sen ser conscientes o noso nome apareza na rede.

Pero volvendo sobre os riscos quería centrarme no Sexting, o sexismo e as campañas do mesmo.

O sexting en termos xerais poderíamos entendelo como a publicación ou divulgación de fotografías ou vídeos de connotación sexual creados por un usuario, o cal decide compartilo de forma privada mediante un dispositivo móvil ou outro tipo de medio. O principal risco reside en que estas fotografías ou vídeos sexan divulgados sen consentimento do autor ou autora.

Onde se atopa pois, o erro das campañas?

Quería reflexionar sobre isto. En numerosas ocasións podemos ver como se lanzan campañas para a concienciación deste tema. Na maioría destas camapañas preséntannos a unha muller, OLLO UNHA MULLER, á cal un home lle pide unha foto provocativa. Tras isto ela envía a foto e despois preséntannos como esa muller acaba de auto-arruinarse pola súa propia culpa, para explicarnos despois que está moi pero que moi mal enviar fotos deste tipo a alguén.

  • En primeiro lugar o erro destas campañas reside en culpabilizar a víctima. Obvio que esta persoa podía haber evitado enviar a foto pero ese non é o delito, o delito é divulgala sen consentimento da víctima. A culpa non debe recaer sobre a persoa que se fai unha foto provocativa e decide enviala, a culpa é da persoa que decide compartila sen ser consciente o autor/a. Con capampañas das características que temos visualizado só crearemos sentimentos de vergonza e culpa nas víctimas que sufriron unha violación da súa privacidade.
  • En segundo lugar sempre é unha muller a víctima. Indirectamente estas campañas van dirixidas ao público feminino e non ao masculino. Cantos anuncios de prevención do sexting, preséntase a un home como víctima? en poucos ou en ningún. A caso non hai homes que realizan fotos ou vídeos provocativos e deciden envialos? Por que non se nos mostran? Por que só se nos di as mulleres que fotos debemos facer e enviar e cales non? Todas as campañas nos venden o esteriotipo dunha muller "irresponsable" que é persuadida facilmente para facerse unha foto provocativa, a cal envía a un home e posteriormente éste divulgaa.
  • En terceiro lugar. As campañas de prevención de riscos en rede son moi importantes pero están mal enfocadas. Débese educar e ensinar facendo fincapé máis en NON DIVULGAR IMAXES SEN CONSENTIMENTO que en non envialas. Na pasada clase só se nos avisou de que non enviasemos este tipo de imaxes polos riscos que poderíamos correr, pero non se nos dixo que o que está realmente mal é enviar fotos ou vídeos sen que o autor ou autora esté ao tanto. Debemos educar para que a rede sexa un lugar seguro e a xente tome conciencia da ética que se debe posuir con respecto a outras persoas
  • Entón, está mal avisar e previr do envío de fotos de connotacion sexual? Non, non esta mal. Debemos informar dos riscos que pode haber cando envíamos unha foto ou vídeo destas características. O erro está cando criminalizamos ao que fai a foto e non ao que a comparte ou cando nos referimos só a un sector da poboación (neste caso feminino) e non a ambos sexos. Debemos previr, previr en igualdade pero clarificando quen é a víctima e quen o verdugo, educando e fomentando o respeto pola privacidade.

________________________________________________________________________________________

Fontes bibliográficas:

 

 

 

Comentarios

  • Vanesa Mesias

    Hola Rocío! Este problema de que siempre se utilice la figura de la mujer y de culpabilizar a la víctima es muy real, y no pasa únicamente en campañas contra el sexting sino contra la mayoría de las que tratan algún riesgo de Internet. Me parece muy preocupante y como bien dices debemos informar de los riesgos pero me parece tanto o más importante formar a la sociedad en el respeto. Si es cierto que algunas campañas están empezando a trabajar más con el tema de la empatía y me parece que lo están enfocando bien.