Ladran, Sancho, señal que cabalgamos.

Con esta frase mal atribuída a obra mestra de Miguel de Cervantes, gustaríame afirmar que se nota que levamos enriba media materia, que parece que os contidos casan e a aprendizaxe prospera. Neste senso, persoalmente comezo a fiar temas aos que cada vez lles atopo máis conexión e día a día medran en significado.

Hoxe, pretendo falar das redes sociais analóxicas e dixitais, do pouco introducidas que se atopan as virtuais nas escolas e do paso provocado da pedagoxía da enunciación á da participación. Todo isto, dende unha perspectiva analítica en canto a cambios e consecuencias culturais e educativas acontecidas nos últimos tempos, en relación á construción do coñecemento. Un interese que xa reflectira no meu perfil tan pronto accedín ao Stellae.

Antes de comezarmos, gustaríame compartir con vos o fragmento dun manifesto que atopei na rede Contra el rebaño digital: un manifiesto de Jaron Lanier, do cal vos mostro o seu prefacio a modo de introdución da miña entrada, e que de seguro vos axuda tamén coas vosas sobre identidade dixital:

 

“Estamos a principios del siglo XXI, lo que significa que estas palabras serán leídas sobre todo por no personas: autómatas o muchedumbres aturdidas que ya no actúan como individuos. Las palabras serán picadas, atomizadas y convertidas en palabras clave de motores de búsqueda dentro de conglomerados industriales de computación en nube ubicados alrededor del mundo en lugares remotos, generalmente secretos. Las palabras serán copiadas millones de veces por algoritmos diseñados para enviar un anuncio a alguien, en algún lugar, que se identifique por casualidad con algo de lo que digo. Esas palabras serán escaneadas, remezcladas y tergiversadas por multitudes de lectores rápidos y perezosos en sitios wiki y en cadenas de mensajes inalámbricos agregados automáticamente. Las reacciones a mis palabras degenerarán una y otra vez en cadenas absurdas de insultos anónimos y polémicas inconexas. Los algoritmos hallarán correlaciones entre aquellos que leen mis palabras y sus compras, sus aventuras románticas, sus deudas y, dentro de poco, sus genes. A la larga, estas palabras contribuirán a las fortunas de aquellos pocos que han sido capaces de situarse como señores de las nubes informáticas. El amplio abanico de destinos de estas palabras se desplegará casi por completo en el mundo sin vida de la información pura. Solo en una pequeña minoría de los casos estas palabras serán leídas por ojos humanos de verdad. Y sin embargo eres tú, la persona, una rareza entre mis lectores, a quien espero llegar. Las palabras de este libro están escritas para personas, no para ordenadores. Hay algo que quiero decir: tienes que ser realmente alguien antes de poder compartir lo que eres” (Lanier, 2011: 3).

 

Como vedes, unha imaxe desoladora do mundo no que vivimos, onde nos advirte da complexidade das Redes Sociais e da identidade dixital. Pero, son de agora as Redes Sociais? Aínda que nos parezan modernas, as redes sociais, sempre formaron parte da vida das persoas. Ademais, non só formaron parte senón que nos axudaron a medrar coma sociedade contribuíndo ao desenvolvemento comunal.

Entón, se sempre tivemos Redes Sociais por que nos preocupan a día de hoxe? Preocúpannos porque non son do mesmo tipo. Para entendelo debemos fixar un momento clave que mudou as Redes Sociais tal e como as entendíamos. Estou a falar do xurdimento da internet e da web 2.0 como punto de partida das Redes Sociais dixitais e a súa posterior evolución, as comunidades virtuais. Deste xeito, situámonos nun mundo onde existen dous tipos de redes sociais (analóxicas e dixitais) en converxencia. Desta dicotomía naceu a posibilidade de manter a comunicación entre persoas de maneira sincrónica e asincrónica independentemente do espazo e tempo no que se atopasen (Camarero-Cano, 2015). Como para non preocuparnos…

Froito disto, falamos de comunicación dixital, de cibercultura e de cultura da participación. Un cambio tan inmenso coma diminuta foi a adaptación da escola aos mesmos. Desgraciadamente, na balanza da Institución educativa segue a pesar máis a tradición que a adaptación aos cambios evidentes. Amais, se a isto lle sumamos uns nenos e nenas nativos dixitais fronte a uns pais que sofren a fenda dixital case tanto coma a fenda emocional que provoca, entre outras cousas, a nefasta conciliación existente neste país. Temos un combinado de problemas relacionados coas Redes Sociais e co tipo de comunidades que forman (comunidades tradicionais e virtuais) que nos levan directamente a pensar dúas cousas.

Por un lado, que as novas Redes Sociais son nefastas e só teñen compoñente lúdico con resultado de dependencia do usuario ao aparato.

Por outro lado, que como consecuencia do punto anterior, nesta converxencia entre Redes Sociais analóxicas e dixitais, as segundas (causantes das comunidades virtuais) están acurralando ás primeiras (comunidades tradicionais). Hai quen sostén que as analóxicas xa non son quen de impoñerse ás dixitais, e vagan feridas mantendo unicamente constantes vitais.

Estamos entón, ante un novo contexto educativo que debemos aproveitar. Non me gustaría pensar en afrontalo. Afrontar significa poñerse ante un problema. Isto é un reto.

É un reto porque nos pon a proba. Non coma especialistas en educación, senón coma sociedade. Esta responsabilidade non pode recaer só nos profesionais da educación, aínda que sexan indispensables. Debemos asumir que a integración entre ambas está provocando turbulencias que ameazan con poñer en perigo a estabilidade social.

Debemos ser conscientes tamén de que esta converxencia deu lugar a un amplo abano de posibilidades á comunicación humana que mudou modelos económicos, produtivos, sociais e supuxo a aparición de novas industrias, novos perfiles profesionais e entretementos ata o de agora descoñecidos. Multiplicáronse as posibilidades comunicativas que modificaron patróns de comportamento e xeitos de consumir a información. Polo tanto, o valor da dixitalización non reside só na reorganización de produtos e contidos, senón nas formas de traballo e na propia estrutura empresarial (Martín, 2010). Ademais do que afirma o autor, atrévome a dicir que ao igual que mudou a estrutura empresarial, debería haber mudado a educativa.

Parece non ter sentido (salvo excepcións ideolóxicas) a non transformación do sistema educativo da man da transformación social.Cantos colexios prohiben aínda a utilización das novas tecnoloxías por parte dos alumnos? Cantos outros só usan a tecnoloxía como soporte da educación tradicional? Cal é a formación continua dos mestres e mestras en TICs?

Por outro lado, a comunidade virtual está marxinada fora do colexio, non se ten en conta, non se traballan as ferramentas e as competencias para un desenvolvemento pleno e san na mesma. A transversalidade das competencias que se traballan no currículo para o desenvolvemento dos alumnos e alumnas nas comunidades tradicionais non teñen a súa réplica nas virtuais. Iso é todo un reto que temos por diante, de non atendelo deixaremos que a fonte de problemas non deixe de emanar. A converxencia é evidente. Aos nenos e nenas non podemos atrapalos máis na Pedagoxía da enunciación. Non podemos pretender utilizar un só medio, xa sexa libro ou clase maxistral, debemos aproveitar o mellor de cada un, camiñar cara o formulación transmedia. Negámonos a que na clase só exista un enunciador todopoderoso chamado “profe”. O alumno non é un consumidor, hoxe máis que nunca son coprodutores de contido. Demóstrannolo en Twitter, en Instagram, nos seus blogs… e en calquera práctica cultural ou de lecer. Non lles chega con ler e ver, queren e necesitan participar diso e producir niso e con iso. A cultura do espectador morreu, entramos de cheo na cultura da participación a través dos cambios anteriormente descritos e nela o coñecemento non ven transferido dunha única persoa (profesor neste caso) a construción do coñecemento é colectiva (Pedagoxía da Participación). O docente non debe ser un transmisor de coñecemento, debe ser un guía, un axitador comunicacional que saque o maior rendemento de cada un dos seus alumnos en función das súas propias características, ao mesmo tempo que, de cada aparello soporte ou ferramenta consiga o maior aproveitamento, xa que desta maneira contribuirá a intelixencia colectiva e ao desenvolvemento persoal dos rapaces e rapazas. Entendemos por intelixencia colectiva, unha intelixencia repartida en todas partes, valorizada constantemente, coordinada en tempo real, que conduza a unha mobilización efectiva das competencias. Debemos, por outra parte, traballar non só a súa identidade persoal no mundo real, senón tamén no virtual. A importancia da identidade dixital neste proceso é innegable.

Parece entón, que existen unha serie de conceptos que naceron a partires dos cambios. Pola contra, outras ideas apareceron ou adaptáronse ao mundo da educación para adaptarse aos cambios e mesmo sacarlles proveito. Hoxe máis que nunca, botar áncora e esperar non semella ser boa decisión.

 

Déixovos un esquema realizado por min co fin de sintetizar e esquematizar o proceso descrito, a ver que vos parece:

 

BIBLIOGRAFÍA:

CAMARERO-CANO, L. (2015): Comunidades tecnosociales. Evolución de la comunicación analógica hacia la interacción analógico-digital. En: http://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/44257/1/ReMedCom_06_01_11.pdf

LANIER, J. (2011): Contra el rebaño digital: Un manifiesto. Debate. En: http://bit.ly/1VVv3KG

MARTÍN, J. A. J. (2010): La era digital: nuevos medios, nuevos usuarios y nuevos profesionales.Razón y palabra, (71), 42. En: http://www.razonypalabra.org.mx/N/N71/VARIA/29%20JODAR_REVISADO.pdf

Comentarios

  • ...

    Boas Jesús, en primeiro lugar noraboa pola entrada, é realmente espectacular a gran cantidade de contidos e temas transcendentais que acabas de mencionar así como a orixinalidade do título.

    A pesar de que dis que as redes sociais sempre formaron parte das nosas vidas pero de diferente xeito (punto de inflexión o xurdimento da internet 2.0), persoalmente considero que o cambio radical é que actualmente internet ten a capacidade de chegar a todas as persoas, é dicir, a meirande parte da poboación, sexa cal sexa a súa posición/clase social, ten acceso a esta ferramenta.

    Particularmente, considero que o problema non é das tecnoloxías en si se non do cambio que o seu uso produce no día a día dos suxeitos, explícome: ante unha innovación que supoña a modificación do proceder dos individuos, a tendencia das persoas é a de repudiar este cambio xa que isto igual supón ter que realizar un esforzo en formarte ou investigar, é dicir, o problema é o medo aos cambios e o sacrificio que isto supón.

    En relación ao tema educativo, considero que xa o deixastes ti bastante claro, é incrible que a día de hoxe aínda se siga dubidando si se debe traballar ou non coas tecnoloxías nos centros educativos. Quizabes suceda algo do que ti comentas e, así como existe unha fenda dixital moi grande entre pais nais e fillos/as (o que trae consigo unha fenda emocional) esta brecha tamén se extrapola aos centros de formación.

    Esperemos que as posteriores xeracións (ou as actuais mediante cursos continuos de formación) se actualicen e comecen a ter conciencia do mundo no que vivimos e das grandes posibilidades que pode traer o bo uso das tecnoloxías.

    Un saúdo e novamente felicidades pola túa entrada!

  • Jesús López

    Moi boas Araceli e moitas grazas pola túa aportación!

    Respecto ao primeiro punto no que comentas o das Redes Sociais considero que tes razón, que o punto de inflexión é moi grande, xeráronse unha cantidade de conexións/comunicacións no planeta inimaxinable cando noutra época as RRSS eran tan só as nosas familias, a escola ou a comunidade. Teñen unha base común ao meu parecer pero o cambio é estratosférico. Hoxe na interactiva ensináronnos de novo os mapas de conexións, déixoche aquí un deles, ver onde proliferan as conexións tamén nos axuda a ver que ás veces a accesibilidade global non é tanta como cremos dende a burbulla na que vivimos emerxidos no Primeiro Mundo:

    Respecto ao segundo punto, no que falas do medo e o traballoso que é o cambio volvo a concordar contigo. Existen máis factores que condicionan isto supoño, ben sexan mensaxes contradictorios ou alarmistas dos medios de comunicación por unha parte e incluso falta de formación e información pola outra. Así que, coma futuros pedagogos penso que nos debemos preparar, pois en orientación, asesoramento e procesos de cambio educativo temos moito que dicir!

    Finalmente, alégrome de compartirmos a opinión do lugar no que se atopan as TICs na escola e o que deberían ocupar ;-)

    Moitas grazas polo teu comentario, todo suma neste proceso de aprendizaxe!