O vídeo na aula: utilización didáctica

O video é un instrumento que facilita a construcción dun coñecemento significativo, debido a que se aprobeita o potencial comunicativo das imaxes, dos sons, e das palabras para trasmitir unha serie de experiencias que estimulen os sentidos e os distintos estilos de aprendizaxe nos alumnos/as. Desta maneira permite concebir unha imaxe máis real dun concepto.

Seguindo a Ruiz Mateo (2009) propón diferentes funcións do video didáctico: suscitar o interese sobre un tema; introducir un tema; desenvolver un tema; confrontar ou contrastar ideas ou enfoques e recapitular ou cerrar un tema.

Pero o video, na maioría dos casos, é mal empregado polos educadores e, probablemente se deba a unha falta de formación audiovisual. Moitos profesionais incorporan o vídeo de maneira improvisada, sen un plan previamente establecido. Así pois require dunha planeación na que se defina en qué momento se presentará, con qué función, qué propósito do programa cubre, cómo explicar a súa importancia aos alumnos/as, qué actividades se realizarán antes, durante e despois, cómo se distribuirá o tempo da clase…

Tamén é interesante o uso de materiais non didácticos procedentes de diversos programas televisivos, de programas culturales, curtometraxes, etc sempre e cando se faga un uso adecuado dos mesmos. Isto implica desenvolver competencias en canto seleccionar/descartar os fragmentos pertinentes, modificar o ritmo, alterar o orde, modificar o diálogo adaptando ao nivel de comprensión dos alumnos/as...Como vedes precísase dunha mínima formación técnica, estética e de diseño por parte do profesorado. Agora pregúntovos…Realmente téñena?

Cabe destacar, a importancia de que os videos seleccionados ou creados non sean sexistas. Considero que é moi importante educar libremente de sexismo. Desta forma reivindico que se lles ensine aos alumnos/as en cómo se contan as historias e o alonxado que está o cine da realidade. En relación con isto, o test de Bechdel, invento de Alice Bechdel, trata de evaluar a brecha de xénero en pelis, series, cómics, etc. Para que un vídeo supere este test o guión ten que cumplir  uns requisitos mínimos:

  • Ten que haber dous personaxes femininos.
  • Deben falar entre elas nalgún momento do guión.
  • A conversación non debe versar sobre un home- nin novio, nin pai, nin marido, etc.

Así pois, todo educador debería comprobar con esta ferramenta, se os vídeos que incorpora na ensinanza son ou non sexistas.

Pensando no alumnado, unha actividade creativa é un taller de vídeo, poñendo a tecnoloxía en mans dos alumnos/as para que se expresen da maneira máis creativa posible, para que rompan moldes, evitando reproducir os discursos tópicos dos medios de masas audiovisuais. Desta forma aprenderán a interpretar as mensaxes e a crealas, do mesmo modo que, na área da linguaxe, mellorarán a un tempo a escrita elaborando guións.

Nosoutros estamos tendo esta oportunidade. A ver que producións nos saen!

Referencias bibliográficas:

Ruiz Mateo, A. (2009). La utilización educativa del vídeo en educación primaria, Revista digital Innovación y experiencias educativas, nº14.

Ferrés, J. (1992). Vídeo y educación. Barcelona: Paidós.

Cuaderno de valores: blog Educo. Recueperado de: http://blog.educo.org/trucos-para-saber-si-una-serie-infantil-es-sexista/ (24/04/2016)

Test de Bechdel. Recuperado de: https://es.wikipedia.org/wiki/Test_de_Bechdel