Identidade Dixital e Dereito ó esquecemento

Na clase expositiva da  semana pasada tocouse o tema da identidade dixital e a reputación dixital, na cal se tratou de valorar se era positivo ou negativo posuír identidade dixital.

Por unha banda, as persoas que non están presentes nas redes sociais e polo tanto , carecían de identidade dixital poderían correr o risco de que esta identidade puidera crearse por terceiras persoas, xa sexa de forma voluntaria ou de xeito indirecto ou involuntario, polos seus amigos ou compañeiros posto que ía aparecer en fotografías ou en informacións con eles.

En cambio as persoas que teñen identidade dixital non correrían ese risco anque sempre existen perigos, os individuos deben elaborar coidadosamente esta identidade dixital posto que esta podería repercutir na súa vida diaria de diversas formas, xa sexa á hora de atopar emprego, de establecer relación con diferentes persoas etc. Posto que todo o que existe na rede é público, os motores de búsqueda poden atoparnos facilmente tecleando soamente o noso nome na barra de búsqueda, polo tanto debemos ser moi coidadosos con tódalas accións que realizamos na rede, xa sexan comentarios ou subir fotografías etc.

Xa que este tema da identidade e reputación dixital xa o tratei noutro post que fixen semanas atrás titulado “Identidade e Reputación Dixital”; neste caso voume centrar no dereito ao esquecemento que tamén foi un dos temas que se tratou na sesión expositiva.

O aumento da preocupación dos cidadáns con toda a información que existía sobre a súa persoa na rede, fixo que este tema do dereito ó esquecemento tomara protagonismo nos últimos anos. Posto que os motores de búsqueda xa sexa Google, Yahoo, Bing etc. Permiten a localización inmediata de calquera dato dispoñible en Internet, xa sexa da actualidade ou do pasado. Isto pon en perigo o dereito ao esquecemento dos titulares dos datos, o que exixe unha resposta xurídica que impida o perpetuo mantemento dos datos na rede.

O dereito o esquecemento pode verse dende dúas perspectivas, por un lado ó dereito a esquecer, e por outro a ser esquecido. E dicir, o primeiro ten que ver como un dereito de caducidade de información persoal, polo transcurso do tempo ou por haber abandonado en cumprir coa súa finalidade; é o segundo, como un dereito a esquecer a información que poida aparecer negativa para á persoa, como se se tratase dun novo comezo.

A Axencia Española de protección de datos (AEPD) xa manifestou no ano 2009, que as demandas de cancelación de datos e a oposición ó tratamento dos mesmos polos buscadores de Internet teñen un gran crecemento por parte dos cidadáns, que mostran o seu interese en que non aparezan informacións persoais no rastreo que realizan estes motores de búsqueda pola rede, a partires dos datos que identifican a unha determinada persoa.

Algúns destes datos que podemos atopar na rede, poden estar relacionados con informacións da vida privada dos individuos, e poden ter que ver con informacións sensibles para os seus intereses como poden ser; publicación de sancións administrativas xa cumpridas; publicación por edictos de débedas vencidas; sancións disciplinarias a funcionarios de prisións que afectan á súa seguridade; publicacións de datos dunha muller e dos seus fillos menores, vítimas de violencia doméstica que facilitarían a súa localización para o cónxuxe; publicacións de páxinas web que explícita a educación de boletíns oficiais de axudas de exclusión social e desemprego; publicación de indultos etc., ditas informacións que atopamos aínda que sexan lonxanas poden chegar a prexudicar aos suxeitos na súa vida cotiá.

O dereito ao esquecemento está estreitamente relacionado co dereito a protección de datos, na Constitución Española xa se fai referencia á regulación dos limites da informática e a liberdade de expresión e información, estas liberdades van a ser fundamentales para poder exercer o dereito ao esquecemento.

No ano 2014 en España, levouse a cabo unha sentenza no que se recoñece o dereito de tódolos cidadáns a exixir aos buscadores de internet que borren tódolos enlaces de información propia que xa non sexa pertinente, anque si sexa pública e certa. Ante a solicitude dun cidadán, o motor de búsqueda deber investigar si esta é fundada analizado por unha parte ao dereito á información e por outra o dereito á privacidade.

Anque na actualidade existe pouca concreción no dereito recoñecido polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) os rastreadores de internet están atopando grandes dificultades para cumprires ca sentenza, xa non só peor ter que estudar de xeito individual cada solicitude, senón porque estas implican cuestións de carácter técnico, legal e ético que están levando a tomar decisións sen saber se son de todo axeitadas.

A proposta do Regulamento xeral de protección de datos recoñece expresamente o dereito ao esquecemento, que será un mecanismo de resistencia ante a nova sociedade na que xa nada se esquece debido ó gran crecemento das TIC.

Anque este dereito debería ser fundamental, aínda se atopa con dificultades a hora de poñelo en práctica, xa que este dereito entra en conflito con outros dereitos, liberdades e intereses lexítimos; o que fai que este dereito a ser esquecido aínda sexa un tema controvertido na actualidade.

 

Fuensanta, Guach, V. (2015). El derecho al olvido en Internet. Revista de Derecho UNED. (16).PP: 989-1005. Recuperado de: http://revistas.uned.es/index.php/RDUNED/article/view/15257/13362

Fecha de consulta: 24/04/16

Terwangne, C.(2012). Privacidad en Internet y el derecho a ser olvidado/derecho al olvido. Revista de Internet, Derecho y Politica. (13). Pp: 53-64. Recuperado de: http://idp.uoc.edu/index.php/idp/article/view/n13-terwangne_esp/n13-terwangne_esp

Fecha de Consulta: 25/04/16

Zárate, Rojas, s. (2013). La problemática entre el derecho al olvido y la liberdad de prensa. Nueva Época. (13). Pp: 1-9. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4330379

Fecha de Consulta: 25/04/16