Compartindo información- Galipedia

En resposta á actividade proposta nunha das sesións interactivas, xunto ás miñas compañeiras Sandra, Sara e Noelia, realizamos unha actualización do termo "Curación de Contidos" que podemos encontrar na Galipedia.

Concretamente, a temática sobre a que traballei foi a figura concreta do "Curador de contidos". Xa existía unha descrición bastante extensa sobre o que ó termo se refire, polo que decidín centrar a miña búsqueda no tocante ás características que debe reunir un curador de contidos e ós beneficios que a súa figura e actividade profesional supoñen.

Esta experiencia permitiume coñecer un pouco mellor a forma de traballar da Galipedia e tamén da Wikipedia,polo que máis alá do aprendido no tema da curación de contidos, tamén adquirín certas ferramentas novas para a difusión do coñecemento.