• Blogs
  • María
  • Por que é importante a tecnoloxía na escola?

Por que é importante a tecnoloxía na escola?

Esta é unha das preguntas que nos facemos moitas veces e para a cal ás veces non atopamos resposta, quizá, polo ambigua que pode chegar a ser. Por isto, gustaríame achegarvos as 4 razóns que, segundo Francesc Pedró (2011), son as que nos dan a resposta a esta pregunta:

  • Demandas económicas: este apartado demanda unha alta capacidade tecnolóxica con vistas ao futuro, de maneira que nos da a entender que é fundamental para o día de mañá dentro do mundo laboral e tamén á hora de introducirnos nel. Economicamente falando, esta importancia daríanos nun futuro unha maior produtividade, así como maiores aforros (papel, tinta, etc.).
  • Necesidades sociais: este apartado fai fincapé, en gran medida, ao que eu tratei anteriormente en varias das miñas entradas, ás persoas con NEE. Grazas á tecnoloxía estas persoas poden acceder a unha educación igualitaria sendo así unha ferramenta que fomenta a igualdade de oportunidade xa sexa por sexo, por distribución xeográfica, etc.
  • Cambios culturais: ao convivir a cultura ca cultura dixital no día a día, fai que teñamos que adaptarnos a todo tipo de cambios tecnoloxicamente falando, é dicir, a eliminar si fai falta certos soportes ou ferramentas por outros máis adaptados á actualidade.
  • Expectativas pedagóxicas: neste apartado fálase dunha transformación educativa mediante a tecnoloxía e, moitos países xa o están facendo.

Unha combinación destas 4 razóns, dannos a resposta ao por que da importancia da tecnoloxía nas escolas.

Relacionando isto co tratado hoxe na clase expositiva (políticas educativas), considero que para un emprego adecuado das tecnoloxías na aula e un mellor rendemento habería que empezar pola formación do profesorado para que, posteriormente, estes sexan os adecuados para a formación neste ámbito dos alumnos.

Por experiencia propia, sei de primeira man, que hai profesores que non saben empregar adecuadamente e co perfecto manexo que deberían algo tan sinxelo como o “Word”, ferramenta imprescindible en todos os ámbitos. Si que é certo que isto non pasa cos profesores formados hoxe en día pero non porque reciban unha formación que os instrúa para iso, se non porque nos adaptamos aos cambios culturais e a necesidade do emprego de algunha ferramentas fai que aprendamos a manexalos.

Debemos fomentar o emprego de ferramentas na aula e intentar que se apliquen novas políticas educativas en canto á tecnoloxía para que permita unha mellor formación tanto docente como discente. A introdución de novas materias que mostren a importancia da tecnoloxía, que ensinen a empregar todo tipo de ferramentas así como o seu posterior manexo, etc, sería unha das claves que darían comezo a un cambio educativo cheo de facilidades, produtividade, aprendizaxe, etc.

Éramos ou somos conscientes da importancia que ten a tecnoloxía na formación docente? Ata o de agora non me decatara da súa gran importancia e non me parara a pensar no cambio que esto supoñería si todos aqueles profesores fixeran uso de tódalas ferramentas dispoñibles para a ensinanza para o que, como mencionei anteriormente, necesitaría dunha política educativa que os formase adecuadamente no ámbito. Isto levaría consigo un gran avance a nivel educativo, o que supoñería co tempo un gran avance tamén laboral, social, mundial, etc, e axudaría á inclusión pola que loita a sociedade dende hai moito tempo para aquelas persoas con NEE. 

 

Bibliografía:

Pedró, F. (2011). “¿Por qué es importante la tecnología en la escuela?”, Tecnología y escuela: lo que funciona y por qué. (pp. 9-15). Recuperado de: http://www.fundacionsantillana.com/upload/ficheros/noticias/201111/documento_bsico.pdf

Comentarios

  • Azahara Gonzalez Lopez

    ¡Hola María!

    Estoy completamente de acuedo contigo acerca de la formación del profesorado en cuanto a la tecnología, pues es imprescindible que hoy en día todo el mundo sepa un mínimo en cuanto a la utilización de herramientas básicas, como tu pones de ejemplo el "word". 

    Para que los alumnos puedan recibir una buena formación tecnológica se hace necesario que los docentes estén lo mejor preparados posible para impartirles los conocimientos necesarios a sus alumnos. 

    La tecnología evoluciona a pasos agigantados, por lo que considero que los docentes deben asumir esa evolución y adaptarse a los nuevos cambios, tecnológicamente hablando en este caso.

    ¡Muy buena entrada!

  • Vanesa

    Hola María! Está claro que la formación docente en relación a las TIC es totalmente necesaria, como comentas sobretodo la formación continua para aquellos maestros que se encuentran perdidos sobre estos temas y necesitan adaptarse. Pero debemos tener en cuenta que hay opositores a introducir las tecnologías en las aulas y por ello tu entrada me ha parecido muy interesante ya que, das argumentos en favor de la introducción de las tecnologías en las escuelas. Si no somos capaces de hacer ver a los demás las ventajas y las posibilidades que ofrecen no conseguiremos que quieran aprender.