• Blogs
  • Ruben-Lopez
  • Inmersión da Tecnoloxía na Educación e medidas para favorecela

Inmersión da Tecnoloxía na Educación e medidas para favorecela

Durante a clase expositiva desta semana puidemos ver que dende as décadas dos anos 80-90, leváronse a cabo diferentes experiencias para a introdución das novas tecnoloxías no Sistema educativo, existen diversos programas de integración das tecnoloxías na educación, os cales dependendo na comunidade onde se desenvolveran ían denominarse dunha forma ou doutra.

Tanto o Ministerio de Educación como as Comunidades Autónomas trataron de impulsar proxectos para a dotación de equipos e programas, de formación do profesorado, de seguimento e avaliación.

As razóns polas que se tratou de integrar as novas tecnoloxías nas prácticas educativas dos centros foron varias: adecuación do sistema escolar as características da sociedade e da información, preparación de nenos e xóvenes ante as novas formas culturais dixitais, incremento e mellora do procesos de ensinanza, innovación dos métodos e materiais didácticos etc.

A chegada das novas tecnoloxías aos centros educativos, na maioría dos países occidentais tivo lugar nos primeiros anos da década dos anos oitenta. Fenómeno similar ao que se produciu nos sectores estratéxicos da sociedade, (empresas, banca, administración, sanidade etc.) o sistema educativo abordou a tarefa de introducir as novas tecnoloxías nas aulas. Diso xa pasaron trinta anos e a pesares dos avances, as tecnoloxías dixitais aínda distan moito de ser un recurso que mellore considerablemente o aprendizaxe, ou que enriquezan o proceso educativo de xeito significativo.

Hoxe en día, si que se empregan en maior medida dispositivos tecnolóxicos nas aulas, por exemplo; en case toda elas existe un proxector de diapositivas que realiza a función de encerado e que pode favorecer o ritmo da clase pero non mellora significativamente o proceso de aprendizaxe.

Na obra “Teachers and Machines” (Cuban,1986) mostrase que a inmersión da tecnoloxía nos procesos educativos seguía un modelo que se repetía; este patrón consistía en que o novo medio creaba grandes expectativas xa que se consideraba que contribuiría a innovación nos procesos de ensinanza-aprendizaxe, logo aplicábase ás escolas, e cando se normalizaba a súa utilización, descubrise que o seu impacto non foi tan exitoso como se esperaba achacándose a causas diversas: falta de medios suficientes, burocracia administrativa, insuficiente preparación do profesorado etc.

Considero que o lastre xa non é o mesmo que antigamente, xa que tempo atrás a maioría das aulas non posuían equipamentos tecnolóxicos, e polo tanto xa non había a posibilidade de empregar as novas tecnoloxías na aula; pero na actualidade creo que habería que focalizarse e preocuparse máis pola formación dos docentes en materia de tecnoloxía, para que puideran aproveitar tódalas oportunidades que lles ofrecen estes dispositivos, para así poder sacarlle todo o seu partido e tratar de lograr un aprendizaxe significativo.

Anque como se comentou en clase, é vital que se desenvolvan políticas educativas que inclúan a integración da tecnoloxía na educación, por exemplo na LOMCE practicamente non se trata. Polo tanto, para que esta inmersión se faga efectiva, debe haber consenso nas políticas institucionais que apoien o emprego da tecnoloxía na ensinanza, posto que senón voluntade política isto quedará en mans de algúns docentes e centros que estean interesados, pero non a un plantexamento xeneralizado en todo o sistema educativo.

Polo tanto, debe existir unha serie de factores que inflúen considerablemente no éxito ou fracaso dos programas e proxectos destinados a incorporar e integrar escolarmente as novas tecnoloxías, os que poden resumirse nos seguintes:

  • Existencia dun plan institucional que impulse e avalíe a innovación educativa empregando as novas tecnoloxías
  • A dotación de infraestruturas e recursos informáticos mínimos nos centros e aulas
  • A formación do profesorado e a predisposición favorable cara as novas tecnoloxías
  • A dispoñibilidade de variados e abundantes materias didácticos ou curriculares de natureza dixital
  • A configuración de equipos externos de apoio ó profesorado e aos centros educativos destinados a coordinar proxectos e facilitar solucións aos proxectos prácticos.

Area, Moreira, M.(2002). La Integración Escolar de las nuevas tecnologías, entre deseo y la realidad. Organización y Gestión Educativa.(6).pp:14-18. Recuperado de: http://manarea.webs.ull.es/articulos/art08_integracion.pdf

Fecha de consulta: 28/04/16

Fernández, Prieto, M.S.(2001). Las nuevas tecnologías en la educación. Madrid: Universidad Autónoma de Madrid. Recuperado de: https://www.uam.es/personal_pdi/stmaria/msfernan/libro.pdf

Fecha de consulta: 28/04/16