Programación na escola: aprender a programar

Boas noites compañeiros/as:

Estaba lendo as vosas entradas e aportando a miña opinión naquelas que me sinto identificada, co tema que tratan, e me parecen relevantes Deste modo, chamoume a atención o título da entrada de Cristina Ramos: Logo, haciendo gráficas tortuga e lembrei que na clase expositiva quedara coa intriga de saber que era “Logo” e a “tortuga”. Coa súa entrada quedoume moi claro en que consiste e invítovos a que a leais. Como ben explicou ela trátase dunha linguaxe de programación ….pero gustaríame ir máis alá:

Qué significa programar? É importante aprender a programar? Qué beneficios trae consigo?

Segundo a Real Academia Galega, podemos definir programar como elaborar programas para a resolución de problemas mediante ordenadores. Desta maneira prodúcese unha interación entre home-máquina na cal  o programador escribe unha mensaxe, o código fonte, que o ordenador recibe, entende e executa logo dunha serie de traducións.

En relación, quérovos presentar o proxecto Programamos creado por unha asociación, sin ánimo de lucro, a cal pretende promover o desenvolvemento do pensamento computacional desde idades temperás a través da programación de videoxogos e aplicacions para móviles en todas as etapas escolares, desde educación infantil ata formación profesional. Na súa páxina web tratan nun artigo as  evidencias científicas dos beneficios de aprender a programar desde infantil, e  quero profundizar sobre este tema, cal me sinto interesada.

Nos anos 80 co lazamento da linguaxe de programación Logo, moitas escolas, principalmente en Estados Unidos, comezaron a introducir a programación no seu curriculum. Desta forma diferente grupos de investigación estudiaron qué outras cousas aprendían os rapaces durante eses cursos, e o artigo Effects of Logo and CAI environments on cognition and creativity, explicaba en 1986, que os nenos que usaron Logo en educación infantil demostraron maior capacidade de atención, máis autonomía e mostraban un maior placer polo descubrimento de novos conceptos. Outros estudos, referenciados no artigo de Programamos, demostraron que aprender a programar ten un impacto positivo na creatividade e resposta emocional de nenos con dificultades de aprendizaxe, así como no desenvolvemento de habilidades cognitivas e socio-emocionais. Tamén que o alumnado que aprende a programar en idades temperás ten menos esteriotipos de xénero en relación ás carreiras de  STEM- Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas- e menos reticencias para continuar os seus estudos nestas disciplinas.

Si son tantos os efectos positivos, por qué non está integrada a programación no curriculum?

Afortunadamente, hai docentes que defenden a importancia de aprender a programar e nesta páxina hai diseñados materiais e recursos educativos agrupados por niveis educativos, coa finalidade de "potenciar el pensamiento computacional y la creatividad del alumnado, estimular los valores de la cultura y el conocimiento libre, desarrollar los fundamentos del movimiento maker y trabajar todas y cada una de las competencias de nuestro sistema educativo a través del uso de estas nuevas tecnologías.”

O meu obxectivo con esta entrada é dar a coñecer esta plataforma para que serva de punto de apoio e coñecemento para desenvolver o pensamento computacional a través da programación. As novas tecnoloxías ofrecen moitas posibilidades a nivel educativo, das cales moitas están infravaloradas ou quizáis descoñecidas, e que permiten convertir a aprendizaxe nunha actividade máis social, colaborativa e en rede.

Non credes que debería haber unha materia sobre programación no curriculum? Ou polo menos optativa?

Como unha das oportunidades que me ofrece esta Rede social, Stellae, é dar a coñecer recursos, ben proxectos elaborados persoalmente, ou que están en Internet, neste caso móstrovos unha paxina na cal podedes atopar 10 ferramentas para que os nenos/as aprendan a programar. 

Referencias bibliográficas:

Investigación: Evidencias científicas de los beneficios de aprender a programar desde infantil. Recuperado de: http://programamos.es/evidencias-cientificas-de-los-beneficios-de-aprender-a-programar-desde-infantil/ (30/5/16)

Programamos. Recuperado de: http://programamos.es/quienes-somos/ (30/5/16)

Comentarios

  • Jessica

    Hola Alba!!

    No tenía ni idea de la existencia de este proyecto y la verdad que me parece muy interesante. Sin duda creo que es una gran iniciativa que se intente potenciar en los más pequeños el desarrollo del pensamiento computacional, y sobre todo a través de la programación de videojuegos o aplicaciones, ya que considero que es una buena forma de motivarlos y atraerlos hacia ese mundo tan complicado de la programación.

    Sin duda, creo que nosotros deberíamos seguir el ejemplo de otras escuelas y empezar poco a poco a introducir en el currículo una competencia relacionada con la programación. Por ello, como contestación a tu pregunta sí considero esencial que se añada una asignatura de este tipo, ya sea obligatoria u optativa.

    Me gustaría destacar que indagando en este tema, encontré una noticia en la Voz de Galicia Los escolares ourensanos aprenden computación”. En ella se explicaba que se está llevando a cabo una iniciativa a nivel mundial «the hour of code», que el 12 de diciembre de 2015 ha tenido como escenarios al colegio de Vistahermosa y al campus de Ourense. Su principal objetivo era acercar a los niños al mundo de la computación. Así, escolares del centro público, tuvieron la oportunidad de aprender nociones de programación de la mano de ingenieros informáticos. ¿Una propuesta genial, no te parece?

    Y muchas gracias por dar a conocer esta plataforma.

    Un saludo.

  • Alba Neira Pasarín

    Ola Jess! Agrádame coñecer esa iniciativa. Oxalá que sexa o punto de partida para concienciar dos efectos positivos que trae consigo programar e se desenvolvan máis iniciativas deste tipo por toda a comunidade galega, que non só se quede a experiencia en Ourense!

  • Laura Salgado Ferreira

    que tal Alba? en liña coas propostas que nos expós, eu invitaríate a coñecer o movemento maker celanovés, que xa presentei nalgún post, que en último termo ten a mesma finalidade de comunicación e dominio das novas tecnoloxías ata o punto de crealas e modificalas un mesmo.

    Considero que se non queremos que as novas tecnoloxías nos invadan e condicionen, temos que condicionalas e dominalas nós, e estas iniciativas fan que vaiamos no bo camiño.

    unha aperta e gracias por compartir!

  • Ariana

    Hola Alba¡¡ Qué proyecto tan interesante. La verdad que creo que se debería ofertar algún tipo de materia relacionada con la programación en los colegios, ya que muchos niños y adolescentes la escogerían. Además considero que muchos estudiantes poseen un gran potencial para la programación, pero por la escasez de estos cursos o materias no pueden desarrollarla al máximo. Por otro lado, opino que también los docentes estarían interesados en formarse en el tema, ya que les sería una herramienta muy útil para aplicar en la escuela y para desarrollar planes educativos más innovadores, así como para aportar a los alumnos una mayor y mejor formación. Un saludo ¡¡