Consumo de información

Bos días a tod@s, en referencia a clases expositivas e interactivas pasadas, nas cales estivemos debatendo e reflexionando en se eramos consumidores ou produtores de información e en como accediamos e seleccionabamos a información; gustaríame compartir convosco a seguinte entrada:

Primeiramente gustaríame comezar explicando o que se entende por consumo de información, según Martínez 2003, entendese por consumo de información “a acción de buscar e recuperar datos e información coa finalidade de dar resposta a unha necesidade ou interese informativo”. Polo tanto, pódese dicir que somos consumidores de información. Na sociedade actual existe unha necesidade informativa. Pero como buscamos esa información? Sabemos realmente buscar e seleccionar a información?

En relación a tipoloxía de consumidores de información, Dans 2003, diferencia os seguintes 3 tipos en relación aos seus hábitos de consumo de información:

  • Unidireccional ou clásico: engloba a un porcentaxe bastante amplo da poboación e fai referencia a aquelas persoas que consomen información, esencialmente, a través de xornais, da radio ou da televisión de forma convencional. Polo xeral, non adoitan realizar actividades de comunicación en base a esa información, exceptuando algúns comentarios ou conversas. Estas persoas manteñen unha dinámica de uso bastante unidireccional.
  • Social: este tipo de consumidor experimentou un gran crecemento, nos últimos anos, grazas a gran difusión das redes sociais. Fai referencia aos usuarios das redes sociais, que consomen información a través delas principalmente. As redes sociais actúan como un medio facilitador para descubrir información, mediante contacto directo con outros usuarios ou a través da difusión de información que se da nelas, compartindo publicacións, outorgándolle me gustas, etc. Nalgunhas redes sociais isto vese reforzado mediante mecanismos como os trending topics ou os motores de recomendación.
  • Orixinador: fai referencia a aquelas persoas que consomen información dun xeito moito máis sistematizado, directamente das fontes  a través de ferramentas e filtros. Este tipo de usuarios poden difundir a información nas redes sociais ou inclusive adaptar, traducir ou interpretar o mensaxe orixinal.

A información e o coñecemento, ao igual que a sociedade, están en continua renovación. Moita información caduca dunha forma acelerada, polo que compre unha continua actualización e modificación da  mesma. Como consumidores, en especial nas dúas últimas tipoloxías, necesitamos adquirir unha serie de competencias e aprendizaxes que nos permitan regular o noso propio proceso de busca e selección de información. Xa que en Internet esta dispoñible unha grandísima cantidade de información, permitindo o acceso a unha infinidade de fontes e recursos e interconectando miles de documentos entre si; ademais de que existe unha gran facilidade de publicación, o  que provoca que a información estea en continua expansión e que moita dela non sexa fiable, de calidade, críbel, etc. Producindo moita información basura e contidos non desexados para o posible usuario (Fuentes y Moreno, 2005).

Por isto se necesita unha educación tecnolóxica, a través da cal se deberían ensinar estratexias e competencias para facilitar unha busca crítica, selectiva e eficaz de información; a través de indicadores, parámetros e ferramentas de busca e selección de información. Algo, que na miña opinión, aínda lle queda moito por avanzar, xa que a maioría dos xóvenes realizan unha busca sen atender a linguaxe empregada,  as ferramentas de busca, aos recursos encontrados, as palabras clave, a calidade da información, etc.

 

 

Referencias bibliográficas:

Comentarios

  • Azahara Gonzalez Lopez

    Hola Lara!! estoy completamente de acuerdo con todo lo que dices en la entrada, es cierto que deberíamos tener formación tecnológica en cuanto a la búsqueda de información en internet se refiere, pues como bien dices, son muchas las informaciones que se nos presentan y muchas de ellas no nos sirven para lo que estamos interesados en buscar.

    Un saludo!