Aprendendo das boas accións:

Bos días compañeiros/as:

Na clase interactiva de hoxe, afondamos nun tema ó que xa recorreramos na clase expositiva da semana pasada, o cal é a implicación de proxectos e programas referentes ó ámbito da Tecnoloxía educativa a nivel lexislativo e de implementación real.

Na maioría dos vistos, a definición dos mesmos non corresponde en gran medida ó impacto real que logo presentan polo que  quedan ó meu parecer en declaracións de intencións que logo non chegan a cumplirse, principalmente por un motivo:

- Os programas e proxectos impulsados a nivel estatal en España por mor da estimulación do modelo 1:1 traían consigo unha forte implicación e formación técnica, pero carecían de bases pedagóxicas que posibilitaran as posibles aplicacións didácticas dos novos recursos dotados (Moreira et all, 2014).

Lonxe desta realidade, preséntase o Plan Ceibal como unha boa práctica en Uruguay do que foran as pretensións xerais deste tipo de programas, polo que a miña busca faerá referencia ó mesmo, tentando así unha comparación e crítica coa definición dos anteriores.

Seguindo a Wikipedia, o Plan Ceibal (Conectividade Educativa de Informática Básica para a aprendizaxe en liña) preséntase como un proxecto socioeducativo, creado por decreto o 18 de abril de 2007 para a realización de estudos, avaliacións e accións, necesarios para proporcionar un ordenador portátil a cada neno en idade escolar e a cada mestre da escola pública, así como capacitar ós docentes no uso de dita ferramenta, e promover a elaboración de propostas educativas acordes coas mesmas (Plan Ceibal, 2013).

plan Ceibal

Imaxe1: Resultados positivos do Plan Ceibal. Fonte: http://baseddp.mec.gub.uy/Documentos/Bibliodigi/Primer%20informe%20nacional%20de%20monitoreo%20y%

20evaluacion%20de%20impacto%20social%20del%20Plan%20Ceibal%202009.pdf

En España, esta cuestión pola contra, impulouse como medio para a reactivación da economía española, polo que este presenta claramente unha plicación máis técnica que pedagóxica. 

Partindo desta realidade considero que a base ideolóxica que dá nome ó tipo de programa ou plan do que se está a falar supón unha antesala do tratamento metodolóxico que se levará a cabo na fase de implementación do mesmo.

Isto supón que, dende o meu punto de vista, o problema de base das innovacións en política educativa se compoñen en base a criterios económicos que buscan a optimización dos recursos e non de resultados. Isto fai posibles formacións de carácter técnico e finalista, escapando dos procesos e modelos pedagóxicos que deberían existir de base para recalcar outras cuestións das que xa se fixo referencia na materia, como a construción dunha identidade dixital "sana" e "correcta", coñecendo as potencialidades e os perigos das novas tecnoloxías que, de por sí, son neutrais.

 


Referencias bibliográficas:

Moreira, M. A., Cano, C. A., Gorospe, J. M. C., Pérez, M. E. D. M., Pons, J. D. P., Labra, J. P., ... & Valverde-Berrocoso, J. (2014). Las políticas educativas TIC en España después del Programa Escuela 2.0: las tendencias que emergen/ICT education policies in Spain after School Program 2.0: Emerging Trends. Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa-RELATEC13(2), 11-33.

Plan Ceibal. (s.f.). En Wikipedia. Recuperado el 2 de mayo de 2016 de https://es.m.wikipedia.org/wiki/Plan_Ceibal.

Comentarios

  • Amaia

    Hola Laura!

    Estoy totalmente de acuerdo con lo que expones, ya que muchos de los contratiempos que actualmente tenemos en nuestro Sistema Educativo surgen precisamente de la misma problemática: la priorización de lo cuantitativo/económico sobre lo cualitativo.

    Considero que no solo es necesaria una dotación de recursos, por encima de esto debe estar la buena aplicación de los mismos y, si no los hubiese, ser capaces de hacer una buena pedagogía... crear estrategias para garantizar una educación de calidad con aquello que tenemos a nuestra mano.

     

  • Laura Salgado Ferreira

    Exacto Amaia, é exactamente o que quería transmitir, gracias por deterte no meu post, un saúdo.

  • Jesús López

    Ola Laura!

    En relación á liña temática da túa entrada, penso que moitas das decisións que se toman con relación á educación son puramente políticas con intereses económicos e finalistas (coma ti ben dis). Ademais e desafortunadamente, son tomadas á marxe do criterio e opinión dos profesionais da educación. Deste xeito, son políticos que descoñecen a realidade educativa das nosas aulas, ao mesmo tempo que carecen dunha formación que posibilite a análise da mesma os que toman as decisións. Por este motivo, a falta de adecuación das decisións políticas ás necesidades educativas son unha constante imperante que estamos a sufrir...ou así o vexo eu...

    Un saúdo