Coñecemento aberto vs Coñecemento pechado

Na entrada de hoxe vou a falar de coñecemento aberto e pechado. Segundo F.J. García Peñalvo  (http://repositorio.grial.eu/bitstream/grial/280/1/El%20conocimiento%20Abierto%20en%20Espa%C3%B1ol%20en%20la%20Universidad.pdf) e tendo presente tamén a Tecnoloxía Educativa, coa era dixital favoreceuse a apertura de numerosas vías para a difusión do coñecemento, sendo este imprescindible para o desenvolvemento da sociedade nun mundo globalizado. Tendo en conta isto, o autor indica tamén que unha das formas máis efectivas de compartir coñecemento é a través do acceso aberto. Ademais, Internet permite o acceso ao coñecemento con independencia de onde se produza e en calquera momento.

Se relacionamos o colecemento aberco con Internet, García Peñalvo tamén fai referencia á orixe do termo en cuestión. Segundo a Iniciativa de Acceso de Budapest (2002) enténdese por acceso aberto aquela bibliografía da cal se pode dispoñer de xeito gratuíto na rede, ppodend así os usuarios er, descargar, copiar, distribuir, imprimir…; tendo a posibilidade de buscar ou enlazar todos os textos destes artigos, recorrelos para a indexación exhaustiva, utilizalos como datos para software, ou para calquera outro propósito legar, sen barreiras financieiras, legais ou técnicas, distintas da fundamental de gañar acceso á propia rede.

Se tomamos en consideración as palabras de García Peñalvo, podemos reflexionar acerca da era dixital, internet e coñecemento aberto. Sentimos certo recelo á hora de comunicar e transmitir os nosos coñecementos, evitando así enriquecernos con outrras ideas e perdendo a oportunidade de reflexionar acerca das mesmas. Comoo ben indica o autor a era dixital posibilitou numerosas vías de transmisión de coñecemento, pero e se este recelo fose xeneralizado e as persoas mantiveran  seu coñecemento pechado? A miña experiencia na rede indícame a importancia que ten o coñecemento aberto xa que se todos nos negaramos a ensinar, compartir e transmitir o coñecido, as oportunidades que ofrece a rede serían inexistentes.

Como ben dicía G. Bernard Shaw: “Si tú tienes una manzana y yo tengo unha manzana e intercambiamos manzanas, entonces tanto tú como yo seguimos teniendo una manzana. Pero si tú tienes una idea y yo tengo una idea y las intercambiamos, entonces ambos tendríamos dos ideas”.

Este vídeo fai referencia de xeito implícito á Infoxticación. Ante a cantidade de coñecementos e información á que podemos achegarnos, o vídeo fai referencia ao uso da tecnoloxía na escola, indicando así que as TIC’s deben desempeñar a función de transmitir o coñecemento pero temén: fomentar o espírito crítico, estimular a creatividade así como tamén o traballo na rede, incentivar a capacidade para procesar e estruturar as información… Polo tanto, tomando en consideración isto, é importante ter en conta o noso papel como futuras pedagogas e pedagogos de cara a un bo uso e racional da información e coñecementos  que podemos apreciar na rede.

Facendo unha pequena reflexión crítica sobre o coñecemento aberto podo dicir que este é moi importante. Este permítenos formarnos e informarnos día a día en todos os ámbitos. Grazas a el podemos matar a curiosidade e chegar a conseguir ampliar os nosos coñecementos. E vos que pensades?

García Peñalvo, F.J. (2008): El conocimiento abierto en español en la universidad. Universidade de Salamanca. Arquivo PDF, recuperado o 02/05/2016 en: http://repositorio.grial.eu/bitstream/grial/280/1/El%20conocimiento%20Abierto%20en%20Espa%C3%B1ol%20en%20la%20Universidad.pdf

Centro para la Innovación e Investigación Educativas (2008): El conocimiento libre y los recuros educativos abiertos. Junta de Extremadura. Arquivo PDF, recuperado o 02/05/2016 en: http://www.oecd.org/edu/ceri/42281358.pdf

Video: http://www.youtube.com

Comentarios

  • Laura Salgado Ferreira

    Boas tardes Alba, este tema ten moita vixencia e paréceme moi acertado. Aínda hoxe na clase interactiva comentabamos a imposibilidade de uso de música para os nosos videos por mor das esixencias da SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores). Entendo sen embargo, que compartir en software libre, non leva irremediablemente á infoxicación, posto que pode entenderse Internet como un global do que cada un extrae o que lle convén, tendoo ó seu acceso de forma libre, iso non significa que necesariamente teña que ver ou saber de todo aquilo que se posibilita.

  • Vanesa

    Cuando tienes un conocimiento y no lo compartes este conocimiento desaparece, al igual que nosotros hacemos uso de mucha información que otras personas publican deberíamos como bien comentas compartir el nuestro. Personalmente creo que tienes razón en que tenemos cierto recelo a compartir nuestro conocimiento en ocasiones porque no queremos que nos "plagien las ideas" y en otras porque creemos que quizás lo que podemos aportar no es lo suficientemente bueno como para compartirlo. A lo largo de estos meses hemos podidos comprobar los beneficios que tiene el conocimiento abierto ya que, a través de esta red social todos nos expresamos y podemos aprender unos de otro. Es un tema sobre el que todos hemos podido reflexionar y estoy segura que después de esta experiencia muchos de nosotros no solo seremos consumidores sino también productores