evolucionamos

Boas noites compañeiros!

Na anterior clase expositiva, tratamos unha cuestión que me gustou especialmente e da que xa comentei nunha entrada anterior. Está é a integración das novas tecnoloxías na escola. Actualmente na nosa Comunidade Autónoma, vivimos co proxecto Abalar, que trata de maximizar o aproveitameto dos recursos, facer un uso efectivo dos contidos dixitais, trata de incrementar os recursos existentes e integrar plenamente as TICs na práctica educativa en Galicia. No meu caso, interesame esta temática xa que teño unha irmá adolescente de 14 anos que curso 3º da E.S.O, na primeira reunión que tiveron os pais co titor da clase, este suxeriulles descargar esta aplicación para estar en contacto coas novidades do seu fill@. Na miña casa pedironme opinión sobre esta nova medida e decidimos descargala app. Realmente na miña familia non a usase a miúdo, xa que se colgan as notas dos exames, faltas de asistencia, avisos sobre actividades, etc.

Mais este non é o único proxecto, os programas de integración das novas tecnoloxías en educación comezan en 1990, cos proxectos Abrente, NMAI e Estrela na nosa comunidade. Algúns dos obxectivos destes proxectos eran: experimentar as posibilidades que ofrecen á ensinanza os novos desenvolvementos tecnolóxicos do sistema en vídeo, desenrolar en profesores e alumnos a capacidade de descodificar e producir mensaxes audiovisuais, aproveitando as posibilidades comunicativas e expresivas do vídeo no proceso de ensino-aprendizaxe ou impulsarla reflexión sobre s currículos das áreas e materiais e a súa revisión dende a perspectiva das novas tecnoloxías (novos contidos, procesos comunicativos ou métodos). Como podemos ver, entre os proxectos de 1990 e do 2015 atopamos bastantes diferencias, xa que se pode considerar que a introdución das novas tecnoloxías en educación mellorou considerablemente, polo que os seus obxectivos tamén varían. Esta mellora ou evolución, foi grazas aos diversos proxectos que se desenvolveron entre estes 25 anos, como son o Panteg e Siega en 2000 e 2005 respectivamente. Esta sesión foime de especial utilidade xa que descoñecía a meirande parte dos proxectos que se puxeran en marcha en Galicia para mellorar a incorporación das TICs na aula, polo que profundicei o meu coñecemento nunha temática que me interesa e me gusta.

Unha das medidas do proxecto Abalar é proporcionarlle a todo o alumnado un pequeno ordenador portatil que poidan usar na aula. Aínda que a principal finalidade sea introducir as novas tecnoloxías na aula, paréceme que fai unha importante labor de igualdade, xa que lle proporciona o mesmo recurso a todo o alumnado. Moitas veces, os mestres programan unha actividade para a casa que implica o uso dun ordenador. Sen embargo, non todos os rapaces dispoñen deste recurso, polo que esta medida me parece un acerto. Ademáis dos obxectivos de cada proxecto, algunhas medidas que me parecen axeitadas para introducir ou mellorar o uso das tecnoloxías nas aulas son: usar as novas tecnoloxías como un contido transversal en todas as materias, mellorar a calidade na formación do profesorado en este campo ou introducir as TICs na educación especial.

Cómo me vexo?

Como balance persoal, ao igual que sucede coas novas tecnoloxías, o meu percorrido coa materia de Tecnoloxía Educativa tamén evoluciona. A día de hoxe e dende esta perspectiva, recoñezo que nun primeiro momento non era unha temática que me gustase especialmente, mais paréceme que melloro e que profundizo no meu coñecemento co paso das semanas. Ademais disto, considero que o enfoque da materia propicia o desenvolvemento académico a un ritmo persoal e individualizado, aspecto co que estou especialmente de acordo como pedagoga. Por outro lado, como autoanálise crítica, considero que ao non ser unha temática de especial interese, a frecuencia das miñas entradas ao blog non é elevada xa que me resulta complexo indagar en certos contidos, pero intentarei melloralo.