Conecta Xove

Un enfoque habitual no tema das novas tecnoloxías e a educación é reducilo aos seus aspectos didácticos, é decir, consideralas como un medio máis dentro da amplia gama de recursos do docente sen asumir, que as novas tecnoloxías, están cambiando ó mundo para o que educamos a nenos/as e rapaces/as (Adell, 1997).

Fai algún tempo participei nun proxecto educativo levado a cabo pola Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense(FEMURO) na miña cidade, Verín (Ourense).

Tratábase dun programa interxeracional, educativo e social no que rapaces e rapazas entre 15 e 19 anos impartimos de forma voluntaria talleres de informática básica e competencias dixitais a persoas adultas que non tiveron a oportunidade de aprender a utilizar un ordenador, ademáis de pequenos seminarios orientando ao alumnado da comarca na utilización segura de Internet e a utilización responsable de perfiles sociais.

Grazas a este proxecto de inclusión conseguimos participar nun aínda maior, o Conecta Xove. Trátase dun programa de aprendizaxe-servixo, compartido por unha rede de ONG de todo o territorio español que impulsa a participación de xóvenes na súa comunidade mediante accións formativas ,orientadas a competencias dixitais para a utilización proveitosa das TIC.

A miña participación no proxecto ampliou a miña capacitación para utilizar novas ferramentas de comunicación, e como afirma Cabero e Llorente (2006), estos procesos recrean un novo tipo de alfabetización, que se centra non só nos medios impresos e os seus códigos verbais, senon tamén na diversidade de medios multimedia.

O proxecto está directamente vinculado a Fundación Esplai, a cal ten como valores promover unha cidadanía comprometida coa inclusión social, a acción socioeducativa e o uso responsable das tecnoloxías da informaicón e a comunicaicón, con unha especial dedicación a infancia e a xuventude, e apostando polo impulso do Terceiro Sector.

Este proxecto realizou un encontro de todo os participantes do Conecta Xove en Barcelona no ano 2011, o cal eu asistin. Trataronse dunhas xornadas de convivenvia onde puxemos en común todas as experiencias vividas e ampliamos alí a nosa visión do mundo da tecnoloxía. Foron dous días rodeados de pizarras dixitais, tablets, utilización de redes sociais, posta en común das experiencias, etc.

A nivel de aprendizaxes en habilidades, aprendin a por en xogo as miñas motivacións persoais, desenrolar aspiracións, aumentar a miña autoestima e coñecer novas posibilidades tecnolóxicas. Ao basarse nunha metodoloxía de aprendizace-servicio, o ConectaXove ofreceume contidos formativos sólidos e a posibilidade de exercitarme no rol de profesora intercambiando o rol habitual coas persas adultas, o que implicou tamen aprender a planificar, a levar a diante un grupo de alumnos/as e facer un seguimento, a explicar contidos de forma que todos poidan entendelos, etc.

Dentro do ámbito da tecnoloxía, a aprendizaxe desenrolouse a través da formación da nosa competencia dixital e o desenvolvemento desta, sacando como conclusión que a forma de pensar acerca dos entornos de aprendizaxe está cambiando, xa que os ambientes cambian, pasando de ser unicamente físicos, a traballar cada vez máis a miúdo en ambientes virtuais. A demáis, tamén debemos ser conscientes que debemos propor un cambio de contidos, acercandonos a contidos futuros, adaptados ao cambio que se está a producir na sociedade, e non insistindo na aprendizaxe de contidos tradicionais.

Enlaces de interese:

 

Bibliografía:

Adell, J. (1997). Tendencias en educación en la sociedad de las tecnologías de la información. Edutec. Revista ElectróNica De TecnologíA Educativa, 0(7). Recuperado de http://www.edutec.es/revista/index.php/edutec-e/article/view/570/299

Cabero, J. y Llorente, M.C. (2006). La rosa de los vientos. Dominios tecnológicos de las TIC´s por estudiantes. Sevilla: GID.

 

Gisbert,M. y Esteve, F.(2011). Digital leaners: la competencia digital de los estudiantes universitarios. La cuestión universitaria, 7, 48-59.

Comentarios

  • Cristina Fiuza Rodriguez

    Hola Sandra! Me ha gustado mucho leer esta entrada, ya que creo que la idea de utilizar el sistema del aprendizaje servicio me parece muy interesante para acabar, o al menos reducir, la barrera tecnológica de la que tanto hemos hablado a lo largo del curso. Me parece un proyecto súper enriquecedor que los jóvenes que tenemos un cierto nivel de conocimiento tecnológico, podamos a ayudar a aquellas personas que no han tenido la oportunidad de tener acceso a este tipo de contenidos. Creo que es un método positivo para ambos colectivos, aquellos que pudiésemos enseñar, ya que como tú dices en tu entrada esa experiencia te ha dado la oportunidad de aprender de las personas con las que trabajas y resultó positivo para tu autoestima, y obviamente, también para las personas que tengan la oportunidad de acudir a las clases.

    Muy interesante Sandra, un saludo!

  • Raquel Rodriguez

    Boas Sandra!

    Gustoume moito que compartiras con nos a túa experiencia xa que non coñecía nin este proxecto de inclusión nin a fundación. Non teño conciencia de que no meu concello se fagan actividades de voluntariado deste tipo, polo que podes considerarte unha privilexiada. Na miña opinión, é unha actividade moi útil xa que ao mesmo tempo que axudas a outras persoas, estas incrementando o teu coñecemento. Ademáis disto, considero que a tecnoloxía, é un campo de coñecemento no que é moi importante ter unha certa formación para "andar co mundo", polo que axudar a persoas que non tiveron a oportunidade de formarse neste ámbito paréceme moi enriquecedor.

    Un saúdo! Unha gran labor!