Unha mazá pode ser un recurso de ensinanza?

Na sesión expositiva de Software e recursos educativos, comezamos a clase cunha actividade moi significativa. En grupos de 3-4 persoas debíamos pensar en actividades nas que unha mazá poida ser un recurso de ensinanza. No meu grupo ocurríusenos as seguintes:

  • Actividade As cores. Aquí a mazá serviría como exemplo da cor verde e poderíanse facer xogos para que se identificara as cores con diferentes materiais.

  • Activiade Froitos. Neste caso a mazá sería un exemplo real de froito, onde os alumnos/as podería experimentar o seu tacto, e a explicación estaría ao redor da mesma.

  • Matemáticas: sumas, restas, problemas, fracións, etc., dende un uso lúdico.

  • Motricidade: malabares, pases entre compañeiros…

  • Actividade artística: estampar mazás pintadas en tela.

  • Actividade Fotografía: pódese utilizar a mazá para sacar fotos desde distintos planos, xogando coa iluminación, etc..

  • Actividade Expresión: a mazá pode servir de referente para escribir unha redación. Desta maneira os alumnos/as describen as súas características, gusto, etc., desenvolvendo a competencia de redación.

Así pois, as posibilidades que ofrece calquer recurso son infinitas en función da imaxinación que poidamos ter. Os recursos didácticos son mediadores para o desenvolvemento e enriquecemento do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Desta maneira é importante a selección dos recursos, atendendo a diversidade do alumnado e tendo en conta que os recursos non son neutros xa que teñen unha linguaxe que se debe de descifrar, previamente.

Deste modo a dificultade está en: Cómo seleccionar recursos educativos dixitais? Seguindo un artigo de Eduteka, de López García (2011), propón seis preguntas clave para avaliar calquer recurso dixital, e evitar inmovilizarse ante a enorme oferta de ferramentas web. As preguntas son:


recursos.png

  • En qué consiste o recurso?

  • Por qué o recurso é útil para determinado aprendizaxe?

  • Cando utilizar o recurso?

  • Quén está utilizando xa o recurso en procesos educativos?

  • Cómo iniciar o uso do recurso?

  • Onde podo atopar máis información sobre o recurso?

Este recurso chámase ABC e trata de ir máis alá do instrumental no uso de diferentes ferramentas que ofrece as TIC. Débese reflexionar tanto na utilidade que estas ofrecen para o aprendizaxe como as habilidades de pensamento que axudan a desenvolver. Credes que os educadores cando empregan diversos recursos fan unha investigación previa acerca deles? Como futuros diseñadores de accións formativas debemos facelo e ter en conta, ademais, diversos aspectos para seleccionar os recursos educativos:

selecion recursos.png

Quero rematar esta entrada compartindo con vos un vídeo que reflexa claramente a importancia de seleccionar ben un recurso. Neste caso, non se trata dun recurso empregado específicamente para educar, senon que neste video ten un uso lúdico. Así pois, trátase dunha nena que mediante unha corda fai partícipe de moitos xogos a un neno con n.e.e. Deste modo, pódese observar como unha simple corda se pode empregar para múltiples actividades.

Referencias bibliográficas:

López García, J. C. (2011). Cómo seleccionar recursos educativos digitales. Eduteka Recuperado de: http://www.eduteka.org/articulos/SeleccionRecursosDigitales#2

Comentarios

  • Kimberly Navas

    Buenas tardes Alba, en respuesta a tu pregunta de si los educadores investigan acerca de los recursos que van a emplear, me cuesta creer que si. Los nuevos docentes o novatos en el mundo de la enseñanza, apostaría a que en su mayoría sí investigan sobre lo que van a emplear, pero los antiguos no lo hacen, ya que o no les interesa modernizar los procedimientos o creen que lo saben todo; aun así existen casos que si que se forman.

    Este comentario es una crítica a la antigua docencia que sigue presente actualmente. A día de hoy disponemos de un sifín de posibilidadee y recursos que nos permiten analizar los contextos, las situaciones y las necesidades de los grupos destinatarios, pero como bien dices en el comentario en mi último post, para explotar esta evolución es necesario que exista una motivación intrínseca en los propios docentes.

    Por último, el vídeo que compartes es muy emotivo, la primera vez que lo vi fue en Facebook, compartido por mi exprofesora de arte.

  • Ana Belén

    Hola Alba! 

    Creo que máis ou menos, todos pensamos as mesmas utilizades dunha mazá como recurso de ensinanza. Dentro do punto que ti chamas "Motricidade", eu engadín unha proposta que me parece interesante; a utilidade da mazá nunha técnica ou dinámica de grupos, na cal o alumno que esté en posesión de dito froito será o que teña a palabra, mentres que o resto de compañeiros deben permanecer en silencio. 

    Por outra parte, estou totalmente de acordo cos esquemas que nos mostras e seguindo a idea de Kimberly, eu opino que a maior parte dos docentes non investigan nin se propoñen contestar a esas preguntas que expós. Sen embargo, é moi importante saber utilizar os recursos e os seus respectivos fins, porque destra maneira podremos sacarlles o máximo partido. 

    Un saúdo!