Galipedia

Ola Stellaers! Na miña entrada de hoxe quería compartir con vós a miña experiencia aportando datos á Galipedia pero, antes de nada, gustaría aclarar conceptos.

A Galipedia é a “Wikipedia galega”, é dicir, unha enciclopedia dixital escrita en galego, de acceso libre e gratuíto, onde todos os seus artigos están redactados e referenciados por persoas que son voluntarias.

Moitos dos profesores que tivemos recalcábannos moitas veces que a Galipedia ou Wikipedia non era unha fonte fiable para a busca de información pero, particularmente, considero que é tan fiable como outras moitas páxinas que si nos recomendan visitar, xa que a Galipedia está revisada por empregados que se dedican a isto e a bloquear contidos inapropiados. Destacar que a primeira vez que escoitei por parte dun docente dicir que esta fonte era fiable foi este ano, da boca da profesora Adriana nesta materia de Tecnoloxía Educativa.

Con motivo desta clase interactiva na que tratamos o tema da Wikipedia, fóisenos indicando un tema (concepto), o cal deberíamos de modificar, referenciar, redactar, etc, e, que no meu caso foi o de “Competencias Básicas”. Xa que a primeira Lei que introduciu as Competencias Básicas no seu currículo foi a LOE (2006), sentín a necesidade de nomear e explicar nunha liña cada unha destas competencias xa que anteriormente só constaban en dita páxina as Competencias Básicas da LOMCE.

Estes cambios foron realiados ca miña conta de usuario que é: “María Hdez Noya

Bibliografía:

Competencias Básicas. (s.f.). Galipedia. Recuperado o 10 de maio de 2016 de: https://gl.wikipedia.org/wiki/Competencias_b%C3%A1sicas

Definición de Wikipedia. (2016). Definición.de. Recuperado o 10 de maio de 2016 de: http://definicion.de/wikipedia/