¿A que se debe o meu interese no Proxecto Abalar?

Por Cristina

Durante o desenvolvemento da materia demostrei mediante diferentes blogs o meu interese por o Proxecto Abalar. Subin diferentes archivos e textos referentes a este proxecto, explicando en que consiste e facendo as críticas que eu considero oportunas sobre o mesmo. 

Probablemente non deixei claro en ningun momento cal é o meu interese especial sobre este tema. Por este motivo quero explicar que o Proxecto Abalar e un proxecto que me interesa especialmente debido a que trata a integración das tecnoloxías no aula actualmente. Creo que é un proxecto que todos nos como futuros profesionais da educación debemos ter en conta e seguir moi de cerca.

Obtendo información sobre este proxecto, coñecendo cal é a súa realidade nos centros educativos galegos, podemos facernos unha idea de cales son as súas vantaxes e os seus inconvites. Ademáis de facernos a idea do importante que é para nos ter unha base importante no manexo das tecnoloxías para formarnos adecuadamente e poder traballar con elas e utilizalas no noso futuro profesional.

Cando fago críticas a este proxecto, (como o feito de que so se escollan algunhas aulas para levalo a cabo ou que non todos os profesores están formados adecuadamente para traballar con estas técnoloxías como as pizarras dixitais),no as fago só con ánimo de criticar os puntos débiles deste proxecto, senon que as fago tamén para que nos mesmos nos decatemos de cales son estes puntos e se algún día estamos involucrados nun proxecto similar poidamos facerlle frente solucionando estes pequenos fallos cos que nos podemos atopar.

Creo que nas líneas anteriores se expón dalgunha maneira unha relación do Proxecto Abalar coa asignatura de Tecnoloxía Educativa, pero tamén podemos relacionalo máis estreitamente cos contidos explicados na clase como sobre as pantallas Smart e os diferentes programas cos que podemos crear proxectos educativos nestas pizarras, como por exemplo o Jclick e o Notebook.

Esta é a miña explicación sobre o interese que mostro hacia este proxecto. Acepto comentarios, criticas e preguntas. Smile 

Un saúdo