Expositiva Final

Na clase expositiva desta semana do 10 de maio falamos un pouco de todo o tratado na materia ata o de agora.

O programa da materia en canto a contidos é moi rico xa que inclúenos termos como brecha dixital, sociedade do coñecementos, novas alfabetizacións, etc. Termos que eran algúns deles totalmente descoñecidos para min e outros non tan descoñecidos pero nos que nunca me parara a reflexionar. Agora, sabería falar deles minimamente sen ningún tipo de problema.

Ao principio da materia tivemos que sacarlle fotos a todo aquelo que atopásemos pola facultade e que consideráramos educación. Fariades agora a mesma selección de imaxes que anteriormente? Eu, pola miña parte, non. Considero que todo o que forma parte da facultade é tecnoloxía, todo tivo un principio e a todo lle damos uso.

Tamén tivemos que facer un pequeno texto cunha serie de palabras que se nos daban nun sobre e fágovos a mesma pregunta que anteriormente e que se fixo na clase, fariades a mesma selección e texto agora que anteriormente? Eu, de novo, volvo a dicir que non. Desta vez incluímos no noso texto máis palabras que anteriormente e non porque non saibamos o que son as que non puxemos, se non que eran aquelas palabras que designaban algo máis específico e decidimos prescindir delas como podían ser “hardware”, “hipertexto”,etc. A nosa definición (grupo formado por Irene Campelo, Azahara González e eu) foi a seguinte:

“A tecnoloxía educativa é unha ferramenta que nos permite ser creadores e consumidores de coñecemento polo que é un artefacto útil na educación xa que facilita a aprendizaxe, obter coñecementos mediante redes, internet, etc, a formación, a interacción e comunicación, a xestión e difusión de información, a resolución de problemas, etc. Para crear un entorno persoal seguro é importancia a competencia dixital para a protección da identidade e da comunidade ou sociedade a través da alfabetización social.”

Como podemos ver, empregamos para facer unha definición moitas máis palabras das que usaríamos nun primeiro momento. Por iso, como ben dixen anteriormente, a miña aprendizaxe tamén se reflicte en gran medida nos novos termos adquiridos.

Ao mesmo tempo, e algo que quizá non me parara a pensar, é a nosa gran relación ca tecnoloxía como pedagogos. Cal é esta relación? Partindo de que non podemos falar de proceso educativo sen que estea mediado por algunha tecnoloxía, o pedagogo podería ser protagonista de escenarios tecnolóxicos para a educación mediante unha formación adecuada, a cal hoxe en día nos falta na docencia, xa que para que estes coñecementos cheguen aos alumnos primeiramente deberán chegar aos docentes e, de que maneira? Unha das maneiras é mediante as políticas educativas das que falábamos nunha das clases expositivas anteriores e que reflexei nunha das miñas entradas (). Para isto o pedagogo ten un papel moi importante, xa que pode axudar aos docentes a que adquiran os coñecementos adecuados neste ámbito, algo fundamental hoxe en día. Que outras maneiras, a maiores das políticas educativas empregariades vós como pedagogos?

Comentarios

  • Azahara Gonzalez Lopez

    Estoy de acuerdo contigo, María. Nuestro concepto de tecnología educativa, y supongo que el de los demás compañeros ha cambiado en gran medida desde el inicio del curso, pues habiendo tratado tantos temas a los largo de la materia te hace ver que la tecnología va más allá de un simple ordenador o teléfono móvil.
    Me gustó mucho tu entrada!
    Un saludo!

  • Alberto Villaverde

    Buenos mediosdias!

    La verdad es que la dinámica propuesta por Adriana en la clase expostiva resultó interesante. Realizar la misma actividad que se nos propuse el primer día fue una experiencia muy enriquecedora, al volver a tratar los concpetos con los que ya habíamos trabajado me di cuenta de que hay temas en los que tenía un desconocimiento total y ahora soy capaz de relacionar y saber. 

    Yo como pedagogo optaría por sembrar inquietudes acerca de las tecnologías en los profesor, invítandoles a cursos que ayuden a ampliar su conocimiento en este campo y compartir experiencias con otros docentes en estos cursos. Suena del todo enriquecedor no?

    Un saludo!!

  • Ruben-Lopez

    Ola María!

    Realmente o noso concepto como tecnoloxía si que se foi enriquecendo co trascurso das clases, xa que se foron tratando temáticas que nunca antes trataramos, e ademais permitiunos ver a tecnoloxía dende outras perspectivas ou outros puntos de vista, posto que antes de comenzar a matería a nosa percepción sobre ela era totalmente positiva pero como vimos tamén ten aspectos que son negativos.

    Eu penso como Alberto, os cursos sobre tecnoloxía para o profesorado serían beneficiosos, xa que a tecnoloxía é unha ferramenta que está constantemente presente nas nosas vidas e para iso debemos saber empregalas, polo tanto considero que ese aprendizaxe debe comezar dende os centros educativos, para entre outras razóns se faga un uso axeitado e responsable das mesmas, e polo tanto o profesorado debe estar formado nesta temática, aunque tamén hai que dicir que ten que haber por parte do corpo docente predisposición para formarse no ámbito tecnolóxico e tamén para ir introducindo progresivamente estes novos medios educativos.

    Un Saúdo