Posibilidades da realidade virtual na educación

O desenvolvemento da tecnoloxía permitiu introducir novos elementos nos procesos de ensinanza que puideran favorecer o aprendizaxe, como vimos na clase desta semana, co emprego de diferentes software educativos, os cales nos permiten aprender en base a diferentes teorías, por exemplo o JClic basease na teoría conductista posto que se aprende en base ao ensaio e error; por outra banda tamén vimos outro software denominado Etoys, o cal se fundamenta na teoría constructivista, xa que neste era o propio usuario o que tiña que buscar a solución aos problemas que se lle presentaban.

Independentemente da teoría do aprendizaxe na que se fundamenten, estes programas ofrecen un espazo diferente de aprendizaxe, e poden ser realmente útiles para conseguir aprendizaxes que sexan verdadeiramente significativos.

O avance das tecnoloxías posibilitaron estas novas formas de aprender, eu neste post tratarei un tema que está o orde do día como é a realidade virtual, e como esta se podería empregar na educación nun futuro non moi lonxano.

A Realidade Virtual a priori, pode ter un enorme potencial educativo, xa que estas aplicacións teñen a capacidade de introducir ao suxeito en entornos inmersivos e multisensoriais, no que os estudantes poidan interactuar cun ambiente artificial que estimule o seu proceso de ensinanza.

A Realidade Virtual podería favorecer as teorías do coñecemento que fundamentan que o mellor aprendizaxe e aquel que se realiza a través da experiencia, e non aquel que se basea na  mera visualización ou na escoita. A base desta teoría defende o coñecemento en primeira persoa,  xa que mediante este é cando o individuo adquire a maioría dos aprendizaxes significativos,  os cales son acontecementos vivenciados na súa vida cotiá mediante experiencias naturais, directas, non reflexivas e subxectivas. Polo tanto, este aprendizaxe en primeira persoa oponse ao aprendizaxe en terceira persoa, que e o que se emprega nas metodoloxías de ensinanza tradicionais.

As vantaxes da Realidade Virtual e que esta é unha tecnoloxía que ten a capacidade de crear unha simulación tridimensional, na que o usuario se sinte inmerso nun ambiente artificial, que percibe como real, emitindo estímulos os órganos sensoriais. Polo tanto, nesta tecnoloxía destacan as seguintes características: capacidade de Simulación da realidade; Interacción do usuario co sistema creado para que as accións que este realice produzan cambios no mundo artificial e a Percepción, que e a capacidade que ten esta tecnoloxía para que o usuario perciba a recreación como real, isto conséguese emitindo estímulos aos sentidos (vista, oído e tacto).

Polo tanto, podemos dicir que a incorporación da Realidade Virtual ao quefacer educativo podería supoñer un salto cualitativo no aprendizaxe de diversas disciplinas ou áreas do coñecemento, especialmente naquelas que resulta complexo ou complicado visualizar os procesos estudados. Unido a iso, o emprego desta tecnoloxía pode facer que o alumno sinta unha maior motivación, xa que sentiranse incentivado a explorar o mundo virtual.

En definitiva, a Realidade Virtual pode ser unha ferramenta que pode ter unha gran potencialidade educativa para alcanzar os niveis máis elevados e complexos na escala cognoscitiva, aos que o alumno chega con maior dificultade. Sen dubida é o seu potencial para facer que o alumno asimile os coñecementos en primeira persoa o que a converte nun valioso instrumento de formación, ó crear un universo artificial no que o alumno se mergulla e experimenta por si mesmo.

Vera, Ocete. G., Ortega, Carrillo.J.A & Burgos, González. M.A.(2003). La realidad virtual y sus posibilidades didácticas. Revistaeticanet.(2). Recuperado de: http://www.ugr.es/~sevimeco/revistaeticanet/Numero2/Articulos/Realidadvirtual.pdf

Fecha de consulta: 12/05/16

Villalobos, Abarca, M., Luna, Ramírez.E.,& Antonio, Jiménez.A.(2000). Cuándo y Cómo usar la Realidad Virtual en la Enseñanza. Revista de Enseñanza y Tecnología.(16). Ppt:26-36.Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/buscar/documentos?querysDismax.DOCUMENTAL_TODO=Cu%C3%A1ndo+y+C%C3%B3mo+usar+la+Realidad+Virtual+en+la++Ense%C3%B1anz Fecha de consulta: 12/05/16

Comentarios

  • Paula Rodriguez

    Hola Rubén! Me parece muy interesante el tema que has escogido. Comparto el punto de vista de que la realidad virtual nos abre una puerta a una nueva forma de conocimiento diferente al tradicional que estamos acostumbrados.

    Yo también creo que cada alumno debe experiementar por si mismo sus propias fuentes de aprendizaje de manera que le permitan adquirir un mayor conocimiento. Laa ventajas de la realidad vitrual que comentas, como la capacidad de simulación y de interacción me parecen realmente últiles siempre y cuando el alumno sepa diferenciar los límites de lo que es la propia realidad y la realidad simulada o ficticia.

    Pero en general, todo lo que sea innovación e incorporación de nuevos métodos educativos de la mano de la tecnologia son muy provechosos a nivel educativo en un mundo cada vez más inmerso en la tecnología.

  • Ruben-Lopez

    A priori, as posibilidades que poden ofrecer este tipo de tecnoloxía é moi amplo, xa que se algún día se chegaran a implantar no campo educativo (non olvidemos esta tecnoloxía ainda é moi recente e ainda está en fase de probas) podería favorecer aspectos dos que estamos a falar continuamente, como son o de converter ao alumno no protagonista do seu propio aprendizaxe, conseguindo así un aprendizaxe máis dinámico,rachando co modelo tradicional de educación. 

    Grazas pola túa opinión.

    Un saúdo.