Completando e modificando entradas

Completando a entrada anterior de: Unha mazá pode ser un recurso de ensinanza? quería enfatizar que os recursos educativos ademáis de ser mediadores, segundo como se utilicen poden realizar diferentes funcións:

funcións recursos.png

Nos últimos anos foise solidificando un movemento que se iniciou co desenvolvemento de Software de Código Aberto, continuou coa formulación de estánderes de linceciamento diferentes e rematou coa creación e provisión de contidos abertos. Desta forma surxe unha inciativa cunha idea simple pero poderosa: “O coñecemento é un ben público e tanto a tecnoloxía en xeral, como Internet en particular, ofrecen unha oportunidade extraordinaria para que calquera, dese calquer sitio, comparta, use e aproveite estes coñecemento” (López García, 2009). En relación con esta idea están os conceptos de coñecemento aberto vs coñecemento pechado que vimos nas primeiras clases.

Por exemplo, o portal educativo EDUTEKA, o cal xa o presentei nunha entrada,  ten a filosofía editorial de producir, traducir e publicar Recursos Educativos Abertos (REA) de alta calidade; proba disto é a licencia Creative Commons baixo o cal se publican todos os seus contidos.

Esta é unha das moitas páxinas existentes. Así pois, hoxe en día, coa cantidade de recursos que hai na rede o mestre non ten por qué diseñar as súas propias actividades, pero si debe coñecer as teorías de aprendizaxe nas que se basan.

Fai 26 días escribía sobre  a miña experiencia con LIM (Libros Interactivos Multimedia) e mostraba un proxecto formado con varias actividades LIM e diferentes xogos, que realicei na miña estadía do Practicum.  Hoxe en día, tras reflexionar sobre as teorías de aprendizaxe nas que se basan  os recursos educativos cambiaría, completamente, esas actividades por outras.  Así pois, elaborei un proxecto basando no modelo de aprendizaxe condutista, no cal o neno ten que facer unha certa operación, neste caso, resolver as actividades propostas e chegar á resposta para que en seguida obteña un estímulo. O estímulo é unha  mensaxe final como por exemplo: eres un campeón!, Excelente!, etc. O núcleo central está constituido polo concepto asociacionista baseado na repetición de patróns. Pero de verdade se aprende a través do ensaio-error?

Desta forma, cando na clase interactiva  realicei primeiro unha actividade de  JClik (basada na teoría condutista), e posteriormente unha actividade de simulación,  Etoys (basada na teoría construtivista), puiden comprobar e darme conta que na segunda é onde se desenvolven os coñecementos e se crean as aprendizaxes. Mediante a realización do JClic, non se proporciona aos alumnos nin a reflexión nin o diálogo (aspectos que defende o construtivismo) senon que, ao utilizar as actividades de “si-no”, de completar con palabras exacta, unir con flechas termos concretos, etc dáselle importancia á disciplina, a que os alumnos interioricen simples datos e sexan quen de transladalos a este tipo de actividades.

En resumo, esta é unha experiencia da cal aprender. Como futura pedagoga, unha das miñas funcións pode ser crear propostas formativas nas cales me teño que FIXAR que tipo de recursos uso e INVESTIGAR sobre eles.

Referencias bibliográficas:

López García, J.C. (2009). Recursos Educativos Abiertos (REA). Eduteka: Recuperado de: http://www.eduteka.org/articulos/OER