Profundizando sobre o Conectivismo e MOOCs

A finalidade desta entrada é relacionar as teorías de aprendizaxe con recursos educativos abertos, neste caso profundizo sobre os tipo de MOOCs. A verdade é que só teño información conceptual de varias entradas lidas nesta rede, pero o meu obxectivo é ir máis alá do concepto en si.

Os Cursos On-line Masivos Abertos (COMA), MOOC (Massive Open Online Course) en inglés, pódense diferenciar entre os cMOOC e os xMOOC.

Os cMOOC baseanse na teoría conectivista (de ahí a c) proposta por George Siemens (Connectivism: A Learning Theory for the Digital Age) o cal deu orixe aos primeiros MOOC. Este autor presenta o conectivismo como alternativa ás tres principais teorías da aprendizaxe: condutismo, cognitivismo e construtivismo, argumentado que foron desenvolvidas nunha  época onde todavía non se experimentara o impacto das tecnoloxías da era dixital nos modelos pedagóxicos.

Esta teoría  sostén:  “El conocimiento personal se crea a partir de una red, que alimenta de información a organizaciones e instituciones, y que a su vez retroalimentan información en la misma red, que finalmente termina proveyendo el nuevo aprendizaje en el individuo” e cuxos principio son: a aprendizaxe e o coñecemento basánse na diversidade de opinións; o aprendizaxe como proceso de conectar fontes de información especialiazados; a aprendizaxe pode residir en diapositivos non humanos; a capacidade de saber máis é máis importante que o que actualmente se coñece; cultivar e manter as relacións necesarias para facilitar o aprendizaxe continuo; capacidade para ver as conexións entre os campos, ideas e conceptos é unha habilidade clave; a motivación é necesaria en todas as actividades de aprendizaxe conectivista; e a toma de decisións é en si mesmo un proceso de aprendizaxe. (Vizoso, 2013)

metodoloxía utilizada neste tipo de MOOCs é participativa e colaborativa, necesitándose cinco cousas segundo Davara (2015):

  1. Orientación: en canto materiais, enlaces e tempos de realización.
  2. Expresar o que se pensa mentres se aprende a través por exemplo dun Blog.
  3. Conexión para poder compartir as ideas.
  4. Unha rede que xera unha comunidade para poder debatir sobre os tema do curso
  5. Unha meta, que se queira lograr.

Pola súa parte os xMOOC responden a unha pedagoxía máis tradicional, baseándose na teoría condutista da aprendizaxe, que implica unha ensinanza directa e explícita onde o docente é o suxeito activo de todo o proceso, transmitindo o coñecemento de forma vertical, diseñando os obxectivos, propoñendo contidos, controlando o desenvolvemento do curso e avaliando os resultados.

metodoloxía é rutinaria, e xeralmente baseáse en:

  1. Vídeo promocional e descriptivo do curso.
  2. Descripción do profesorado que o imparte.
  3. Información sobre o tempo que se necesita para a súa realización.
  4. Temario do curso. Obxectivos do curso.
  5. Requisitos para poder realizalo. Público ao que vai dirixido.
  6. Foro para resolver dudas.

Pero, cabe destacar, que continuamente surxen outros tipos atendendo máis á orientación do curso que a teorías pedagóxicas. Este prototipo proposto por Lisa, M. Lane denomínase tMOOC, onde se prima a adquisición de aprendizaxe mediante a realización de diversas actividades ou traballos. Tamén destaca por crear comunidades de participantes pero como apoio ao obxectivo fundamental: a realización de tarefas. Aquó vos mostro un cadro coas principais diferencias:

esquema MOOCs.png

Referencias bibliográficas:

Davara, F. (2015). La educación digital: los MOOC (II). Recuperado de: http://fernandodavara.com/la-educacion-digital-los-moocs-2/ (Consulta 12/05/2016)

Vizoso, C.M (2013). ¿Serán los COMA (MOOC), el futuro del e-learning y el punto de inflexión del sistema educativo actual?. Boletín SCOPEO Nº 79. 1 de Marzo de 2013. Recuperado de: http://scopeo.usal.es/seran-los-coma-mooc-el-futuro-del-e-learning-y-el-punto-de-inflexion-del-sistema-educativo-actual/ (Consulta: 13/05/2016)

Comentarios

  • Vanesa

    Hola Alba! En una de mis entradas reflexioné sobre las diferencias entre los cursos eLearning y los MOOC pero no llegué a analizar estos últimos desde la perspectiva de las teorías de aprendizaje. La verdad es que he realizado varios cursos MOOC, concretamente en Coursera y Miríada X, y creo que por el momento estas plataformas se centran más en la teoría conductista. A pesar de que a través de estos cursos he aprendido nociones básicas sobre ciertas temáticas después de leer tu entrada creo que para conseguir un verdadero aprendizaje significativo debemos optar por los xMOOC. Me parece una herramienta muy interesante sobre todo para nosotros que estamos en el ámbito universitario y podemos de esta manera completar nuestra formación o simplemente aumentar conocimientos.

  • Ariana

    Hola Alba ¡¡ Yo también dediqué una entrada hace un tiempo a los cursos abiertos en línea, los MOOC. La verdad que me gusta la clasificación de Davara (2015) que expones, la cual organiza estos cursos on line en función de las teorías de aprendizaje, la orientación, los objetivos, los ámbitos, la interacción, la cohesión y control del curso y la evaluación. Una síntesis y explicación muy interesante ¡ Buen trabajo ¡ Un saludo.

  • Jesús López

    Boas Alba

    Grazas pola entrada. Ata o de agora realizara algún MOOC en Miriada X ao igual ca compañeira Vanesa. Non obstante, sempre me quedaba coa sensación de que só aproveitaba deles, algún que outro concepto ou idea, pois a aprendizaxe era tremendamente conductista. Por este motivo, se o interés pola miña parte non era elevado, acababa por desmotivarme.

    Non coñecía a existencia de MOOCs doutro tipo, así que a partires de agora poderei seleccionalos mellor. Grazas ;-)