Vídeo: Identidad digital

Boas tardes a tod@s!! Nesta entrada gustaríame compartir con vós a miña experiencia na elaboración do vídeo; así como, explicarvos un pouco a temática do mesmo en relación coas clases expositivas e interactivas. 

Para a elaboración do vídeo tivémonos que repartir en grupos de catro persoas. O meu grupo estaba conformado por Irene Campelo, Elvia Díaz, Cristina Arcos e eu. A nosa temática foi a identidade dixital, aquí volo deixo adxuntado por se lle queredes botar unha ollada:

O proceso de realización do vídeo non foi sinxelo, aínda que si bastante ameno e entretido. Primeiramente tivemos que realizar un Storyboard describindo como iba ser o noso vídeo; as imaxes, música, temporalización e planos; para posteriormente realizar, tras o visto bo do profesor, o noso vídeo. Foi unha experiencia gratificante para tratar tanto a temática da identidade dixital, como traballar todo o que convela a elaboración do vídeo.

Escollemos esta temática - “identidade dixital”- porque nos parece algo de vital importancia na sociedade actual, sobre o cal non se está o suficientemente informado. A identidade dixital pódese definir como a pegada que cada usuario deixa na rede como resultado da interacción con outros usuarios ou coa xeración de contidos. Comentarios en blogs, foros; fotos subidas; perfiles en redes sociais; direccións de correo, etc.; todo isto conforma a nosa identidade dixital; por iso é moi importante saber xestionar toda esta información (Carbellido, 2010).

Dende os últimos anos estase a dar unha revolución tecnolóxica, dando paso a unha sociedade da información, na cal somos sometidos a unha sobreinformación diariamente; facendo que todo xire en torno desta e a xestión e uso de datos. A través de Internet e, fundamentalmente, da web 2.0, encóntranse unha gran cantidade de datos persoais na rede, o que fai posible crear novas identidades dixitais que non sempre coinciden coa identidade física desa persoa; xa que, en internet calquera individuo pode publicar datos que non teñen porque ser verdade.  Isto da un xiro radical a identidade tradicional e fai posible a creación de identidades falas; así como, a  manipulación de datos, por parte de segundos, creando falsas identidades (Giones y Serrat, 2010).

O problema aquí recae sobre todo nos chamados “nativos dixitais”, os cales empregan internet de forma diaria para unha gran variedade de fins; sen ningún tipo de aprendizaxe previa de como facelo (na maioría dos casos). Suben e comparten moita información persoal sen medir realmente as consecuencias que pode chegar a ter, tanto no seu presente inmediato como nun futuro a hora de buscar traballo. Esa xeración de datos e actividade na rede vai construíndo a identidade dixital. A través do noso vídeo pretendemos exemplificar o que pode ocorrer subindo certos contidos a rede e a manipulación que se pode dar destes por parte de segundos; facéndose público despois a calquera usuario. Por iso recalcamos a importancia dunha alfabetización dixital en todo os ámbitos; xa que, é moi importante educar dende idades temperas sobre un uso eficaz da rede, sobre as consecuencias da subida masiva de contidos; sobre os posibles efectos de compartir certos datos persoais; etc.; en definitiva, sobre a identidade dixital e a xestión adecuada da mesma.

Aquí vos deixo un vídeo, no cal tamén se exemplifica o que pode ocorrer cando se comparten contidos persoais na rede e a importancia que ten examinar e reflexionar antes de subir certos datos persoais:

 

Referencias:

Arcos, C., Bello, L., Campelo, I., y Díaz, E. (2016). Atrapada en la red [Vimeo]. Recuperado de:https://vimeo.com

Carbellido, C. (2010). Un community manager:  ¿Que es la identidad digital?. Valencia. Recuperado de: http://www.uncommunitymanager.es/identidad-digital/

Familia Digital. (Porductor). (2008). Think before you post [Youtube]. Recuperado de: https://www.youtube.com/

Guiones, A. Y Serrat, M. (2010). tabuladecimal.info: La gestión de la identidad digital: una nueva habilidad informacional y digital. Facultat de Biblioteconomia i Documentació de la Universitat de Barcelona. Recuperado de: http://www.tabuladecimal.info:8080/xmlui/bitstream/handle/123456789/206/giones2%5b2%5d.htm?sequence=2&isAllowed=y

Comentarios

  • Antía Bastos

    Hola Lara! Antes que nada,felicidades por vuestro vídeo! Para mi es de los mejores que hay entre los que realizamos todos, me reí muchísimo con el. Pienso que supisteis abordar la temática desde una buena perspectiva, dandole bastante humor a la temática, pero sin apartaros de lo que se nos pedía en esta actividad,a mi nunca se me habría ocurrido enfocar el tema de la identidad digital desde la temática que lo hicisteis vosotras, pero sirve para hacer una reflexión mucho más allá de lo que estabamos realizando hasta el momento, creo yo. Felicidades a todas por el vídeo que tanto me hizo reír, pero concienciando al mismo tiempo!