Afondando no e-learning

 Boas noites compañeir@s!

Pra rematar o fin de semana, quería compartir con vos unha nova entrada no blog, neste caso sobre o e-learning. Interesame a temática principalmente por dous motivos: por un lado está relacionada coa miña entrada anterior sobre estilos de aprendizaxe área que me pareceu moi interesante para indagar e, en segundo lugar, porque o cuatrimestre pasado, facendo unha programación didáctica para a materia de Avaliación de Programas introducín nunha parte este estilo de aprendizaxe, polo que me parece axeitado afondar nel.

Para comezar, partimos de que as novas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs) xogan un papel fundamental no noso día a día, polo que no terreno educativo, como é o noso, tamén se van introducindo paulatinamente. A definición de e-learning non está clara entre os autores, mais para Rosenberg (2001) "e-Learning refirese á utilización das tecnoloxías e Internet para ofrecer un conxunto de propostas que permitan incrementar o coñecemento e a práctica". Na miña opinión, esta estratexia surxeu tras a incapacidade da ensinanza tradicional a cobrer certas demandas educativas da sociedade. Un destes problemas aos que non soubo dar resposta a ensinanza tradicional son os xeográficos, xa que as persoas residentes en áreas a gran distancia dos centros educativos ven desminuidas as súas posibilidades de acceso á educación, por exemplo, en Galicia esta pode ser unha circunstancia bastante frecuente xa que a pesar das melloras nas comunicacións, algúns pobos aínda seguen relativamente aislados ou con poucas comunicacións. Neste mesmo lugar tamén se atopan as persoas discapacitadas, que poden ter problemas á hora de desprazarse a un centro de ensinanza. Por outro lado atopamos o problema do tempo, xa que moitas persoas non poden acudir á institución educativa no horario establecido. Por último, outro problema co que se atopa a educación tradicional é a demanda da poboación, xa que cando esta é escasa, as accións formativas dirixidas a estas pequenas poblacións, non encontran xustificación. Polo que a formación a distancia, elimina na maioría dos casos estas dificultades ou problemáticas.

Algunhas das vantaxas da educación a distancia a través de internet poden ser as seguintes:

  • Podemos dispoñer da información no momento no que a necesitemos.
  • Os contidos poden ser actualizados xa que as novidades poden ser introducidas rapidamente nos contidos, dando unha ensinanza actualizada.
  • Aprendizaxe individualizado.
  • Grandes oportunidades para o mestre/a.
  • Felixibilidade no horario e nos recursos educativos (desaparencen as barreiras espacio-temporais).
  • Reducción de gastos (material, transporte, etc.).

Anteriormente reflexanse algunhas das vantaxes que ten a estratexia e-learning, e podemos comprobar que ten moito potencial, co que se pode descatalogar a educación ou os métodos tradicionais. Sen embargo, tras indagar e reflexionar un pouco, non sei exactamente onde posicionarme en relación a esta proposta innovadora. Neste sistema, partiríamos da base que todo alumno ten á súa disposición un ordenador, aspecto que non sempre é certo xa que sempre está presente a brecha dixital. Por outro lado, ademais dos aspectos curriculares, considero que un alumno durante a súa estancia na escola aprende mais cousas que os contidos académicos, o curriculum oculto, que en parte se perdería con este estilo de aprendizaxe. Tamén pode diminuir a calidade da formación se non se da unha adecuada relación mestre-alumno, polo que considero que nesta estratexia hai numerosos riscos. Tendo en conta os puntos a favor e en contra, non sabería posicionarme claramente nun bando xa que mais aló da estratexia e da súa fundamentación teórica, todo depende da súa utilización. E o uso depende de cada persoa.

 


Caro, E. M., & Rodríguez, A. G. (2003). Estilos de aprendizaje y e-learning. Hacia un mayor rendimiento académico. RED: Revista de Educación a Distancia, (7), 3.

Rosenberg, M. (2001). E-learning. New York: McGraw-Hill.

Comentarios

  • Lara Rodriguez

    Buenas noches Raquel!

    Me parece muy interesante el tema que propones y al mismo tiempo me pienso que es un tema que puede generar debate debido a las ventajas e inconvenientes, los cuales has incuído anteriormente, que esta nueva forma de educar puede tener.

    Del mismo modo me gustaría comentar mi opinión, que es muy parecida a la tuya. Por una parte pienso que este tipo de formación puede beneficiar a la población, en el sentido que puede aprender y formarse relativamente en cualquier parte y momento. Así mismo, también es cierto que no toda la población tiene a su disposición este tipo de educación por la, ya habitualmente mencionada, brecha digital. Por eso, desde mi punto de vista, ésta se convierte en otro tipo de desigualdad que no estamos preparados para solventar. Particularmente, pienso que los países luchan día tras día por mejorar la educación de un territorio, pero también se dejan atrás muchos aspectos relacionados con este campo que se deberían tener en cuenta. Aún así, el e-learning tampoco me parece una manera única de educar, sino que se debe usar con otros métodos, tales como la formación tradicional.

    Gracias por compartir la información.

    Un saludo.