A influenza da política educativa na integración das TIC

Ao final da miña anterior entrada Da educación monomediática á transmedia preguntábame e preguntábavos canta importancia criades que tiñan as políticas educativas na integración das TIC e dos novos xeitos de entender e traballar coa educación (narrativa transmedia, por exemplo).

Agora, despois da expositiva e interactiva ao respecto, así como o power point realizado coas miñas compañeiras (Beatriz Pena e Carla García) sobre o caso de Andalucía e o Programa Escuela 2.0 podo afirmar que a súa importancia é determinante . Dita opinión formúloa logo da análise do caso andaluz e máis da comparación coas demais comunidades.

O Programa Escuela 2.0 coma xa todos coñecemos , foi un proxecto de ámbito nacional que buscaba integrar as TIC nos centros educativos, coa fin de poñer en marcha as aulas dixitais do século XXI. Deste xeito, as Comunidades Autónomas levaron a cabo diversos programas para lograr ditos obxectivos, aínda que en moitos casos, por camiños ben diferenciados. Máis que un plan global que coordinara a integración a nivel nacional, existiron múltiples plans e accións independentes e exclusivos para cada Comunidade Autónoma (Area Moreira, 2014).

Por exemplo, no caso da Comunidade de Madrid e máis da Comunidade Valenciana non se uniron ao proxecto de ámbito nacional, senón que desenvolveron cadanseu. Deste xeito, Madrid optou por levar a cabo iniciativas innovadoras coma introducir unha optativa na ESO denominada Programación, crear un MOOC para profesores ou que os pais utilizasen tabletas con fins informativos relativos á evolución dos seus fillos e fillas.

Por outro lado, a Comunidade Valenciana a través do seu proxecto (Centros Educativos Intelixentes) crearon unha Comunidade de Centros Educativos Intelixentes coa fin de impulsar novas vías de comunicación e intercambio de experiencias entre docentes e coa Administración.

Estes son, polo tanto, dous exemplos de como as distintas políticas educativas poden influír na integración das TIC. Segundo a perspectiva, as necesidades, a duración no tempo ou a distinta ideoloxía política o tipo ou o carácter da integración pode cambiar dun xeito radical, posto que, é ben distinto o acceso e a integración das TIC para un alumno cuxa comunidade lles permita levar o portátil para a casa, ca unha comunidade, coma é o caso de Galicia, que non o autorice (Moreira, Mesa & Navarro, 2015).

De todos xeitos, non só inflúen ditas políticas ao acceso e equipamento de alumnos e aulas, tamén ao aprendizaxe  que se deriva da utilización de todos estes dispositivos. Por exemplo, no caso de Extremadura desenvolveron unha plataforma co fin de facilitar o acceso dos alumnos aos contidos e libros, así coma ao seguimento da relación alumno-profesor. Noutras comunidades, as prácticas educativas que xiraban arredor dos novos dispositivos, só utilizaban estes coma soportes da educación tradicional e, incluso ocorrían as mesmas guerras entre editoriais para conseguir vender os seus libros (coma ocorrera sempre) pero en formato dixital.

Entón, utilizar TICs non supón irremediablemente utilizar outras formas de aprendizaxe, senón que estas poden seguir sendo tan conductistas ou constructivistas coma sempre. Entón, hai distintos tipos de software cos que poidamos conseguirmos unha ou outra aprendizaxe?

Tratarei de responder na próxima entrada!

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICAS

Area Moreira, M. (2014). Las políticas educativas TIC en España después del Programa Escuela 2.0: las                tendencias que emergen. Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 13(2), 11-32.               Recuperado de http://relatec.unex.es/article/view/1473/0v

De Pablos Pons, J. M. (2012). Políticas educativas TIC en tiempos de crisis. El caso de Andalucía. Campus           Virtuales1(1), 105-113. Recuperado de https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5166907

Moreira, M. A., Mesa, A. L. S., & Navarro, A. M. V. (2015). Las políticas educativas TIC (Escuela 2.0) en las          Comunidades Autónomas de España desde la visión del profesorado. Campus virtuales2(1), 74-      88. Recuperado de http://uajournals.com/ojs/index.php/campusvirtuales/article/viewFile/30/29