Prosumidores

Actualmente vivimos nunha sociedade na que se suceden constantes e rápidos cambios a todos os niveis: social, económico, cultural e tecnolóxico. Poderiamos dicir que estamos inmersos na "aldea global" imaxinada por McLuhan. (McLuhan 1996 p. 338).

A tecnoloxía, da man da internet, é un dos campos que tivo unha maior transformación, dando lugar a un novo fenómeno social: a hiperconexión. A tecnoloxía, agora, xa non é unha ferramenta máis senón que se converteu na "extensión do ser humano."  Deste xeito, esta, en palabras de Postman é a sociedade da ubicuidad. Nela, calquera persoa pode gozar, en calquera momento e en calquera lugar dunha ampla gama de servizos de información a través de diversos dispositivos e redes de banda ancha.

Neste contexto de hiperconexión dentro da "aldea global" e ao amparo da internet, nace o novo consumidor: o prosumidor.

Quen é o novo consumidor?

Esta figura non é do todo nova no márketing, xa que foi acuñada polos futuristas McLuhan e Nevitt en 1972 coa chegada da tecnoloxía electrónica. Neste novo contexto, os dous autores, comprenderon que o consumidor tamén avanzaba, converténdose non só en consumidor senón tamén en produtor.

McLuhan e Nevitt afirmaban que no prosumidor se aúnan tres figuras: o producer (produtor), o profesional e o consumer (consumidor).

O concepto de prosumidor desafía os dogmas defendidos na filosofía empresarial e marketiniana ata agora coñecidos. Na nova economía dixital, os prosumidores xa non son só actores do consumo, senón que se converteron nos actores protagonistas capaces de conquistar o mercado en base ás súas necesidades e desexos.

Consumidor: Con diferentes obxectivos, moi influente.

Produtor: Aparecen novos hábitos de consumo. O consumidor forma parte do proceso de produción elixindo o sabor ou cor dos produtos de diferentes marcas. Ademais, na actualidade existe un novo fenómeno que aos poucos vai estendéndose que é a cultura DIY "Do it yourself" ou o facerllo uno mesmo. Esta é unha cultura moi estendida nos sectores de decoración, abelorios e moda.

Profesional: Non se trata do consumidor de sempre, senón que é experimentado e moi esixente e con maior poder de decisión e influencia. As marcas deben de estar ao servizo deste, ofrecéndolle produtos personalizados nos cales se identifique.

Consumidor VS Prosumidor?

A principal diferenza:

Proactivo: Segundo Víctor Gil (Crossumer and Coolhunting) o prosumidor é o consumidor que vai un paso por diante do resto, porque ?desconfía da comunicación das marcas porque as súas expectativas víronse defraudadas. Así mesmo é difícil de persuadir porque coñece os conceptos e estratexias básicas do márketing e mostra un rol activo no uso da tecnoloxías para validar as mensaxes. Desta forma, o consumidor tradicional deixa de ser un axente pasivo e reactivo para converterse en activo e proactivo.

Capacidade de liderado: Ademais, a súa capacidade de liderado e persuasión son máis activas. Así como o seu nivel de identificación; identifícanse moito coa mensaxe da marca sentido como propio. Teñen un maior poder de decisión e por tanto de influencia con respecto aos demais consumidores.

Informado e escéptico: Este novo consumidor está moi informado, por ter acceso a diversas   ferramentas dixitais, sobre todo, que lle ofrecen información pormenorizada sobre os produtos e servizos do seu interese. Esta sobre información aliméntase de diversas canles: blogues, foros...

Activo en redes: Debido á revolución tecnolóxica, os novos consumidores teñen unha habilidade tecnolóxica que non posuían os consumidores.  Por iso, o novo consumidor é moi activo nas redes sociais, con diversas personalidades dixitais/virtuais dependendo do seu perfil social. O máis importante e que caracteriza ao prosumidor é que comparte información e experiencia á vez que confía na retroalimentación e as recomendacións doutros usuarios, unha vez valorada dita información.

En definitiva, o prosumidor, segundo palabras de Mariam Salzman, cre telo todo ao seu alcance e decide se pagar por un servizo ou non. Rexeita a unidireccionalidade e aposta por agregadores como The Frugal Shopper na cal pode facer compras, buscar en toda a rede un produto que necesita e saber onde o venden.

Con estas novas características do novo consumidor, a estratexia de márketing tívose que adaptar ás esixencias deste:

Márketing en liña: A publicidade traspasou a barreira os anuncios nos medios tradicionais: radio, televisión?pasando a usar as propias redes sociais e as ferramentas que a rede proporciona para adaptarse cada vez máis aos desexos e necesidades dos prosumidores. O obxectivo principal deste novo xiro no márketing é crear comunidade e a consecuencia: engagement. É dicir, non interesa só ter moitos seguidores, senón aqueles que o son, que sexan fieis e "fans" da nosa marca. É facer que os propios consumidores sexan os mellores embaixadores do produto. O que lle fai abrir novas canles de comunicación:

- Novas formas de crear reputación e crear marca: o vídeo-márketing é unha das principais ferramentas que ten como base a plataforma de YouTube.

-Presenza activa: tanto en redes sociais como en foros, directorios utilizando as redes sociais como nova forma de atención aos seus consumidores.

- Abrir canles de comunicación propios diferentes aos existentes ata  agora: páxina web, blogue, revistas (Flipboard), sempre adaptando estes a novos dispositivos móbiles.

As novas tecnoloxías, Internet principalmente, fixeron que naza un novo consumidor máis informado, máis esixente e moito máis activo. Por iso, o márketing tradicional ha tido que adaptarse a novas plataformas; ao mundo 2.0.

Bibliografía:

https://juandomingofarnos.wordpress.com/tag/prosumidores/

http://www.icono14.net/ojs/index.php/icono14/article/view/210

http://queaprendemoshoy.com/%C2%BFque-son-los-prosumidores/