O 78% dos fogares españois está conectado a Internet

Hoxe día 17 de Maio, celébrase o día das Letras Galegas, pero tamén se celebra o día de Internet. O acceso a Internet xa é un dereito que está recoñecido pola ONU e que grazas aos avances dos dispositivos móbiles e tamén os ordenadores, a maioría das persoas deste mundo poden navegar pola rede de Internet.

Hai que admitir que a maioría de nós dependemos moito do móbil. Dende o meu punto de vista penso que o proceso de que se tivera Internet no móbil foi demasiado rápido, pero hai que ter en conta que a propia sociedade nos obriga a ter Internet no noso dispositivo para calquera actividade, traballo, información ou comunicación con outras persoas. Isto fixo que ata a xente maior tivera que chegar a cambiar de dispositivo porque xa non tiña sentido pagar por unha tarifa que non tivera Internet e ademais saíra máis caro que contratando o acceso a esta. Polo tanto, claro que foi un gran avance chegar a ter conexión a Internet xa que nos facilitou a vida en moitos sentidos, pero non credes que ao mesmo tempo fixo que sexamos DEMASIADO dependentes?

Penso que os obxectivos que se tiñan fai 15 anos sobre ter un móbil moderno cambiou, agora ter un móbil moderno é ter un móbil moderno de VERDADE! Antes comprabas un de tapa ou un que tiña unha pantalla diminuta, pero agora ata as pantallas chegan a medir máis de 5”, cunha cámara mellor ca dunha Reflex, e a gama de cores máis impresionante cunha televisión. A este paso credes que o móbil acabará substituíndo á televisión, ordenador, mp3 e mesmo ata tablets?

Canto tempo se lle dedica a andar co móbil/ Internet? De media unhas 3 horas ao día, pero persoalmente e sen esaxerar, penso que a media está  hoxe en día nos xoves de entre 15 a 35 anos, dunhas 7 horas. Igual vos sorprende a cantidade, pero non nos damos conta das cento de veces que miramos o móbil e nos conectamos ás redes sociais.

Así a todo, deséxovos que teñades un feliz Día do Internet!!!

http://www.antena3.com/noticias/tecnologia/el-78-de-los-hogares-espanoles-esta-conectado-a-internet_20160517573b1f866584a80ce7af6d7d.html 

Comentarios

  • Carla Garabal

    Desconocía que hoy fuese el día de internet Nerea! Con respecto al tema que planteas decir que ser DEMASIADO dependientes es poco decir. Hoy en día salimos de casa y como se nos quede el movil sin bateria o no tengamos ocbertura nos agobiamos y no somos capaces de estar tranquilos por si alguien nos llama, nos escribe,...en casa si no tenemos internet creo que ni uso le dariamos a los ordenadores. Mencionar también que la sociedad cambia, cuando hace unos años el tener internet en el movil era lo mas de lo mas, hoy en día aquel que no tienen internet en el movil es un "pringadillo" (en el buen sentido de la palabra), cosa que puede derivar en bullyng y burlas en los colegios. 

    Estoy totalmente de acuerdo con lo que afirmas de cuantas horas nos pasamos al día con el movil. Yo ya no diría nada de jóvenes, hoy en día son a todas las edades, esa dependencia se extendió a menores de 15 y a mayores de 35. 

    Saludos guapa!

  • Maria Saco Cuartero

    Hola Nerea! Comparto contigo a idea de que o acceso a internet evolucionou moi rápido. Facendo referencia á que mencionas sobre o cambio de tarifas, comentarche un caso concreto, miña avoa tiña unha tarifa de so chamadas e cando a quixo cambiar pero sen poñer internet atopouse que saialle moito máis caro ter só a de chamadas que a que ten internet, sendo ela consciente de que non quería internet, pero vendo isto tivo que pensar que facer. E creo que esto xa é demasiado, excesivo porque cada vez somo máis dependentos do móvil.

    A cifra que nos aportas si que é unha locura pero é a realidade, porque son consciente de que a todas horas estamos pendientes do móvil e entrando nas redess sociales, tempo que non estamos aproveitando en realizar actividades máis entretidas.

    Un saludo!

  • Carla Garabal

    Estaba informandome ahora sobre lo que comentais, Nerea y María, y muy pocas compañias ofrecen ya las tarifas de contrato sin internet! Algo que me acaba de dejar super asombrada porque todo el mundo tiene derecho a contratar o no, en función de sus necesidades, dinero,...una cosa u otra. Con todo esto, llegamos a un punto en el que la sociedad y esta nueva era nos domina.