CONECTIVISMO

Ola queridos amig@s de Stellae!

Sendo a que procede unha das miñas últimas entradas e, recompilando algunhas das entradas dos meus compañeiros e compañeiras sobre esta temática,  gustaríame dedicala a traballar un dos últimos temas abordados na clase como é o CONECTIVISMO.

Ao longo dos anos da carreira tivemos a oportunidade de coñecer diferentes teorías da aprendizaxe, o seu período de auxe, principais autores, aportacións e cambios que produciron entre outros. Nas últimas décadas naceu un novo concepto que supuxo a transformación ou modificación das teorías anteriores, o xa coñecido conectivismo (no segundo documento da bibliografía establece a relación que existe entre o conectivismo e as restantes teorías da aprendizaxe).

persoas interconectadas.png

Coa aparición das tecnoloxías, a experiencia de produción de coñecemento vese modificada con esta nova teoría elaborada por George Siemens. Coincide que para que se produza aprendizaxe é necesario que as persoas se encontren conectadas “debido a que non podemos experimentalo todo, as outras persoas convértense nos substitutos do coñecemento”. Neste entorno a aprendizaxe baseada no Conectivismo pode definirse como un proceso que ocorre en varios ambientes os cales non se teñen porque encontrar baixo o control do individuo. Afirma que as decisións fundaméntanse na transformación acelerada dos conceptos, é dicir, que a información se encontra continuamente case obsoleta xa que pode ser substituída por nova información.

humanos+ordenadores+planeta.jpg

O Conectivismo manifesta que a habilidade para aprender o que se necesitará mañá é máis importante que o que se sabe hoxe. Si se necesita ter coñecemento sobre “x” cuestión pero carécese de ese saber, a habilidade para atopar as fontes axeitadas é esencial sendo o acceso ao coñecemento máis importante que o que sabe o suxeito acerca dunha temática.

Segundo o conectivismo existen cinco claves de coñecemento polo que está integrado sendo estes: saber que, saber como, saber ser, saber onde, saber transformar (para máis información consultar o terceiro documento da bibliografía).

imaxe resume textos.jpg

Chegados a este punto, é preciso suxerir se esta nova teoría deberíase ter máis presente nas aulas dos actuais centros de ensinanza e universidades e, por algunha vez, non ter que actuar de maneira de reparación, de intervención, introducindo as técnicas desta nova teoría cando xa a meirande parte dos países as utilicen, tendo a capacidade de adiantarnos aos acontecementos, de ser pioneiros traballando de xeito preventivo ou precursor.

Considerades que o Conectivismo é a teoría definitiva que conquistará a educación do futuro?

 

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

SIEMENS, G (2004). Conectivismo: una teoría de aprendizaje para la era digital. Elearnspace Recuperado de http://www.fce.ues.edu.sv/uploads/pdf/siemens-2004-conectivismo.pdf

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, A.J & MOLERO DE MARTÍNS, D.M (2009). Conectivismo como gestión del conocimiento. (Ensayo). Universidad Privada Dr. Rafael Belloso Chacín. Venezuela.

CRISTIAN LADAGA, S.A. & MAGALLANES UDOVICICH, M. L. (2013). Saber conectar: dilemas profesionales en entornos digitales. Una (re)visión desde el conectivismo. VI encuentro panamericano de comunicación. Universidad de Córdoba. Argentina. Recuperado de http://www.eci.unc.edu.ar/archivos/companam/ponencias/Escenarios%20digitales/-Unlicensed-EscenariosDigitales.Ladaga.pdf

 

Comentarios

  • Jesús López

    Boa tarde Araceli

    Non sei se será a teoría definitiva, pero si creo que é a máis axeitada á realidade actual. Coma ti ben expresas a través da túa entrada, a día de hoxe é máis importante a habilidade para saber o que se necesitará mañá que o que se sabe hoxe. Así pois, moi axeitada a terceira imaxe que utilizache, onde podemos ver os distintos saberes unidos por tuberías que rematan no saber onde e que di: "Lo que importa es la tubería, no sólo el contenido".

    Por outra banda, a pesares de que eu tamén penso así, como se pode ver nas miñas públicacións, creo que tampouco nos debemos olvidar dos contidos, pois unha tubería que non leva nada non ten razón de ser algunha.

    De todos xeitos, estamos moi lonxe aínda de quitarlle a hexemonía aos contidos, coma para formular a posibilidade de chegar a ese extremo... non cres?

    Un saúdo!

  • ...

    Boas tardes Jesús! Grazas pola túa aportación.

    Realmente considero que si, que estamos moi lonxe aínda de esta nova teoría. A pesares de que cada vez intentamos dar máis énfase aos contidos procedimentais ou actitudinais, os conceptuais seguen dominando as aulas e metodoloxías de ensinanza.

    Todos os cambios sociais prodúcense de maneira paulatina, polo que si se está orixinando algunha variación, estas melloras tardarán aínda varios anos en facerse visibles. Esperemos non quedar estancados e como ben dis ti nos adaptemos á realidade actual xa que, como ben dicía Darwin, as especies mellor adaptadas ao medio son as que teñen máis posibilidade de sobrevivir, neste caso, os individuos que se adapten ás circunstancias presentes non é que teñan máis posibilidade de sobrevivir, se non que serán máis aptos, estarán máis capacitados tendo máis posibilidades de acadar o “éxito” na vida.

    Un saúdo! :)