Estamos seguros na rede?

Para moitos, esta será unha pregunta “tonta” cunha resposta “obvia” pero, para outros non tanto, xa que hai xente, a día de hoxe, que segue pensando na totalidade de seguridade en internet a pesar de todos os avisos que recibimos a diario.

Nun descanso do meu estudo, decidín botarlle unha ollada ás noticias de internet e atopeime cunha noticia actual que precisamente fala da falta desta seguridade.

Todos coñecemos o sitio web denominado “LikedIn”, unha web destinada a negocios que foi fundada por Reid Hoffman, Allen Blue, Konstantin Guericke, Eric Ly e Jean-Luc Vaillant en decembro de 2002 e lanzada en maio de 2003.

Pois no día de hoxe, un hacker puxo á venda en internet os datos de máis de 177 millóns de usuarios desta rede social que foron roubados no ano 2012. Como remedio a isto, LinkedIn comezou a invalidar os contrasinais creados antes de 2012 e dará a coñecer a cada usuario individualmente que necesitan cambiar o seu contrasinal.

Isto non é un caso illado xa que xa pasou en outras redes sociais anteriormente, como por exemplo en Facebook, filtrándose información persoal de moitos usuarios.

A filtración de información persoal en internet é un tema moi actual que non debemos deixar pasar de largo. Está claro que temos redes sociais porque é algo que “precisamos” hoxe en día xa sexa para estar á “moda”, para comunicarnos con outras persoas, para atopar traballo como no caso de LinkedIn, etc, pero, somos conscientes dos datos que aportamos a internet? A miña resposta a isto é un NON. Non nos decatamos de todo o que poden saber de nós mediante unha rede social, dende o que nos gusta comer ata o que odiamos facer.

Un dos motivos que nos leva ao descoñecemento da sociedade sobre a seguridade en internet é a falta de información aportada sobre o tema. Nas clases pasadas e nunha das miñas entradas anteriores tratouse o tema das políticas educativas, o que considero que son a clave fundamental para levar á sociedade a un coñecementos do que a rodea en todos os ámbitos de internet.

 

Bibliografía:

La Voz de Galicia. (19 de maio de 2016). LinkedIn pide a sus usuarios que cambien su contraseña tras un gran pirateo. Recuperado de http://www.lavozdegalicia.es/noticia/tecnologia/2016/05/19/linkedin-pide-usuarios-cambien-contrasena-tras-gran-pirateo/00031463672806498651362.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbgen

LinkedIn, (s.f.). En Wikipedia. Recuperado o 19 de maio de 2016 de: https://es.wikipedia.org/wiki/LinkedIn

 

Comentarios

  • Lorena Resua

    Boas tardes María! Estou totalmente de acordo contigo, nunha das miñas últimas entradas tamén trataba o tema da identidade dixital, e realmente é certo, ainda que sabemos que hai cousas que non podemos controlar en internet usámolo igual sin medo, e sin pensar que debemos ter coidado coa información que poñemos e mostramos por internet. Efectivamente como ben dis, as políticas educativas son a solución ante estes problemas de risco persoal.

    Un Saudo!

  • Ruben-Lopez

    Ola María!

    A verdade e que noticias como esta están saíndo continuamente nos medios de comunicacións, posto só hai unhas semanas tratabase dunha filtración en de información de diferentes plataformas de correos electrónicos, e agora isto, considero que é fundamental formar a tódolos usuarios da rede destes riscos de seguridade para que sexan conscientes dos mesmos.

    Persoalmente penso que con estas filtracións pretendese deixar en evidencia a estas plataformas.

    Un saúdo

  • Borja

    Bos días! Pois para comezar o día non me parece mal tema para falar. Obviamente, sobre todo a xente máis xoven, de entre 16 e 18 anos, empregan toda clase de redes sociais como medio de ocio, coa idea de dar a coñecer da súa actualidade sen ningún tipo de control descoñecendo as consecuencias que poden atraer. Falando das nosas xeracións ben sabemos disto, usábamos a Tuenti dunha maneira e agora empregamos o Facebook coidando máis a nosa imaxe e controlando os contidos e fotografías publicadas.

    As redes como Linkedln esixen ter unha responsabilidade á hora de dar a coñecer aspectos persoais, a día de hoxe valoran moito a personalidade á hora de buscar traballadores, querendo saber o contexto que rodeou aos diferentes suxeitos ao longo da súa formación persoal, da súa fase académica e universitaria. Anos atrás, a situación non era a mesma, ao existir máis posibilidades de traballo ca no día de hoxe e ter case sempre unha dirección que coller á hora de solicitar traballo.

    Centrándome xa no tema da seguridade, pois a verdade que a medida que foi crecendo o emprego da tecnoloxía e foi tendo máis impacto na nosa sociedade, debería seguir por un camiño paralelo unha campaña de prevención acerca do perigo do abusar constantemente de Internet, no cal non debemos publicar calquer tipo de información e debemos de formar unha imaxe dixital digna ao trtarse de fontes e redes públicas, aínda que cabe lembrar que existe a posibilidade de privacidade dentro de cada rede. Este tema debe tratarse en profundidade tamén nalgunha que outra titoría escolar axudando a concienciar ás xeracións futuras. Existe, por tanto, na miña opinión un desequilibrio entre realidade e prevención, indo cada unha das dúas ramas por camiños opostos.

    Un saúdo