Das teorías...á practica!

 

Boa noite compañeirxs!

Fai catro días, rematei o meu último blog do seguinte xeito Utilizar TICs non supón irremediablemente utilizar outras formas de aprendizaxe, senón que estas poden seguir sendo tan conductistas ou constructivistas coma sempre. Entón, hai distintos tipos de software cos que poidamos conseguirmos unha ou outra aprendizaxe?

A resposta é si. Como vimos na expositiva, e como reflectín nun dos meus chíos etiquetados coma ·#IdeaClave , detrás de todo software educativo hai unha profunda reflexión de como se aprende, como se ensina, que estratexias e que contidos. Ao fin, trátase dun conxunto de programas de cómputo, procedemento, regras, documentación e datos asociados que forman parte das operacións dun sistema de computación. Amais, podemos clasificalos segundo estrutura, función, tipos…

Non obstante, nesa profunda reflexión de cómo se aprende e se ensina, así como as estratexias elixidas para conseguilo desenvolven un papel destacado as distintas teorías da aprendizaxe. Dúas delas vímolas na clase interactiva a través de dous exemplos. Por un lado, dúas páxinas web de recursos educativos abertos (REA) online que segundo nos informou o profesor, son moi utilizados e teñen gran aceptación por parte dun bo número de docentes. Nelas, puidemos observar multitude de actividades tradicionais (unir, completar) pero en vez de estaren nun soporte físico, nun dixital.

Por outro lado, ensinounos e puidemos experimentar con Etoys, que se trata dunha contorna multimedia e un sistema de programación visual. A través do mesmo, puidemos experimentar a utilidade desta ferramenta educativa que permite aprender aos nenos e nenas a partir das súas ideas, construíndo, xogando e traballando multitude de contidos transversais, así como competencias coma a toma de decisións, a autonomía ou a capacidade de reflexión. Ademais, puidemos comprobar mediante algunha testemuña de nenos e nenas que traballaron con Etoys, que o enfoque deste tipo de ensinanza está centrado no alumno e, en moitos casos, existe unha estreita relación coa ensinanza por proxectos.

Entón, que teorías da aprendizaxe se atopan detrás destes distintos tipos de ensinanza?

Conductismo: Establece que a aprendizaxe é un cambio na forma do comportamento en función dos cambios do entorno, e no que a aprendizaxe é o resultado da asociación de estímulos e respostas. O alumno conductista é un ente pasivo no proceso de ensinanza-aprendizaxe, que realiza tarefas nas que o comportamento do mesmo poida ser observado, medido e avaliado (Javier, 2013). Este sería o caso das webs citadas con anterioridade. Así pois, baixo a opinión fundamentada na súa propia experiencia, o profesor afirmou que o 99% das actividades que se realizan no tempo escolar, atópanse baixo a influenza desta teoría.

Constructivismo: Nesta teoría a aprendizaxe é en esencia activa. Non é pasiva nin obxectiva, posto que cando as persoas aprenden algo novo, incorpórano as súas experiencias previas e aos seus esquemas mentais, polo que cada persoa fai da súa aprendizaxe unha experiencia persoal. Esta teoría busca promover os procesos de crecemento do alumno na contorna á que pertence, por iso a participación é tan importante, así como as percepcións, pensamentos e emocións do alumno e  mailo profesor nos intercambios que se dan durante a aprendizaxe (Javier, 2013). Dita teoría estaría detrás da actividade que realizamos no Etoy e coa cal buscaríamos acadar os obxectivos citados anteriormente.

Coma ben sabemos, existen moitas outras teorías e incluso distintas correntes dentro das dúas aquí presentadas. Sen embargo, como poden manterse ao longo dos anos e a pesares dos cambios educativos ocorridos nos últimos tempos?

Fai anos, Siemens acuñou un novo termo, o conectivismo. Unha nova teoría que parte da idea de que o coñecemento se basa no desexo de aprender, nas interaccións entre persoas e ou máquinas, o establecemento de redes de conexións, a actualización continua da información e a toma de decisións axeitadas sobre que aprender ou reaprender en cada momento. Para o autor, as teorías que definín con anterioridade, estiveron presentes nas primeiras etapas de desenvolvemento da tecnoloxía, polo que, na medida en que a tecnoloxía está revolucionando o noso xeito de comunicarnos, de aprender ou de vivir, necesítanse propostas que se axeiten aos novos escenarios da sociedade actual. Para él, tanto conductismo coma constructivismo sitúan o foco no que ocorre dentro da persoa. No caso do conectivismo o foco sitúase fóra. Ao fin, o conectivismo, en certo modo, é unha evolución do constructivismo cando a aprendizaxe ten lugar en ambientes moi conectados (Siemens, 2004).

Na miña opinión e, como xa reflectín en anteriores blogs, a concepción que hoxe en día temos da aprendizaxe é moi distinta a que imperaba na sociedade post industrial, onde evolucionamos dunha concepción de aprendizaxe coma memorización, á aprendizaxe coma conexión, mestura e reestruturación da información. O alumno xa non desempeña un papel pasivo e a aprendizaxe xa non só se apoia en fontes autorizadas, tamén na intelixencia colectiva, polo que o conectivismo pode ser unha teoría moi axeitada para os tempos actuais. Que pensades vos?

Na opinión de (Cejudo & Almenara, 2015) unha única teoría para explicar como se produce a aprendizaxe, nos tempos que corren, pode ser síntoma dunha perspectiva simplista. Cambia algo isto a vosa resposta anterior?

 

 

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Cejudo, M. D. C. L., & Almenara, J. C. (2015). Tecnologías de la Información y la Comunicación (TIC): escenarios formativos y teorías del aprendizaje. Revista Lasallista de Investigación,12(2). [Consulta: 20/05/2016] En: http://repository.lasallista.edu.co/dspace/bitstream/10567/1390/1/186-193.pdf

Javier, V. A. F. (2013). Teorías educativas y su relación con las tecnologías de la información y de la comunicación (TIC).UNAM. Congreso Internacional de Contaduría Administración e Informática. [Consulta: 20/05/2016] En: http://congreso.investiga.fca.unam.mx/docs/xvii/docs/L13.pdf

Siemens, G. (2004). Conectivismo: Una teoría de aprendizaje para la era digital. [Consulta: 20/05/2016] En: http://www.fce.ues.edu.sv/uploads/pdf/siemens-2004-conectivismo.pdf

Comentarios

  • Leti Carrera

    Hola Jesús.

    Respecto a tu post, considero que lo más importante es el enfoque social que cada uno tiene, que la necesidad de interactuar del ser humano le genera conocimiento nuevo. Es fundamental que el ser humano construya su propio aprendizaje aprovechando todas las ventajas que otras herramientas proporcionan para fortalecer y enriquecer ese aprendizaje. Estas herramientas de las que hablo, las podemos encontrar en la era conectivista porque básicamente es nuestra época actual.

    Todos tenemos algo de cada una de las corrientes que comentas, pero debemos encaminarnos más hacia la era de las nuevas tecnológicas donde el conectivismo es quién manda sobre las demás teorías de aprendizaje.

    Un saludo.

  • Laura

    Buenos días Jesús!!

    Pienso que has realizado una reflexión muy acertada sobre las dos últimos clases de la materia, englobando y relacionando de forma adecuada los conceptos tratados. Por otro lado, comparto en gran medida con mi compañera Leticia, que algo muy importante para nosotros/as es el enfoque social puesto que gracias a las relaciones e interacciones aprendemos nuevos conocimientos de forma más dinámica y gracias a las nuevas tecnologías tenemos muchos recursos a nuestro alcance para poder aprender por nuestra cuenta y enriquicernos cada día. Nos encontramos en la era del conectivismo, una época de innovaciones que deberíamos aprovechar para fortalecer la creación de nuestros propios conocimientos.

    Un saludo

  • Adán Acevedo García

    Bos días!

    Estou totalmente de acordo co exposto no último parágrafo, a sociedade cambiou moito e nos seguimos empregando o mesmo sistema para "educar". O peor de todo non é isto, o máis preocupante é que somos conscientes disto e  gran parte do colectivo educativo adoptou unha posición pasiva  e cómoda dende a que simplemente se limitan a facer o que sempre se fixo sabendo que   non é  o xeito máis óptimo de traballar.

    Esperemos que as novas xeracións de profesionáis da educación non nos sumemos a esta parte de profesionáis "inactivos" e cómodos,  dende o meu punto de vista será a única forma de conseguir cambiar a metodoloxía actual.

  • Jesús López

    Moitas grazas pola lectura e polas vosas aportacións, Leti, Laura e Adán, é un pracer.

    Por outro lado, estou con Adán en que non debemos caer no erro de sumarnos a ese grupo de profesionais da educación inactivos e cómodos e, ben seguro, que Leti e Laura tampouco o farán. A educación esixe un grao de responsabilidade enorme, tanto pola súa proxección coma pola súa propia natureza. O profesional sen vocación ou de "vocación cansa" fraco favor se fai a él, a educación e a nós. Coa base non se xoga.

     

    Un saúdo ;-)