Creative Commons

Boas tardes, Stellaers!

REA. Que significan estas siglas? Foi un concepto que tratamos na clase de Tecnoloxía Educativa, lembradesvos?

Estas siglas significan “Recursos Educativos Abertos”, é unha iniciativa que xorde a partir do ano 2002, no primeiro foro mundial sobre recursos educativos de libre acceso, organizado pola UNESCO. Esta organización internacional sostén que o acceso universal á educación de gran calidade é esencial para a construción da paz, o desenvolvemento sostible da sociedade, a economía e o diálogo intercultural. Deste xeito, estes recursos proporcionan a oportunidade de mellorar a calidade da educación xa que son documentos ou material multimedia con fins relacionados coa educación (ensinanza, o aprendizaxe, a avaliación e a investigación ) cuxa principal característica é que son de acceso libre e polo xeral baixo licencia aberta, ligados cos dereitos de propiedade intelectual (moi relacionado cos contidos de coyright e o copyleft). Sen embargo, opcións de licencia mais flexibles aparecen coa labor de Creative Commons.

En xeral, os REA son tipos de recursos que teñen unha gran potencialidade no ámbito educativo: permiten a revisión e adaptación dos recursos educativos para proporcionar un mellor axuste ao entorno educativo logrando un maior nivel de colaboración e interación; reduce custos dos materiais de aprendizaxe, especialmente os de alta calidade; rompe fronteiras, facilitando a distribución do coñecemento de alta calidade; estimula a innovación; facilita que os recursos educativos estean dispoñibles mais aló dun lugar/tempo determinados, permitindo o aprendizaxe personalizado e adaptado ao ritmo de cada suxeito. Ademais, existen varios tipos de Recursos Educativos Abertos como os libros e revistas de acceso directo, as ferramentas se software aberto, repositorios de obxectos de aprendizaxe e Open Course Ware.

creative commons.png

En particular, Creative Commons é unha organización sen ánimo de lucro. A licencia Creative Commons, cuxas siglas son “CC” está ao frente do movemento copyleft, como se menciona anteriormente, e ten como obxectivos axudar á construción dun dominio público mais rico en coñecemento, proporcionando unha alternativa ao copyright. A idea principal que se atopa detrás destas licencias é posibilitar un modelo legal axudado por ferramentas informáticas, mais todas estas licencias permiten distribuir a obra con fins non comerciais e sen modificacións.

Críticos como Giles Moss sosteñen que a fundación de Creative Commons non é o mecanismo axeitado para crear bens comúns de contido orixinal. Ademáis, tamén se critica que catro das seis licencias non son nin libres nin abertas polas restriccións que impoñen para a súa utilización.


Vidal Ledo, M. J., Alfonso Sánchez, I., Zacca González, G., & Martínez Hernández, G. (2013). Recursos educativos abiertos. Educación Médica Superior, 27(3), 307-320.

Moss, Giles (2005). «On the Creative Commons: A Critique of the Commons Without Commonality». Free Software Magazine

https://es.wikipedia.org/wiki/Creative_Commons