O antes e o despois do meu portafolios.

Bos dias a todos!!!

Hoxe quería reflexionar acerca do antes e o despois da primeira avaliación do meu portafolios. Antes de que remate o curso gustaríame dicir que dende o meu punto de vista as miñas publicacións sufriron e experimentaron un gran cambio.

En primeiro lugar, aos inicios da materia as miñas publicacións eran moi esporádicas e sen relación algunha cos contidos da materia, publicaba sobre calquera tema que atopaba en internet e  que podía ser de interese sen abordar os contidos tratados nas expositivas ou interactivas. Actualmente trato contidos relacionados coa materia, en base ao que damos na clase, escollo un aspecto que me resulta interesante e profundizo nel.

En segundo lugar, as miñas referencias bibliográficas eran practiamente inexistentes. Rara vez citaba as fontes empregadas, pese a que consultara algunha páxina para enriquecer as miñas publicacións. Pode ser quizais porque non o encontrara moi importante nun inicio. Agora sen embargo, procuro citar todas as fontes empregadas aplicando as normas APA correspondentes. Ademáis de referenciar aquelas publicacións que non referenciei nun inicio.

Mencionar tamén o cambio nas fontes que empregaba nos inicios das miñas publicacións e as que emprego agora. Cando comecei limitábame a realizar unha busqueda ordinaria en google e clicar en calquera web que me ofrecese algo de información acerca do que buscaba, sen pararme a reflexionar demasiado na fiabilidade do enderezo. A estas alturas da materia, só escollo información de periódicos, revistas electrónicas, monográficos etc.

Penso que a maioría dos que publicamos en Stellae, ao comezo, non tivemos demasiado en conta a Rúbrica ca que se nos ía avaliar, senon que lanzabamos publicacións sen máis e sen moita conexión unhas de outras. Polo menos no meu caso.

Conto con que este cambio e evolución que experimentei nas miñas entradas sexa tido en conta á hora de realizar unha avaliación final do meu traballo.