Eskola 2.0

Ola a todos e a todas!!

Na interactiva do 26 de abril de Tecnoloxía educativa, lanzáronos unha nova proposta de traballo. Consistía en analizar os proxectos de integración das tecnoloxías na aula en diferentes Comunidades Autónomas. Entre as Comunidades propostas atopábanse entre outras: Madrid, Cataluña, Valencia, País Vasco etc.

Dividímonos en grupos de 4 persoas para traballar dita actividade e escoller a Comunidade Autónoma. Decidimos centrarnos no País Vasco e no programa  Eskola 2.0.

Dito programa supuxo un gran cambio na introducción das novas TIC nos espazos educativos deste territorio. A incorporación ao mencionado programa por parte do Páis Vasco supuxo sobre todo a completa dixitalización de aulas a partir dos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de educación secundaria, pero tamén conlevou a formación necesaria do profesorado en novas tecnoloxías e a elaboración de contidos multimedia.

En relación a isto atopei un vídeo onde aparece a inaguración do programa ESKOLA 2.0, déixovos o enderezo por se queredes visualizalo: http://www.irekia.euskadi.eus/es/news/1380-presentacion-del-programa-eskola

 

Dito isto, deixovos o Power Point da actividade que nos foi encomendada coa principal información do proxecto que analizamos, elaborado polo noso grupo: Karina Freitas Ribeiro, Sara Araújo Macía, Aída García Balboa e Rocío Domínguez Domínguez.

Eskola 2.pptx

Un saúdo.

____________________________________________________________________________________________

Referencias Bibliográficas.