Dinámica de aula para concienciar dun uso seguro da rede.

Ola stellares!!

Como recordaredes na expositiva do 19 de abril de Identidade Dixital, hai unhas cantas semanas (a cal xa comentei en canto a temática) déronnos a opción de realizar unha dinámica ou actividade dirixida a adolescentes para conciencialos nun uso responsable de internet.

Ata hoxe non se me ocurrira ningunha actividade nin atopara ningún material co que traballar asi que non o reflexei no blog, pero hoxe atopeime cun vídeo na canle de You Tube de "Pantallas Amigas" co que penso que sería interesante traballar. Así que ahí vai a miña proposta!

Obxectivos:

  • Concienciar á poboación adolescente sobre os riscos que pode ter un mal uso de internet ou das redes sociais.
  • Fomentar o respecto polo resto de usuarios das redes sociais e internet.
  • Desenvolver no alumnado co que se traballe hábitos responsables para empregar na rede.
  • Crear conciencia da importancia e responsabilidade que conleva participar en internet.
  • Fomentar o debate e o intercambio de opinións na aula.

Poboación á que vai dirixida:

  • Xóvenes con idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos, dado que é a poboación máis vulnerable e activa en internet e en redes sociais.

Recursos:

  • Un proxector.
  • Conexión a Internet
  • Folios

Duración:

  • 50 minutos aproximadamente

Descripción.

En primeiro lugar proxectaráse o vídeo de "Pantallas Amigas" titulado: "Recomendaciones para el Uso Seguro de Internet y las Redes Sociales" Unha vez visualizado cada alumno e alumna collerá un folio e  responderá individualmente ás seguintes preguntas:

  1. Mantedes os vosos dispositivos con conexión á rede seguros fronte softwares maliciosos?
  2. Que clase de datos persoais tedes publicados na rede? Podería perxudicaros algunha da información que subides á rede?
  3. Algunha vez participastes nun conflito a través das redes sociais?
  4. Que tipo de configuración de privacidade tendes nos vosos perfís sociais? Algunha vez lle destes a vosa clave a alguén?
  5. Coñecedes os riscos que pode ter a utilización da web cam?
  6. Contrastades toda a información que recibides por internet?
  7. Coñecedes a todas as persoas que tendes agregadas nas redes sociais e/ou todas aquelas personas coas que falades por internet?
  8. Algunha vez concertastes unha cita con alguén que só coñecíades por internet? Coñecedes a alguén que o fixese? Pensades que é seguro?

Tras deixar uns minutos para que contesten realizaráse unha posta en común e un debate entre o alumnado en función das diferentes respostas.

Unha vez intercambiadas as diferentes opinións entre o alumnado, faránse grupos de 4 integrantes cada un. Pediráselle a cada grupo que pensen 3 medidas para mellorar a seguridade en rede e que as escriban para posteriormente volvelas a poñer en común. A clase elixirá a través de votación as 3 medidas que consideren mellores. 

 

Espero que vos gustase a actividade que propuxen, déixovos aquí o vídeo que menciono na actividade:

Un saúdo!

 

 

 

 

 

 

Comentarios

  • Alba Neira Pasarín

    Ola Rocio!

    Paréceme unha proposta moi interesante facendo reflexionar aos propios destinatarios mediante un video e preguntas posteriores. Entre Ariana e máis eu, tamén realizamos un pequeno proxecto e empregamos un video de Pantallas Amiga. A verdade é que é unha páxina con contidos moi utiles que os podemos empregar como futuras pedagogas.

  • Natalia

    Buenas tardes Rocío! Yo también elaboré una pequeña propuesta sobre esta temática, la cual dejé reflejada en mi blog. Me parece, al igual que anotó Alba, una propuesta muy interesante, pues los destinatarios no sólo van a tener que contestar a las preguntas planteadas, sino que también van a ejercer un papel activo a la hora de apuntar esas medidas. Sin embargo, creo que puede ser una propuesta adecuada para adolscentes pero quizás no tanto para alumnos de primaria, pues tenemos que tener en cuenta que las redes sociales y los peligros que éstas conllevan son utilizadas cada vez en personas con edades cada vez más tempranas. 

    Un saludo :)