Recursos educativos e licenzas abertas nos REA

Ola a todos e a todas!!

A clase expositiva do 3 de maio comezaba da seguinte forma: presentáronnos unha mazá real e dixéronnos que pensaramos como a poderíamos empregar a modo de recurso educativo.

En grupos de 3 persoas deberiamos anotar as diferentes propostas que se nos ocorrían. No meu grupo en concreto ocorréronsenos tres:

  • Utilizar a mazá como recurso educativo en ciencias naturais: Explicar a través dela as partes dunha froita.
  • Utilizar a mazá como recurso en debuxo técnico, puidendo utilizala como modelo para realizar perspectivas e vistas dun debuxo.
  • Utilizar a mazá en matemáticas. Ensinando así sumas, restas, fraccións... mediante a partición da mazá en anacos máis pequenos.

Con todo isto queríamos chegar á conclusión de que un recurso educativo pode ser calquera ferrramenta, instrumento ou material que desempeñe un papel útil nun proceso educativo; puidendo ser este tan simple como unha mazá.

Dende  este punto de vista podemos entender que os Softwares tamén poderían ser empregados como recursos educativos. Segundo a Real Academia Española RAE (2016) o termo Software podería ser definido do seguinte modo: "Conjunto de programas, instrucciones y reglas informáticas para ejecutar ciertas tareas en una computadora"

Co dito anteriormente non é dificl entón que existan Softwares educativos, Marqués (1996) definíaos do seguinte modo:

Un programa para ordenador creado con el fin de ser utilizados como medio didáctico, que pretende imitar la labor tutorial que realizan los profesores y presentan modelos de representación del conocimiento en consonancia con los procesos cognitivos que desarrollan los alumnos.

 A clasificación dfeste tipo de softwares da lugar a diferentes tipos, encadrandoos en: formativos directivos, simuladores e constructores ou talleres creativos.

Pero o que me resultou máis interesante da sesión foi o concepto de: Recursos Educativos Abertos. Estes poden ser definidos como: "Cualquier recurso educativo (...) que esté plenamente disponible para ser usado por educadores y estudiantes, sin que haya necesidad de pagar regalías o derechos de licencia." (Butcher, 2015).

O aspecto que espertou a miña atención de dita definición é o que se refire a que non posúa fins lucrativos no refrente aos seus dereitos de licenza, e xusto por chamar a miña atención quixen afondar un pouco no tema.

Podemos dicir que é neste punto onde reside principalmente a diferenza entre os Recursos Educativos Abertos e calquera outro tipo de recurso educativo. Sen embargo non deberiamos de caer no erro de pensar  que os termos "licenza aberta" refirénse a que estes contidos se atopen baixo o dominio público ou ben que o seu autor renuncie aos dereitos que ten sobre os mesmos. Máis ben o contrario, os REA contan cun amplo marco legal que se encarga de regular o seu funcionamento e licenzamento. Moitos destes recursos permiten tan só que se realicen copias dos mesmos, outros pola súa parte establecen unhas pautas normativas que regulan as adaptacións que deben realizar os usuarios que empreguen ditos recursos.

Un dos marcos legais máis coñecidos de regulación de propiedade intelectual é o Creative Comons (xa visto en clase) e que se encarga de regular os REA mediante un modelo de licenzas abertas. Isto pode chegar a garantir que o autor dun determinado material ou contido sexa recoñecido como tal, que o seu material non sexa empregado con fins comerciais ou incluso que non se realicen modificacións do mesmo.

Pero por outra banda este modelo de licenzas abertas, dirixido fundamentalmente a obras dixitais, permiten que se exclúan certas restriccións que xorden dos dereitos de autor, permitindo  que este material sexa compartido facendo que estas licenzas sexan de fácil utilización.

Con todo, isto non quere dicir que se estea "regalando" a propiedade intelectual nin moito menos, se non que ao empregar unha licenza aberta para compartir un material ou contido, dita licenza asegura que o autor orixinal siga mantendo o seu recoñecemento; é mais, isto reduce as probabilidades de plaxio ao ser as obras de fácil acceso para poder detectalo.

Os materiais  que se poden englobar dentro dos REA, segundo vimos na sesión expositiva, poden ser moi diversos, incuíndo cursos , libros de texto, bases de datos, artigos de investigación, software, vídeos etc que contribúen aos procesos de ensino- aprendizaxe e permiten a súa reutilización, redistribución, mestura e revisión.

En definitiva tal e como vimos na clase os REA permítennos, entre outras opcións, compartir o coñecemento, mellorar a calidade dos recursos e promover a innovación sobre todo no campo do ensino.

______________________________________________________________________________________________________

Referencias bibliográficas:

 

 

 

Comentarios

  • Vanesa

    Hola Rocío! Desde que descubrí este término me pareció muy interesante, estamos hablando de multitud de recursos educativos que como profesionales de la educación podemos utilizar. Me parece que son de gran utilidad pero que no son suficientemente conocidos por los profesionales de la educación, en nuestro caso es la primera vez en tres años de carrera que hemos oído hablar de ello. Como bien dices nos ayudan a compartir conocimientos y mejorar la calidad de los recursos y justamente por eso, debemos emplearlos y darlos a conocer.