StoryBoard

Ola a todos e a todas!!

Con motivo de haber estado moi atareada co estudo de outras materias e traballos deixei isto un pouco abandonado, asi que subirei hoxe o StoryBoard que elaboramos no meu grupo antes de realizar o vídeo que se nos encomendou. Para deixar total cosntancia das tareas realizadas e do proceso de aprendizaxe creo que é preciso reflectir tamén esta tarefa.

O tema que escollemos para o vídeo foi: Ética e valores da competencia dixital. No noso Story Board deixamos reflectidos os diálogos, onde se realizou cada escena, audio dos créditos, duración.... e ao final engadimos unha explicación para interpretar mellor a historia que se conta a través das viñetas.

A ferramenta que empregamos para elaboralo foi o seguinte enderezo: https://www.storyboardthat.com/storyboard-creator .  Esta ferramenta ofrece uns usos moi sinxelos ademáis de non precisar rexitrarse para a súa utilización ou ser gratuito no noso caso.

Déixovos aquí aqui en formato PDF. As compañeiras coas que o realicei foron: Sara Araújo Macía, Karina Freitas Ribeiro e Aída García Balboa.

Un saúdo

Storyboard1.pdf