Recursos educativos, software e teorías da aprendizaxe

Boas tarde stellaers, en relación ao falado nas clases expositiva e interactiva do 3 de abril sobre software e recursos educativos, gustaríame compartir convosco a seguinte entrada.

Comezamos a clase do 3 de abril dunha forma inusual, a través dunha pregunta un tanto curiosa por parte de Adriana: “Que faríamos cunha mazá nunha clase para ensinar algún tipo de contido?” Desta pregunta saíron unha gran cantidade de actividades, de todos os ámbitos; dende as matemáticas, á historia ou ás ciencias naturais entre outras.  É curioso ver como unha simple mazá pode dar pé a tantas actividades, simplemente é cuestión de pensar e adaptar o recurso á situación. A raíz desta actividade puidémonos dar conta da gran cantidade de recursos educativos que pode haber, só é cuestión de adaptar o recurso a situación e o tipo de contido que queremos transmitir. Pero nesta entrada voume centrar, especialmente, nos software como recursos educativos.

Primeiramente, vou comezar dando unha breve explicación do que se pode entender por “recurso educativo”. Un recurso educativo é todo aquel medio empregado para ensinar, complementar, apoiar, avaliar, etc., un proceso de ensino – aprendizaxe. As funcións que cumpre son variadas, podendo ir dende proporcionar información, servir de guía para os aprendizaxes, exercitar e desenvolver habilidades,  motivar, avaliar, etc. (Conde, 2006).

Centrándonos agora xa no ámbito tecnolóxico, podémonos atopar cun gran número de software no mundo educativo.  Un software pódese definir como a parte dixital dun ordenador; un conxunto de programas, instrucións, regras, procedementos, etc., para executar tarefas específicas nun computador (RAE, 2016).

No ámbito educativo pódense atopar unha gran cantidade de software, os cales se poden clasificar en función da estrutura , da función que cumpran, da linguaxe, ou o soporte que utilicen.

Na clase interactiva dese mesmo día, estivemos traballando con tres software educativos distintos, baseados en dúas teorías da aprendizaxe diferentes; centrándonos nos tres nas unidades de medición de tempo.

O primeiro co que traballos foi o programa “Etoys”, que é unha ferramenta informática que permite ao usuario crear el mesmo obxectos. Nos estivemos traballando na creación dun reloxo (creación do reloxo na súa totalidade e facer que este funcionase). A través desta ferramenta os usuarios poden desenvolver unha serie de competencias: fomenta a creatividade, a imaxinación e a autonomía; axuda na exploración e comprensión do mundo natural e social; reforza a competencia matemática, a linguaxe, a comunicación e a resolución de problemas, etc. Este software esta baseado claramente no construtivismo, o neno aprende creando, construíndo  e experimentando por si só; é dicir, aprende facendo. No noso caso particular tivemos que relacionar aspectos teóricos ( conversión de unidades de tempo) e levalos a práctica, para conseguir que o noso reloxo funcionase como un de verdade.

Na miña opinión, é unha forma eficaz e motivadora de aprender; que rompe totalmente coa aprendizaxe tradicional.

Os outros software que traballamos na clase e que se nos mandou comparar con etoys,  fan referencia a unha páxina web dun colexio e a un portal educativo.  Ambos incorporan diversas actividades para traballar, neste caso as unidades de tempo, tales como: relacionar distintas horas co reloxo correspondente, poñer no reloxo a hora que se indica, problemas sinxelos de lóxica relacionados cosas unidades de tempo, días que teñen os meses, etc. Estas son actividades baseadas no condutivismo, os alumnos cínxense as indicacións que se mostran nos exercicios para a realización das actividades.  Non constrúen nada por si sos, simplemente seguen os pasos que xa están coidadosamente marcados nos mesmos. Patexáselles unha situación e eles deben encontrar a resposta a partir dunha serie de estímulos presentados na pantalla.

Dende o meu punto de vista, estas son actividades moito menos motivadoras e eficaces ca anterior; xa que basicamente nestas últimas se traslada un pouco as actividades propias dos libros de textos ao mundo dixital; pero non se está innovando realmente no método de ensinanza, simplemente se esta cambiando o medio e a forma de transmitir o contido. Mentres que na primeira é o educando quen ten o papel principal, quen vai construíndo os seus propias coñecementos.

Para entender mellor as diferenzas existentes entre unha e outra, a continuación explicarei brevemente en que consisten estas dúas correntes da aprendizaxe:

  • Condutismo: basease fundamentalmente na idea de que a un estímulo lle segue unha resposta. A aprendizaxe conséguese cando se mostra unha resposta axeitada logo da presentación dun estímulo ambiental específico. Un exemplo disto pódese ver cando a un alumno/a se lle presenta a seguinte pregunta 5 + 3 = ? e este contesta 8. Neste caso a pregunta é o estímulo e o resultado que da, a resposta a ese estímulo.                                                                                                                              O condutismo afirma que as respostas as cales se lles da un reforzo teñen unha maior probabilidade de volver a repetirse nun futuro. Así, o obxectivo e conseguir estratexias que reforcen as asociacións estímulo – resposta. Quedando o estudante como un ente pasivo as condicións do ambiente (Ertmer y Newby, 1993).                                                                                                                                          Esta teoría considera a aprendizaxe como algo mecánico, deshumano e reducionista; e aínda así foi unha teoría vixente durante moitos anos e inclusive na actualidade segue estando presente en moitos programas educativos.
  • Construtivismo: basease na idea de que o coñecemento se consegue a partir de como o individuo cree significados a partir das súas propias experiencias (Ertmer y Newby, 1993).  Deste xeito o educando ten un papel principal e activo, a aprendizaxe basease na construción de significados por parte deste. Considerando o proceso de ensinanza como un proceso dinámico, participativo e interactivo.

Por último dicir que a educación necesita unha innovación, deixando atrás, definitivamente, os métodos condutistas e centrándose na aprendizaxe construtivista. Xa que non serve de nada innovar en recursos tecnolóxicos na aula, senón  se rompe coas prácticas tradicionais de ensino – aprendizaxe; innovando as estratexias de aprendizaxe e os roles profesor – alumno.

 

 

Referencias bibliográficas:

 

Comentarios

  • Cristina Arcos Caamaño

    Buenas noches Lara, estoy muy de acuerdo contigo, de hecho he realizado una entrada sobre el mismo tema que tú, "Apostando por el constructivismo". Como bien dices los recursos tecnológicos de nada si los métodos empleados son conductistas. El gran problema, y a la conclusión que he llegado yo, es la falta de formación en el profesorado. Muchos de los docentes, y no solo en la educación obligatoria, sino mismo en la Facultad, apenas saben encender un ordenador, ¿cómo le vamos a pedir que dejen los métodos tradicionales por unos más novedosos y aún por encima que se realicen a través de una herramienta digital?. 

    Por ello quiero volver a recalcar la importancia de una formación continua en el profesorado, puesto que los métodos de aprendizaje y la educación también  avanzan a pasos agigantados, no sólo la tecnología.  Si los docentes una vez adquirido un puesto de trabajo fijo no siguen con su formación renovándose y poniendose al día con todos los avances que podemos encontrar en la sociedad la educación se volverá antigua y sobre todo anticuada para el mundo de hoy en día. 

    No le podemos echar continuamente la culpa a los docentes, puesto que muchas veces ellos ni siquiera tienen los medios para poder preparase, la sociedad española, en general, y el gobierno en particular, debería cambiar sus ideologías para adaptar todos los avances que se generan, a la población española.