Un antes e un despois do concepto de tecnoloxía

Con esta entrada quero facer un antes e un despois da noso transcurso pola materia. Ademais de ser unha tarefa encomendada na última clase expositiva, considerándose, esta, un punto e seguido, o noso transcurso pola tecnoloxía educativa

Na primeira, clase expositiva, Adriana encomendounos facer unha definición de tecnoloxía con unhas certas palabras que ela nos aportaba, o resultado foi a primeira imaxe que incorpora este blog. Teño que dicir que nos resultou algo complexo, xa que había moitos conceptos, e moitos deles descoñeciámolos. Pola nosa conta, fixemos una pequena busca, e o resultado que conseguimos miñas compañeiras( Lara Bello, Araceli García e Beatriz Pena) e mais eu foi o seguinte:

A partires dunha serie de conceptos que se nos facilitaron para a construción dunha definición propia de TECNOLOXÍA, conseguimos elaborar algo có que quedamos satisfeitas:

“A tecnoloxía é unha ferramenta de innovación e un sistema de interacción dixital que xera na comunidade creatividade e permite compartir coñecemento, información e competencias có entorno mediante técnicas, aparatos, buscadores e ordenadores. Grazas a Internet, á informática e ás redes sociais, créase unha identidade personal que, sen unha correcta educación, seguridade, comunicación, formación, protección e alfabetización pode xerar acoso. Internet favorece a globalización cibercultural, a avaliación de novos materiais e técnicas de xestión da economía”.

A raíz desta definición, encomendóusenos a tarefa de buscar información que a fundamentase e que polo tanto fixese válida a nosa creación. Así é como, acudindo ó diccionario da Real Academia Española atopámonos con que o termo “tecnoloxía “ ten diferentes acepcións:

  1. Conxunto de teorías e técnicas que permiten o aproveitamento práctico do coñecemento científico.

  2. Tratado dos termos técnicos.

  3. Linguaxe propia dunha ciencia ou arte.

  4. Conxunto dos instrumentos e procedementos industriais dun determinado sector ou produto.

Como se pode comprobar, na nosa definición de tecnoloxía encontraríanse integrados varios dos elementos citados con anterioridade tales como técnica, coñecemento, instrumentos ou aparatos… todos eles relacionados máis propiamente cos aspectos instrumentais que con aspectos sociais como formación, comunicación, etc.

Neste mesmo sentido, a PEAPT (Plataforma Estatal de Asociaciones del Profesorado a la Tecnología) define tecnoloxía como o conxunto de coñecementos e técnicas que, aplicadas de forma lóxica e ordenada, permiten ó ser humano modificar o seu entorno material ou virtual para satisfacer as súas necesidades, isto é, un proceso combinado de pensamento e acción coa finalidade de crear solución útiles.

Técnica e coñecemento volven a ser palabras reincidentes nesta nova definición, destinadas neste cado á mellora e búsqueda de avances nun entorno material ou virtual do ser humano.

Outra definición que suscitou o noso interese, por manter relación coa nosa proposta de que é a tecnoloxía, ven da man da revista Scripta Nova nunha das súas publicacións titulada “La tecnología: sus formas y las diferencias de los medios”. O autor do artigo define tecnoloxía como o conxunto de ferramentas feitas polo home, como os medios eficientes para un fin, o como o conxunto de artefactos materiais. Pero a tecnoloxía tamén contén prácticas instrumentais, como a creación, fabricación e uso dos medios e as máquinas; inclúe o conxunto material e non-material de feitos técnicos [...].

Xa dende un principio, tiñamos definido tecnoloxía como unha ferramenta, e realmente con esta definición corroboramos dito pensamento, xa que o autor define a palabra que nos compete como “un conxunto de ferramentas”. Ademais, a concepto de técnica (neste caso referíndose a feitos técnicos) volve a vislumbrarse nesta aportación.

Xa para rematar, na nosa concepción de tecnoloxía mencionamos que esta é creadora dunha identidade personal. O psicólogo social Kenneth Gergen (1991) comentaba nunha das súas obras que as novas tecnoloxías suministraban o contexto necesario para a conformación dun novo tipo de identidade, totalmente contrario á concepción de suxeito individual e autónomo propia da modernidade. Así, podemos concretar que sen dúbida a tecnoloxía inflúenos ata o punto de modificar a nosa identidade, e é por esa razón, como comentamos na nosa definición, que é imprescindible unha correcta educación no seu emprego, co fin de evitar problemas de ningún tipo.

Tendo en conta as exposicións mencionadas con anterioridade, o noso grupo chegou á conclusión de que a definición elaborada na clase se axusta bastante ao termo de tecnoloxía xa que, se centra tanto nas propias ferramentas físicas como no seu uso e as consecuencias de este.

 

Na última clase expositiva, elaboramos o mesmo mecanismo de elaboración do concepto que na primeira sesión, xa que se nos volveron dar o conxunto de palabras para elaborar nos unha nova definición.

Esta vez tiñamos totalmente claro o que queriamos plasmar. Tendo a dificultade de que o tempo foi escaso xa que esta vez , utilizabamos o conxunto de palabras, case, por completo. O resultado podédelo observar na foto que se expón con posterioridade. Iso si, as compañeiras eramos outras (Irene Cerqueira, Cristina Arcos, Lara Bello e eu).

Hai que dicir que o concepto que realizamos nun primeiro momento non estaba tan lonxe ao que realmente fomos vendo co transcurso dos días na materia. Faltábanlle matices, algúns deles bastante importantes pero a idea tiñámola bastante clara.

.

 

    Referencias Bibliográficas:

     

    Comentarios

    • Cristina Arcos Caamaño

      Buenos días Elvia, como bien digo en mi entrada acerca del mismo tema que tú, el problema que hemos tenido ha sido la mala utilización de la curación de contenido, ya que queríamos establecer todos los conceptos que nos ofreció la profesora en la definición de tecnología. Lo que debíamos hacer en un primer momento era seleccionar las palabras más relevantes para la definición y luego procesarlas y darle forma. De esta manera conseguiriamos una definición de tecnología educativa y podríamos haber acabado el ejercicio que se nos ha encomendado.