Teorías do aprendizaxe.

Boas tardes Stellares!!

Como recordaredes na interactiva do 3 de maio estivemos a traballar cun Software Educativo chamado E-toys. En relación a isto gustaríame analizar 4 teorías referentes ao aprendizaxe, as cales se mencionaron na aula. Estas serían: o conductismo, o cognitivismo, o constructivismo e o conectivismo.

En primeiro lugar trataremos o conductismo, que basea o aprendizaxe nas conductas observables, é dicir esta corrente entende o aprendizaxe como un cambio na conducta ou como a forma na que un individuo responde a unha situación determinada.

Esta corrente non permite que o docente innove ou cree, senón que éste debe de ceñirse estritamente aos obxectivos marcados previamente. Isto fai que o alumnado tamén estea moi limitado ás pautas que establece o profesor. A ensinanza vai consistir en despositar unha gran cantidade de información no alumnado, a cal debe de ser adquirida. E en función a isto poderá desenvolverse:

  • Un reforzamento positivo: premiar unha conduta ou resposta correcta.
  • Reforzamento negativo ou castigo: castigar ou reprimir unha conduta ou resposta incorrecta.

Podemos ver por conseguinte que o conductismo é unha teoría un tanto retrógrada que non permite a evolución, progreso ou innovación dos procesos de ensino aprendizaxe, facendo que todo estea suxeito a unhas pautas e obxectivos establecidos previamente.

Por outra banda teríamos o cognitivismo. Esta teoría non se centra tanto nas respostas que se dan á hora de adquirir os coñecementos, senón que lle conceden maior importancia a como o alumno/a adquire ese coñecemento, como o organiza e como o almacena. É dicir priman os procesos mentales fronte ás respostas. Esto fai que a memoria xogue un papel clave. O aprendizaxe dase cando o alumno é capaz de almacenar de forma significativa e ordenada dito aprendizaxe. O docente é o encargado de que este proceso ocorra de forma óptima.

A continuación, teríamos a teoria constructivista, a cal é encadrada por algúns especialistas dentro do cognitivismo.

Nesta corrente o aprendizaxe ocorre a partir das relacións que se establecen entre o aprendizaxe e as experiencias vividas polo alumnado. É dicir os coñecementos non se adquiren de forma tradicional senón que o alumno vai derivando das súas accións e experiencias coñecementos e aprendizaxes que poden ser moi diversos. Deste xeito, o alumno é o suxeito que CONSTRÚE o seu propio aprendizaxe, de ahí proven o nome de dita corrente. Co cal podemos ver que a importancia do aprendizaxe non reside en que o suxeito poida recordar moita información, reside en  que saiba interpretala e aplicala a situacións da vida cotiá. Retomando o software que mencionei ao incio da entrada, esta plataforma poderiamos encadrala dentro desta corrente. A actividade que realizamos baseábase en construir ou aplicar aprendizaxes; a través da experiencia da elaboración dun reloxo. Mediante esta actividade o alumnado pode elaborar e aplicar coñecementos relacionados con operacións matemáticas, medidas de tempo etc. Ou dito doutra forma o docente non da as pautas que se deben de seguir para a realización de dito reloxo, senón que son os alumnos/as , os que por medio dun procedemento racional chegan á resposta correcta.

Pero non podía finalizar a miña entrada sen mencionar outra corrente mencionada en clase. O conectivismo. Se segumos a Siemens (2004) poderemos observar que entende o conectivismo como unha teoría alternativa do aprendizaxe na que a inclusión de novas tecnoloxías e a entrada na era dixital comeza a conformar novas teorías de aprendizaxe. O cal é lóxico, xa que as teorías do aprendizaxe deben de ir modificándose e respendodendo ás novas metas e cambios da sociedade. O conectivismo reúne aspectos de diferentes ciencias á vez que defende que é preciso manterese actualizado na sociedade informativa ou que o aprendizaxe pode provir de dispositivos non humanos.

En definitiva, dende o meu punto de vista é preciso apostar por novas correntes educativas, máis dinámicas e menos estáticas. Onde os procesos de ensino-aprendizaxe non estén estreitamente suxeitos a uns obxectivos establecidos previamente ou a un programa que acarrean todas as materias. Isto trae como consecuencia que unha materia esté premeditada e que non se poidan introducir novos cambios ou improvisacións, limitando a creación e innovación do docente e do alumno.

Penso que o conductismo quizais non esté tan presente como en décadas pasadas, pero creo que aínda está arraigado en certa medida e precisamos dar o salto definitivo. Vos que credes?

Un saúdo!

_____________________________________________________________________________________________________

Referencias bibliográficas:

 

Comentarios

  • Ángela

    Hola Rocio,

    ayer mismo hice una entrada similar a la tuya, "Descubre y aprende" en donde expliqué como tú los tipos de corrientes educativas en las que se fundamenta el proceso de enseñanza-aprendizaje. Lo que sí, yo no mencioné la de conectivismo, pero para eso estamos, para aprender unos de otros. Desde mi punto de vista, creo que desgraciadamente todavía sigue bastante presente el conductismo, sobre todo en aquellos profesores antiguos que pretenden aferrarse a lo de antes y les genera cierta desconfianza lo nuevo. Para sanar ese temor, debemos ayudarlos y ofrecerles programas de formación de docentes en las nuevas tecnologías, otro tipo de actividades de enseñanza,...no se, innovar un poco el proceso educativo.

    Buena síntesis Rocio, te animo a que mires la mía :)