Políticas educativas de integración das TIC en institucións educativas

Boas a tod@s stellaers, nestra entrada gustaríame remontarme as clases expositiva e interactiva do 26 de abril. Nas cales coo ben recordaredes, estivemos falando das políticas educativas de integración de tecnoloxías nas institucións educativas.

Na clase expositiva, Adriana pediunos que nos devidísimo en grupos e que propuxeramos puntos de mellora ou modificación na LOMCE en relación a integración das TIC na aula. No meu grupo, en particular, saíron varias propostas, entre as que podemos destacar: incorporar programas e proxectos para formar aos pais, nai e alumnos/as en competencia dixital; crear unha sinatura en 2º e 3º da ESO sobre responsabilidade e prevención nas redes sociais ou levar a cabo unha formación específica e permanente do profesorado en competencia dixital, destacando esta última como unha das máis importantes.

No últimos anos as TIC fóronse introducindo de forma progresiva en todos os ámbitos, o que tamén inclúe o educativo. Ao longo dos anos, a través de diferentes programas para a integración das tecnoloxías na aula, fóronse introducindo os recursos tecnolóxicos no ámbito educativo. Facendo que a día de hoxe o gran problema non estea na falta de recursos tecnolóxicos nas aulas, senón na súa correcta utilización por parte de docentes e alumnos/as.

A presenza das TIC nos centros educativos, non necesariamente leva consigo unha renovación nas estratexias de ensino – aprendizaxe. De aí que un dos grandes retos dos sistema educativo actual xa non sexa, en palabras de Area (2008, p. 1),” a dotación de infraestruturas de telecomunicacións e equipamentos informáticos aos centros, senón a innovación do modelo de ensinanza desenvolto polo profesor coas TIC na aula.”

O que esta ocorrendo é que se esta a reforzar e innovar no referente aos recursos tecnolóxicos existentes nos centros educativos, pero isto non esta a supoñer unha verdadeira innovación no referente as prácticas pedagóxicas que se dan dos mesmos (Area, 2008). Tanto as funcións didácticas outorgadas a estes materiais, como as tarefas que se lles demandan aos estudantes non supón un avance con respecto as prácticas pedagóxicas tradicionais. Simplemente supón un cambio de recursos na práctica educativa.

Como ben digo nun comentario feito a miña compañeira Natalia, non serve de nada equiparar a un colexio cos mellores recursos tecnolóxicos, se realmente isto non supón unha ruptura co método tradicional de aprendizaxe; o que conleva unha formación previa do profesorado en competencia dixital , xa que, o que ocorre moitas veces é que estes non saben como empregar estes recursos, utilizándoos só cando encaixan coas prácticas tradicionais de ensinanza. 

En referencia agora as estes programas de integración das tecnoloxías, na clase interactiva estivemos profundizando máis neles e analizándoos por grupos nas diferentes comunidades autónomas. O meu grupo en concreto escolleu a comunidade de Madrid. Aquí vos adxunto o power que realizamos en conxunto Irene Campelo, Cristina Arcos, Elvia Díaz e eu; analizando as políticas educativas TIC en España, despois do programa Escola 2.0; centrándonos na Comunidade de Madrid, a cal decidiu non participar neste programa e poñer en marcha o seu propio.

http://stellae.usc.es/red/file/view/151218/escuela-20pptx

 

Referencias bibliográficas:

  • Area, M., Alonso, C., Correa, J. M., Del Moral, M. E., De Pablos, J., Paredes, L., J., Peirats, J., ...Valverde, J. (2014). Las políticas educativas TIC en España después del Programa Escuela 2.0: las tendencias que emergen. Revista latinoamericana de tecnología Educativa, 13 (2). Recuperado de: http://relatec.unex.es/article/view/1473
  • Area, M. (2008).Innovación pedagógica con TIC y el desarrollo de las competencias informacionales y digitales.Investigación en la escuela, (68).  Recuperado de: http://eps-salud.com.ar/Pdfs/Innovacion_Pedagogica_con_Tics.pdf

Comentarios

  • Alba Neira Pasarín

    Ola Lara

    A verdade é que esta clase sobre Políticas educativas e integración das Tic permitiume reflexionar, como ben ti expresas, que as TIC, por si soas,  non cambian as estratexias de ensinanza e o aprendizaxe do alumno. Así pois requírese de cambios e adaptacións metodolóxicas por parte do profesorado, os cales teñen un papel fundamental. Isto resultaría máis simple se na elaboración destas políticas se contaran coa opinión dos educadores.