Ética e Valores da Competencia Dixital

Ola a todos/as!

Como ben di o refrán máis vale tarde que nunca así que ahí vai a miña reflexión sobre o vídeo que nos foi encomendado.

Como xa dixen na entrada anterior e no título da presente o tema que escollimos foi o de: Ética e valores da competencia dixital.  Gustaríame facer unha valoración tanto do contido do vídeo como do seu proceso de grabación.

En primeiro lugar en canto ao proceso, penso que o máis difícil é pensar nunha idea para levar a cabo dita gravación. Entre as catro tivemos que pensar propostas para abordar o tema elixido. Ao final decidimos que o vídeo constaría de tres situacións da vida cotiá relacionadas coa tecnoloxía, mostrando a forma correcta e a incorrecta para afrontalas. Co cal non é erróneo afirmar que ademáis de desenvolver a nosa competencia no audiovisual tamen fomenta o noso espírito da creatividade.

Unha vez pensada a idea, os diálogos, o escenario... que ibamos a empregar tocaba trasladalo ao storyboard, do cal deixei constancia nunha das entradas. Pareceume interesante a idea de realizar isto antes de proceder coa grabación xa que, deste modo o vídeo contaría cunha planificación máis elaborada e daríalle un ton máis formal á actividade.

A miña experiencia neste campo era moi reducida, tan só realizara algo similar nunha ocasión. En segundo de bacharelato na materia de francés, tivemos que realizar unha curtometraxe; pero o obxectivo de todo isto non era desenvolver a competencia dixital nin a cultura do audivisual senon que era a competencia oral nunha lingua estranxeira. Deste xeito non se avaliaba a metodoloxía para elaborar o vídeo, a planificación ou outro tipo de aspectos se non o contido do mesmo, co cal non nos informaron sobre os diferentes planos ou ferramentas como o Story Borad. Tampouco se tiveron en conta aspectos referentes ao copyright ao incluir cancións, sons ou imaxes.

Pero volvamos ao vídeo realizado polo grupo. Os lugares que escollemos para a grabación foron unha habitación, a cafeteria da residencia Monte da Condesa e a porta da propia residencia.

No momento da grabación hei de dicir que certas escenas tivémolas que repetir algunha que outra vez porque a risa xogábanos unha mala pasada, pero pode que fora o proceso de grabación o que menos tempo nos levou se o comparamos co montaxe e co de pensar nunha idea para abordar o tema. É aquí cando somos conscientes da relevancia de ter elaborada unha planificación xa que así, só se trata de levar o escrito á práctica. Aínda que fixemos algunha improvisación con respecto ao diálogo elaborado engadindo algunha frase a maiores.

Para o montaxe do mesmo empregouse o programa Movie Maker, e foi a miña compañeira Sara a que se encargou de montalo debido a que era a que mellor sabía utilizalo. Non insertamos máis sons que unha melodía que acompaña aos créditos e á escena final (melodía que non ten copyright). A duración foi de 3 minutos e o plano que mais usamos foi o plano medio e o primeiro plano.

Somos conscientes que no resultado pode que non sexa o mellor vídeo de todos, pero se temos en conta a escasa experiencia neste campo (no noso caso) non é de extrañar que o resultado non fose excelente.

En canto ao propio contido as tres situacións que presentamos foron: o plaxio, a difusión de falsa información e o sexting. O obxectivo é mostrar como reaccionar a posibles situacións que nos podemos atopar dia a dia de forma responsable.

Por último como recomendación ao profesorado, diría que para o curso que ven, esta actividade sexa encomendada a inicios do mes de abril por exemplo. Xa que, nas datas nas que o tivemos que realizar nós, a situación é de agobio e quizais non lle dediquemos todo o tempo necesario.

Déixovos aquí o endrezo do vídeo: 

No caso de que non poidades visualizalo podedes atopalo no grupo de Tecnología Educativa en Vimeo ou nos meus arquivos aquí en Stellae. Para acceder clicade aquí.