• Blogs
  • ...
  • Evolución positiva: reflexión da miña aprendizaxe

Evolución positiva: reflexión da miña aprendizaxe

Ola a todos e todas compañeiros/as!

Quería facer pública a reflexión sobre a miña evolución na materia dende a primeira avaliación coa rúbrica ata agora, final de curso e final dunha etapa.

Persoalmente considero que a miña mellora foi paulatinamente positiva. Os diferentes argumentos para a xustificación de tal afirmación concéntrase nos que seguen a continuación:

Por unha banda, ao comezo, a pesar de que intentaba que as miñas publicacións estivesen relacionadas cos temas abordados nas clases da materia, nas publicacións non se podían atopar ningún soporte bibliográfico, ou no caso de referencialo soamente poñía o enlace sen seguir ningunha pauta normativa, sinxelamente amosaba as miñas reflexións e opinións persoais.

Por outra banda, a miña continuidade no desenvolvemento era semanal: publicaba ou comentaba con pouca regularidade en Stellae, aspecto que fun mellorando co paso dos días. Agora a miña continuidade e participación vese mellorada non só na cantidade de publicacións e comentarios se non tamén na calidade, intento xustificar os argumentos que expoño con algo máis que a miña experiencia. É dicir, participo de maneira máis activa e cooperativo cos meus compañeiros e compañeiras.

Ademais, a incorporación dos materiais non se acoutan soamente aos temas abordados na clase se non que intentei aumentar tales concepcións coa incorporación de diversas fontes.

Outra das notables melloras que percibo na miña persoa, é o cambio de mentalidade con respecto ao uso das diferentes ferramentas ou seccións da propia rede social Stellae, isto é: ao comezo non empregaba os Tags nin a sección de Twitter e. Os Tags son un elemento realmente práctico (cando ao comezo me parecía unha ferramenta pouco útil)  permitíndoche acceder aos contidos ou temáticas que desexes dunha maneira máis rápida. E entre estes últimos exemplos atópanse moitos outros, non só da rede social Stellae, tamén utiliza agora no meu día a día outras ferramentas que me fan a busca de información máis práctica.

Finalmente teño que dicir que, esta mellora substancial do uso da rede e das tecnoloxías en si, creo que se produciu principalmente porque comecei a gozar do seu uso. Ao comezo publicaba entradas que me parecían interesantes pero no meu subconsciente sempre tiña a incerteza de si o que estou publicando estará ben ou mal, se é o correcto ou no, véndome na obriga ás veces de buscar información que non se axeitaba de todo ao que me gusta. Logo do paso das sesións, comecei a involucrarme nunha temática máis orientada á educativa, ao que poden aportar as tecnoloxías ás persoas, tanto positivamente como negativamente e, deste xeito, a miña relación coa materia comezou a ser máis distendida e, como froito disto comecei realmente a aprender e quitarlle partido ao que as tecnoloxías nos ofrecen.

Esperemos que esta primeira toma de contacto e experiencia positiva nos sirva para aprender e poder aplicala en futuras ocasións nos nosos postos de traballo ou, todo o abordado na materia o poidamos trasladar aos ámbitos do noso divagar diario, cos amigos/as e demais persoas.

Un saúdo amig@s!

Espero que que as vosas experiencias tamén fosen positivas e evolucionaran favorablemente!