o meu proceso de aprendizaxe na asignatura

 

A intencionalidade do meu presente post no blog falará do meu proceso de adquisición de coñecementos en referencia á materia de Tecnoloxía Educativa, tendo como pretensión dar unha idea xeral da miña implicación na mesma e a presentación dos puntos xerais explicados nela que saco en claro, pero sempre dende un punto de vista amplo, evitando así solapar dita análise co fío condutor da materia que presentarei posteriormente.

En primeira instancia, sinalar que a miña percepción sobre a materia foi cambiando así como a relación que supoñía do seu termo co eido educativo, porén, os termos presentados non os colocarei do mesmo xeino no que foron presentados, senón que se concatenarán atendendo á relación que fun levando a cabo dos mesmos.

Segundo Gagné (1968, como se cita en Area Moreira, 2009), a tecnoloxía educativa pode ser entendida como “o desenvolvemento dun conxunto de técnicas sistemáticas e acompañantes de coñecementos prácticos para deseñar, medir e manexar colexios como sistemas educacionais”.
Tendo enconota sen embargo a definición que no ano 1976 se fai dende o INCIE par a mesma cuestión, poderiamos falar “dunha forma sistemática de deseñar, desenvolver e avaliar o proceso total de ensinanza- aprendizaxe, en termos de obxectivos específicos, baseda nas investigacións sobre o mecanismo de aprendizaxe e a comunicación que, aplicando unha coordinación de recursos humanos, metodolóxicos, instrumentais e ambientais, conduza a unha educación eficaz”.

Nun primeiro instante, considero que os procesos de comunicación son fundamentais para entender a complexidade da materia, pois supoñen dúas ideas fundamenntais da mesma, ademais de derivar noutras igualmente importantes. Isto débese a que a comunicación dende o punto de vista da Tecnoloxía, e en concreto da educativa acada dous niveis fundamentais, os cales son: 
-    A comunicación entre seres humanos, que acada novas dimensións por medio de novos soportes que permiten a superación das barreiras do tempo (rompendo coa necesidade da instantaneidade, aínda que permitíndoa ó mesmo tempo), e do espazo (permitindo ademais a comunicación a distancia). Este fenómeno é tan usado a día de hoxe que xera cambios significativos nos procesos comunicativos intra e interpersoais, afectando así a tódalas áreas sociais cambiando a dinámica dos diferentes grupos sociais ou institucionais existentes.
-    A comunicación entre o ser humano e a máquina, ou o que é o mesmo, o recurso tecnolóxico utilizado, a cal debe practicarse e dominarse para unha posición de superioridade do recurso que permita a súa correcta utilización e o aproveitamento da utilidade do mesmo.
Esta forma de actuación comentada leva consigo un cambio de pensamento, ademais dunha ampliación das formas coñecidas do mesmo, aparecendo así termos como o de pensamento computacional,  por medio dos cales se prducen novas formas de entendemento e resposta nos procesos primeiramente citados, é dicir, novas canles de retroalimentación, como a exemplificada nos exercidios de neurofeedback e reforzo positivo. Asemade, este cambio promove outros nos modos de aprendizaxe, sendo por exemplo Internet, considerada como unha memoria adicional, ou unha gran enciclopedia de disposición inmediata.

En liña co anterior gustaríame aportar unha cita de  Libby Larsen, que expresa que “o gran mito do noso tempo é que a tecnoloxía é a comunicación”. Posto que estou totalmente dacordo con dita afirmación, procederei a explicar máis áreas que me pareceron fundamentais nos contidos da materia.

Outra consideración en canto á tecnoloxía sería a de ciencia ou coñecemento da técnica. Por medio desta, poténcianse innovacións en canto a recursos e metodoloxías, sempre atendendo a un fin concreto ou á resolución dalgun problema dado.

Desta forma, debemos desatender á concepción da tecnoloxía como sinónima das novas tecnoloxías, como se visualiza a continuación:

Sobre todo atendendo ás novas tecnoloxías nas que nos mergullamos na denominada era dixital, a educación cobra un papel primordial para o bo uso das primeiras, fomentando ademais o alonxamento dos posibles perigos (como a denominada brecha dixital).

Así é débese traballar no fomento da importancia da pertenza dunha identidade dixital axeitada e positiva, partindo da base da neutralidade da tecnoloxía e dos seus recursos e medios, sendo bos ou malos os fins e as intencións coas que os anteriores se usan.

Ademais dunha educación a nivel preventivo, sería necesario o potenciamento do control e correción, sobre todo naqueles casos nos que a primeira condición non se chegou a dar.
Este control debe atender, non só ás problemáticas derivadas da condición anterior, senón que debe facer referencia ó uso dado ás mesmas, en canto este poida converterse en abuso ou adicción.

É por isto que debe falarse da importancia da educación no ámbito comentado, entrando en xogo a necesidade de políticas educativas referentes á tecnoloxía, que acoten eidos e temáticas a traballar nos distintos sectores sociais e restrinxan e impoñan castigos ás malas accións. É por isto que se considera este campo como axuda á sociocultura da comunicación e do coñecemento. (Poole, de Murguía e Aguareles, 1999).

As fortalezas que atopo referentes á materia fan referencia ó papel que se nos require na mesma de participación activa e autonomía, con todo, coido que para algunhas persoas esta pode ser precisamente a maior debilidade da mesma pola imposibilidade de cooordinala de forma sinxela coas demais materias, que promoven metodoloxías de traballo máis guiadas.

A pesar do expresado, véxome ben na materia, tiven realizadas as actividades que se me encomendaron de forma xeralmente constante, pretendendo atender ó marco de guía da rúbrica de avaliación. Nun primeiro momento resultoume difícil entender se me estaba achegando ó pretendido, sendo a miña avaliación completamente distinta á da mestra, pero a día de hoxe creo comprender a finalidade desta rede social e o noso traballo na mesma.

Almenara, J. C. (1996). Nuevas tecnologías, comunicación y educación. Edutec. Revista electrónica de tecnología educativa, (1).

McGraw-Hill. (2009). Introducción a la tecnología educativa: manual electrónico.

Poole, B. J., de Murguía, B. M., & Aguareles, M. Á. (1999). Tecnología educativa: educar para la sociocultura de la comunicación y del conocimiento.