Reflexionando sobre a Brecha Dixital

Boas tardes Stellares!

Continúo coa miña recosntrucción de portafolios. Neste caso vou recuperar a temática abordada na segunda expositiva: a Brecha Dixital.

Segundo Serrano e Martínez (2003) a brecha dixital poderiamos definila como a distancia ou diferenza que existe entre os suxeitos que empregan as TIC’s a diario na súa vida cotiá e aqueles suxeitos que non teñen acceso ou non saben como empregar correctamente as Tecnoloxías da información e comunicación.

Aínda que debemos de ter presente que existen diversas definicións relacionadas coa brecha dixital.

Pero non debemos de caer no erro de pensar que a brecha dixital fai referencia únicamente a factores ou aspectos tecnolóxicos. A brecha dixital pódenos dar una mostra representativa da situación social, económica, das infraestructuras tecnolóxicas… que están presentes nun determinado país. Para afondar na brecha dixital requírense de indicadores e medicións de diferentes campos ou ámbitos que nos proporcionen unha visión global.

Se nos fixamos darémonos conta que o nivel económico e social dun país ten unha gran relevancia neste asunto, xa que as nacións máis desenvolvidas (tanto a nivel económico como a nivel de esperanza de vida) coinciden coas mellor posicionadas en canto a riqueza tecnolóxica e acceso á información. Isto último é fundamental para o correcto funcionamento dunha sociedade.

En función a isto podemos afirmar que o acceso e utilización das TIC’s  acarrea tres procesos distintos:

  1. Por una banda a existencia de infraestruturas tecnolóxicas e redes dispoñibles
  2. En segundo lugar a accesibilidade aos servizos tecnolóxicos por parte da poboación
  3. E por último posuir coñecementos, destrezas ou habilidades que permitan a correcta utilización da tecnoloxía.

Pero temos que ter en conta que a brecha non só fai distincións entre diferentes países do mundo, nun mesmo país poden existir desigualdades entre a poboación en función da raza, xénero… Imos a analízalo.

Serrano e Martínez (2003) estableceron os diferentes tipos de brechas que podían existir e que repercutirían no acceso ás TIC’s

  • A brecha de razas: esta refírese á que establece distincións e desigualdades entre persoas de difernte raza ou etnia no mundo. É dicir, a maioría das persoas pertencentes á raza branca no mundo teñen mellor nivel de vida e por conseguinte mellor acceso a recursos TIC se o comparamos con outras razas. Pero como xa dixen anteriormente isto non ten porque conlevar necesariamente una comparación entre individuos de distintas partes do planeta, xa que dentro dun propio país existen etnias e razas con menos nivel de vida que outras persoas de raza branca.
  • A brecha xeográfica. Aquí poderiamos establecer dous tipos de desigualdades. Por un lado teríamos as desigualdades que se poden dar dentro dun mesmo país por exemplo entre diferentes rexións ou entre zonas rurais e zonas urbanas que afectan ao acceso ás Tecnoloxías da Comunicación e información. Por outro lado, a nivel global poderíamos ver que existen diferencias de acceso ás TIC entre os países do norte e os países do sur.
  • A brecha de ingresos: este tipo de brecha indícanos que canto maiores sexan os ingresos dun determinado individuo ou dunha sociedade en xeral, máis facilidades existirán de acceder ás tecnoloxías.
  • A brecha de xénero: baséase nas desigualdades entre homes e mulleres, xa que hoxe en día a nivel mundial o xénero masculino ten máis facilidades de acceder a tecnoloxías de comunicación e información que a muller. Aínda que debemos destacar que esta brecha non é igual de pronunciada en todos os países.
  • Por último teríamos a brecha do idioma ou da lingua. É ben sabido que o linguxe que perdomina na rede é o Inglés, co cal dominar esta lingua ofrece máis facilidades para o emprego das TIC.

Como podemos observar a brecha dixital non inclúe só factores tecnolóxicos nin se refire só as diferenzas entre distintos países senon que fai referencia a moitos outros factores.

Por último dicir que afondando no tema da brecha dixital atopeime cun informe de UGT (2015) onde incluían unha táboa sobre o acceso a internet nos fogares europeos. A figura elaborárase con datos de Eurostat (2014). Nesta clasificación España estaba no posto 21 da lista, só por riba de 9 países co cal podemos observar que España atópase na cola Europea en acceso a internet nos fogares e tamén noutros aspectos. Outro exemplo máis de que a brecha dixital non se da só entre países desenvolvidoss e subdesenvolvidos senon que tamén existe entre países do primeiro mundo.

                                                     

_____________________________________________________________________________________________

Referencias bibliográficas: