• Blogs
  • Rocio Dominguez
  • Xapón propón eliminar os estudos de humanidades e centrarse nos tecnolóxicos.

Xapón propón eliminar os estudos de humanidades e centrarse nos tecnolóxicos.

Boas Stellares!

Como estades levando estes últimos días? Cada vez queda menos para o noso ansiado e merecido verán.

Hoxe quería compartir con vós unha noticia que atopei grazas á materia de Educación Comparada, onde escollemos o sistema educativo xaponés para analizar. Esta noticia está estreitamente vinculada coa materia de Tecnoloxía Educativa, así que aínda que polo título podedes deducir un pouco de que trata vou profundizar algo máis.

Esta noticia saiu a finais de setembro de 2015, fai menos dun ano. En gran parte porque Xapón igual que outros países atópase nunha crise que provoca estancamento á vez que posúe unha poboación moi envellecida.

Isto fixo que o Ministro de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía; Hakubun Shimomura, expresara o desexo de eliminar ou reformar as carreiras de humanidades e incluso de Ciencias Sociais para centrarse máis nas tecnolóxicas e nas ciencias puras, que segun el atenden mellor "ás necesidades da sociedade". Por desgraza 26 das 86 universidades do país seguiron estas recomendacións, deixando algunhas delas de admitir a estudantes que quixeran cursar estes estudos.

Unha das excepcións podémolas atopar  nas Universidades de Tokio ou Kioto que fixeron caso omiso a estas recomendacións; universidades que se atopan nas 100 mellores do mundo.

Penso que isto pode resultar nefasto para os coñecementos das humanidades e das ciencias soicais, xa que non só afectará a profesionais da lingua, da filosofía ou literatura senon tamén a dereito, economía e como non á educación.

Gran parte destas crenzas proveñen do pensamente arraigado de que os estudos da rama tecnolóxica e científica tales como: Inxeñerías, Mediciña, Física... son máis utiles para a sociedade que outro tipo de graos. Este pensamento sigue latente non só en Xapón senon en moitos outros lugares.

Pouco a pouco as Artes, as Humanidades... van tendo menos peso cada vez en idades máis temperás,  primando outro tipo de competencias por ser consideradas máis "importantes" ou ter máis presitixio; un exemplo recente sería neste país a lei LOMCE. Sobre todo ocorre cos profesionais da educación que cada vez son máis desprestixiados.

Pero o certo é que o desenvolvemento dun país non se pode concebir sen economistas, abogados, educadores, xornalistas, filósofos...

En Xapón moitos profesionais do mundo da educación mostraron públicamente o seu descontento, de feito, a xunta executiva do Concilio da Ciencia de Xapón amosou unha profunda preocupación polo grave impacto que tería esta medida no futuro das humanidades, das ciencias sociais e da universidade en sí mesma, expresando ademáis que é miope pedir respostas inmediatas ás letras.

Persoalmente penso que a decisión deste ministro é completamente desacertada. Que opinades vós?

Un saúdo.

___________________________________________________________________________________________

Referencias Bibliográficas:

 

Comentarios

  • Alba Neira Pasarín

    Ola Rocio:

    Eu penso que a educación debe tratar de formar en todos os ambitos, tanto na área das ciencias e tecnoloxía, como nas ciencias sociais e humanidades e sen esquecer a área da arte. Todas son importantes e imprescindibles para a nosa formación. Considero un erro que prioricen unhas materias antes que outras polo simple feito de que atenden mellor as "necesidades da sociedade".

  • ...

    Ola Rocío!

    Comparto parte da opinión de Alba cando di que a educación debe de formar en todos os ámbitos. A verdade me parece un pouco de ignorantes que no século no que vivimos sucedan cousas coma estas, cando está máis que demostrado que o estudo das artes, emocións... é vital para a formación integral dunha persoa. Esta peréceme unha idea bastante radical, as tecnoloxías teñen que ser o medio, o instrumento para a aprendizaxe doutras áreas (por suposto, para ser o medio hai que aprender a utilizalo, polo que deberá existir algunha materia, curso etcétera que che ensinen a empregalas) pero de aí a substituír unhas áreas só por esta paréceme demasiado excesivo.

    Un saúdo! :)