O importante non é como se comeza senón como se acaba!

Ola compañeiros/as!

Estes días de exames só me puiden permitir ollear varias entradas vosas, que próximamente comentarei, e ir pensando cómo vou estructurar o e-portfolio.

Aproveitando que na miña primeira entrada Tecnoloxía&eu a imaxe non se pode ver, quería reflexionar sobre se volvería a seleccionar a mesma imaxe, a día de hoxe.

Fai 85 días escollín a seguinte imaxe xustificada así:

fai 85 dias.png

Durante toda a materia intereseime sobre a tecnoloxía educativa centranda nos nenos/as. Desta forma moitas entradas dediqueinas a investigar cal é a idade recomendable de inicio para uso das TIC, qué implicacións teñen os medios dixitais, intereseime pola eduación de programar, etc . Así pois a imaxe que escollín non estivo tan mal enfocada. Pero nestes meses o meu concepto de tecnoloxía foise ampliando polo que a foto que seleccionaría nestes momentos sería esta:

carga-movil.jpg

 Foto extraída de: http://www.iolebox.com/blog/

Qué representa esta imaxe?

Persoalmente é a miña evolución nesta materia. Ao comezo a miña visión sobre o concepto de  tecnoloxía era moi reduccionista polo que pouco a pouco foime cambiando a perspectiva a través de documentarme e das actividades realizadas en clase. Por outro lado, tamén se pode identificar coa competencia dixital. Imaxinádevos un neno/a que comeza a ter contacto por primeira vez coas novas tecnoloxías pois estaría a cero de batería, é decir, non tería desenvolto ningunha competencia neste ámbito. Pero nesta materia, dinme conta da importancia de desenolver dita competencia a través de destrezas relacionadas co aceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, creación de contidos, seguridade, etc

Así pois, todo o mundo deberíamos aproximarnos ao 100% de batería en competencia dixital. Loitemos por conseguilo!

Tamén me gustaría reflexionar sobre a primeira e última actividade que realizamos. Esta consistíu en construír o noso concepto de tecnoloxía. Desta forma o primeiro concepto foi:

darkhedges3.jpg

"A través da tecnoloxía produciuse unha sociedade de globalización, cunha difusión do coñecemento, do aprendizaxe...adquirindo novas competencias. Son ferramentas que permite a interación, a comunicación, a búsqueda e emprégase como innovación na educación. Pero hai moita información nas redes polo que se debe levar a cabo unha  proteción  a través de copyleft, crative commons, copywrite.. É imprescindible utilizar buscadores para lograr a curación de contidos, deixando de lado a wikipedia".

E na última clase, tras emprender un camiño, co obxectivo de formarnos en Tecnoloxía Educativa,  caracterizado pola autonomía, liberdade e responsabilidade, o concepto elaborado foi: 

imgp5002-edit.jpg

“As novas tecnoloxías permiten facer búsquedas, compartir, difundir, xestionar, distribuír información, é decir, ser prosumidores. Para isto é necesario desenvolver diversas competencias e alfabetizarse dixitalmente.

É necesario crear un Entorno Persoal de aprendizaxe para levar a cabo  unha curación de contidos, empregando a wikipedia, buscadores e tendo e conta a proteción dos datos como creative commons, copyleft, copywrite.

Debemos avaliar os  softwares que empreguemos nas formacións e coidar a nosa identidade dixital nas redes sociais.”

Cómo se pode observar a orientación do concepto foi completamente distinta. Deste modo xa coñeciamos todas as palabras e podíamos agrupalas con firmeza. O noso grupo quixemos dar importancia á oportunidade que nos están dando as novas tecnoloxías de ser prosumidores, pero iso leva consigo desenvolver certas competencias como é a competencia dixital. Desta forma a través desta materia creamos o noso Entorno Persoal de aprendizaxe (PLE), para o cal é imprescindible incorporar ferramentas e estratexias de selección, filtrado e curación da información, que axuden a xestionar, organizar e compartir o contido relevante, co obxectivo de enriquecer o propio proceso de aprendizaxe.

Por outro lado, tamén nos pareceu interesante que aparecesen dúas ideas máis na nosa definición. A primeira delas  é a seguridade referida tanto a proteción  da identidade dixital, a proteción de datos (copyleft, creative commons) etc,  e a segunda  idea é a importancia de facer unha avaliación dos softwares e recursos educativos que se empregan nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Isto non é un punto e final, xa que dentro de min despertouse esa cursiosidade por saber máis sobre a tecnoloxía educativa, por estar a alerta das novedades e seguir aprendendo e informándome.

Comentarios

  • Lorena Resua

    Hola Alba! 

    Gustoume moito a túa entrada, pareceme moi creativa. Eu tiven un aprendizaxe moi parecido ao teu xa que ao principio tiña unha mentalidade cerrada sobre as tecnoloxías e cría que non eran nada favorables para a educación. Sin embargo a medida que fun aprendendo conceptos e ideas, percateime de que a tecnoloxía non era nada do que eu pensaba. Niin sequera era consciente de que a tecnoloxía iba máis alá dos aparellos electrónicos. Agoramesmo podería dicir que a tecnoloxía é moi importante na sociedade e pode ser de moita axuda no ámbito educativo xa que dándolle un uso axeitado pode mellorar moito o aprendizaxe dos estudantes, ou como ben dis ti dos nenos.

    Polo tanto repítoche, moi boa entrada, reflezas á perfección o teu proceso e dunha maneira creativa :)

    Un Saúdo!

  • Carlota Rodríguez

    Ola, Alba!

    Coincido completamente contigo. Considero que todas nós, igual que di Lorena, comezabamos a materia cunha perspectiva reducionista e non favorábel ás novas tecnoloxías no aula, pero a producción destas entradas, mostrouno a cara máis boa das TICs. 

    Neste sentido, dicir que a nosas definicións no comezo da materia e no final, tamén son bastante diferentes entre si, nas cales enfocamos aspectos diferentes da Tecnoloxía Educativa, cousa que coido pasou en todas as definicións.

    Ademais, dicirche que paréceme moi axeitada a imaxe das baterías que elixes para representar a túa relación coa materia e cos coñecementos e as habilidades adquiridas.

    Un saúdo e bo traballo!

  • Laura Salgado Ferreira

    Boas tardes Alba,

    Paréceme unha reflexión moi interesante, sen embargo a min pode que me sucedera o contrario do que ti describes. Nun momento previo, a miña idea sobre a temática era vaga e pouco consistente, sen embargo, co devir das clases fun cohesionando e completando a vagaxe que che comentaba, polo que creo que o meu foi un proceso de concreción, e non soamente de suma de conceptos ós que coñecía anteriormente. É como se ordenara ideas e as compartimentara segundo o que ahora teño claro que supoñen ou significan, mais escapando do reducionismo, posto que a idea inicial da que che falaba, ademais de compartimentarse e cambiar, non deixou de medrar.

    un saúdo!